quinta-feira, setembro 07, 2006

Xa chega a sexaxésima edición da Nosa Festa.
Alá polo ano 1946, en plena posguerra, o médico compostelano Alberte de la Fuente xunto cos melidaos Fondevila e Suso do Pelos armaron o que sería a primeira edición do Caralampio. Para moitos o patrón dos borrachos. A festa non foi unha invención deles senón que tiña como referente a que se celebraba en Santiago baixo o mesmo nome, en Marín tamén o celebran. De la Fuente sen dúbida foi o artífice xa que era picheleiro. Os primeiros anos celebrabase no lugar coñecido aínda hoxe como O Cruceiro a carón da taberna de Pelos. Segundo conta Mingos de Pita no Cerne
a ver si suben agosto e setembro a edición dixital- deste mes no ano 1971, un dos carteis humorísticos rezaba, "25 anos de Sol no Caralampio", o tempo respetaba a festa.

Os carteis humorísticos ala polos 70 eran unha fiestra aberta a creatividade, a ironiía, ó realismo social etc etc. Eu tiven a oportunidade de ver algún deles na exposición que se fixera nen 1996 con motivo do quincuasexímo aniversario.
Unha grande grua enriba da igrexa parroquial e encabezando o debuxo o texto "Melide paradiso da construcción", a pe de praza dous paisanos pregútabanse se o parroco estaba dacordo. Coido que o debuxo era de X.M.Broz, todo un mestre de mestres.
Tamén por eses anos a festa recaeu en maus de xente mais nova (daquela, :)), que tamén lle duron pulo entre outras cousas ó Antroido. O noso recoñecemento para eles, aqui sen dúbida e cando nace a Banda do Peto (con ese gran director que foi Ramonciño), os pementos, os cachelos nas pallas, o concurso de debuxo "Alberte LAfuente", etc. Coido que o "Tiro a lata con escopetas de pau" no pozo pequeno xa ven algo mais de vello. Quen vos pode contar isto con detalle é o propio Mingos, sen dúbida cronista "extraoficial" da nosa vila.
O dos carteis humorísticos perdeuse, non así o debuxo, o concurso de tiro ou a gastronomía xa referida (Manolo Parrado aínda pon o jorro).
Pero últimamente, mais ou menos dende o ano 90, a festa mudou case 100 x 100 masa 100 x 100. "Enrollarse con la peña" é o que se leva, camiseta branca, pañoleta, rotuladores, jorros de palla, e viño por riba, masa na teño.
Non vou enxuizar esta conducta da xente, parceme que os tempos cambian.
Pero é unha mágoa que todas as grandes festas desta índole cada día se parezan mais entre elas, preguntándote as veces onde estas. Falo da Saínza en Ourense, do Berro Seco na Costa da Morte, os Caneiros en Betanzos, o Naseiro en Viveiro ou a subida a Santa Tegra no sur do país.
Un dos "eslogans" ou "frase para o recordo" daquel Maio do 68 parisino era "Prohibido, prohibir", eu dende logo non lle vou prohibir a nadie nada, San Caralampio me libre. Pero un consello vouno dar, cecais un pouco retrogrado de mais, por favor deixade as pistolitas de plástico na casa, oh. E levade unha boa bota de viño" Se cae alghún por fora non pasou nada pero tampouco o tiredes en plan industrial, meus. Ou si, dicia o proprio Parrado, que o Caralampio é como o Antroido transgresión pura e xornadas de liberdade a eito. Pois eso que cada can lamba o seu.....
Este ano contaremos, gracias a X.Prado-Barullo- presidente da Comisión(o que firma os papeis) e a súa comisión (Malloca, Lalo, Mellid, Peque, Pedro ...etc etc)coas actuacións das charangas "Tíralle do Aire" que repiten. "Os amigos de Visantoña" estes non repiten cuatripiten polo menos, son de Visantoña e xonga cuase que na casa e a percusión malvada de "Tró-pi-co de Gre-los" dende Allariz.
Pola noite, os Festicultores Trouppe co seu espectáculo rumaníacos, tocando a ras de chan como mandan os cánones zingaros, non volo perdades e a Orquesta Azalea, unha orquesta media que xa deu moito que falar debido o alto grado de sensualidade e cumbia que desprende a foto do seu cartel que xa anda colgada pola zona de viños.
Escoitanse comentarios irreproducibles neste blog inmaculado.
Andade cos ollos ben aberto, non pola traca que tamén, senón porque cando rematen os festicultores e previo paso a orquestra un grupo de rockandroll actuará de xeito clandestino. O dito disfrutade neniños que isto acabaseeeeeeeeee.

4 comentários:

Ghaiteira disse...

De xeito clandestino? Medo me dá esa banda...
A ver se che fan caso e deixan as pistoliñas na casa. Hei de recoñecer que eu de "nova" tamén as levei algún ano, pero daquelas que non bebías e non sabías o que perdías. Hoxe por hoxe cando vexo caer viño ao chan parece que me da cuasi unha volta.
Esto acábase pero aínda nos queda a edición 61, a 62, 63, 64.. etc, etc.
É o que ten o verán, comeza pero logo acaba.
Saúd0s!

PD. A ver se consigo o Cerne deste mes logo, para ler esa reportaxe do noso santo...

Anónimo disse...

totalmente dacordo coas vosas sabias apreciacións, nenos morrendo de sede en Africa, e aí, xente tirando viño... inadmisíbel!!
pois bueno, agardo que o pasedes pipa, eu este ano non podo ir :((((( a merda dos exames está a acabar conmigo, pero a dios pongo por testigo que po ano ei aprobar todo, e ir ao Caralampio.
Saude, Festa e Viño!!

Anónimo disse...

Case que podo dar a primicia que na praza das Ichoas (fronte o Bar Pili e detrás do Esquina), a partires das 9( + ou -) tocarán FEsticultores e cando rematen en frente NAni montará o seu esceario móvil-tablóns e caixax de quintos- para que toquen, atención, os míticos PORKA MISERIA, dándolo todo. E despois na praza das Coles, A orquesta "Galea real" como lle chama Barullo, e de 12 a 1 coidado coa traca..
Un saúdo Laura, e Fandi mecajonacontribución que putadaza meu.
AProbame todo oh, bueno xa che contarei no blog, así lle pasaba o teu paisano, agora recastado melidense, Penas que sempre tiña un examen o luns despois do caralampio, por suposto nunca deu aprobado esa asignatura. jaja
Agardo que teñas mais sorte. REvolución......

Anónimo disse...

Encantado de atopar un blog para me informar sobre o Caralampio. Mañán (bó, dentro dunhas horas) vou pra alí por primeira vez, despois de tantas invitacións dun colega. Máis encantado aínda por ver que o teu blog cáseque que se chama coma min, eu son da Coruña e son Richi Mellid (en serio). Ou seña, que mañán tomaréi posesión das miñas terras e beberéi tódolos caldos propios e alleos para despois esquencerme de todo e devolverlle as terras ós seus lexítimos donos: a vós. Unha aperta dende o carón do mar para todos os melidaos. Bicos e ... vémonos (ou non:)))