segunda-feira, outubro 23, 2006

FÚTBOL NA CERNE, E OUTROS LERIOS.
O Cire sucumbe en Pontecarreira (2-0), o Santiso fai o propio na casa no seu choque co Viltatuxe (0-3), o partido Toques-Órdes-B suspéndese e o Sobrado gaña o seu primeiro envite pola mínima tendo como rival ó San Martiño (3-2).
Xornada aciaga para o deporte rei da comarca na categoría de Terceira Autonómica.
Só a victoria do Atlético Sobrado lavou un pouco a imaxe dunha xornada para esquecer.
Dicir que o Cire, é o que me toca mais a mau -e o corazón-, non tivo o seu día na chuviosa tarde do domingo e baixou da "nube" creada a xornada anterior mercede ó magnífico xogo despregado perante o CASX.
Pero bueno, coma sempre se queredes saber máis sobre o Cire de maiores, dos Xuvenís (gañaron 4-6, tipo Federer) e dos Cadetes (perderon en Pastoriza-Arteixo) tedes que entrar no blog oficioso do clube, feito por Santi de Palas, xogador do primeiro equipo e técnico das categorías inferiores, Prémelle, blog do Cire.
Se queredes disfrutar dunha auténtica e xenuina crónica dun partido da Terceira Autonómica grupo-11, tedes que entrar no de Tono M., que representa ás cores verdeamarelas nos campos do país do Deza e o Trasdeza e no ciberespacio, Prémelle, blog da UD Santiso.
Para enterárse de que pasa co Sobrado Xuventude, neste caso é un sitio web ó uso : C.A.Sobrado X.
E faltános o blog ou páxina do Toques, que agardemos que non tarde moito.
Dicirvos tamén que empezou á tempada o Melide FS(fútbol sala), do que non teño noticias, pero cando as teña contaréivos como quedaron ós pupilos do tándem de gardaredes Neira e Conde.
Falando de tempadas, outra que empezou foi a de caza. Estar está catalogado como deporte, pero bueno supoño que haberá opinións e criterios para tódolos gustos.
Cambiando de rego, recoméndovos o blog do irmán de Marcus,Xurxo, unha bitácora que habería que clasificala como din os brasilerios coma, Beleza.
Outra recomendación internaútica é a da páxina dun tocaio meu que é
un apaixoado dos grandes mestres e virtuosos das seis cordas, e do mundo marabilloso da maxia:Diario do mago
Bueno xente como din por ahí: "Nunca choveu que non escampase"

1 comentário:

Anónimo disse...

Menuda molladura collin o domingo!!! Que maneira de chover. E así e todo,con todo o que caeu, os mellores aficionados do Cire (Riki,Emilio,familiares de Jechu..., eles xa saben quen son que se ven todos os domingos) os que nos acompañan a todos os lugares da provincia,os que non paran de animar, non faltaron, gracias.Bueno era para decir que o Melide F.S. gañou 3 a 1, non sei contra quen foi a min so me deron esa información. Veña un saudo e a ver se temos máis sorte para o domingo.