terça-feira, outubro 31, 2006

O FUTBOL PRAIA ESTATAL FALA GALEGO, OU CORUÑO, NENO.
O mellor xogador do mundo de fútbol praia é da Coruña, chámase Ramiro Amarelle é formaba parte, antes de xogar o baompé nos mellores areais do mundo, daquel equipo do Deportivo Xuvenil que se proclamara campión de España xuvenil derrotando entre outros o Madrid de Guti e Raúl, ala por finais dos noventa.
Naquel equipo campión tamén estaba un rapaz con familia por Melide, Luis Mosquera, que incluso ten xogado moitos campionatos de futbol sala de Agosto no pavillón, co equipo da Noela por exemplo.
A tempada seguinte Lendoiro desfai todo o equipo (eran os anos de Manteca, Abreu etc e de pasar olimpícamente da canteira) e hai que buscarse a vida.
Luis vaise para o Compostela xuvenil e Amarelle empeza a xogar o futbol praia. A selección española daquela(formada por veteranos ilustres do fútbol 11) fíxase no rubio coruñes e integrao no equipo.
Dende aquela Ramiro convirtiuse no mellor sobre a area e actualmente é o capitán do combinado vermello.
Este venres a Selección Española, ou debería dicir Coruñesa, debuta en Brasil na copa do mundo.
porqDigo o de "debería dicir coruñesa" ue tódolos xogadores son do peñón herculino.
Amarelle, Nico, Castro,Javi, Pablo, Iri, Johny, Miguel, Valeiro e Reboredo.
A maioría xoga en equipos modestos do fútbol galego (mais ou menos como o Cire).
Se non me credes, comprobádeo.
Sorte a "SELECCIÓN GALEGA DE FUTBOL PRAIA" en Copacabana (Río).
Por certo os caricocas dinlle a este deporte, "futebol de areia".

Sem comentários: