Dia D, hora H. Domingo, 16.15 horas. Encrobas, Cerceda. Aquapark, Meirama e Sogama.O mellor terreo de xogo da categoría, ex equo co Boimorto.
Tarde invernal. Vento huracanado e trebóns intermitentes. Non nos beneficia(lémborme do partido de PonteCarreira).
Empeza o partido. Estamos nas berzas. Despiste entre a zaga e o porteiro, 1-0. Un doce agasallo melidense para contrarestar tanto carbón acumulado na central. Débense portar mal por estas terras, non?. O que é no fútbol non son malos, son jorrós. Reaccionamos o mazazo do gol en propia cunha boa ocasión xerada por Tarrío que manda o coiro ó longueiro. Estáo facendo ben, pero acusa a decisión técnica do míster de cambialo da banda(onde aparece con perigo) pola punta do ataque. Descanso. Café aragonés (con jotas) e faria.
Juan "Rolán" aproveitando o tirón de que a deusa fortuna deixou algún €uruco recentemente por estas terras, vía Palas, véndelle lotería ata a chimenea da central, xa decorada e iluminada para as datas navideñas que se botan enriba.
Segundo tempo. Xogamos a favor de aire. Non nos beneficia en exceso. Sae Tarrío (demasiado cedo na miña opinión). O seu sustituo, Ramón Camiño, xera cun balón a área unha polémica pena máxima. Transforma Jechu maxistral.
Xogamos contra dez. Volcámonos encima deles. Sae "Taborda". Xogamos contra nove.
Falta un minuto. Jechu colle un balón case en campo propio,fai unha xogada marca da casa e manda o esférico dun pau ó outro. Final. O trencilla, primo de Bucham o de Shin-Chan, e requerido na banda polos "Mafiosos" do lugar. Opta por se meter rapidiño na caseta e esperar a que o veña buscar a señorita Matszusaka.
Vimonos para a casa. Tremenda a procesión de "choriceiros", é dicir, xente que ven o fin de semana o seu pobo natal procedente da Coruña e volve o domingo pola tardiña.

Fai poucos días que finou Ferenc 'Pancho' Puskas Biro. O xogador húngaro é o máximo goleador da historia do século XX. Só co Madrid metu 324 goles en 372 partidos.
No seu tremendo palmarés destacan, un título olímpico un subcampionato mundial e tres copas de Europa co Real Madrid.
A este clube xa chegou con 31 anos e cun excesivo sobrepeso.
Con motivo do seu pasamento o xornalista deportivo, con maiúsculas, Vituco Leirachá escribu un artigo homenaxe onde desvelaba, entre outras cousas, o consello que lle deu o "maxiar de ouro" á xoven promesa herculina que chegaba a casa branca, Amancio Amaro: "Amaro, cuando te veas ante la portería, apunta a un palo y no mires para el portero porque entonces te atrae el disparo".
Pois eso, coa mala sorte que temos cos paus, sobre todo o montenegrino de Zaramil, co sabio consello de "Cañoncito pum" Puskas todo vai ser mellor.
Que se preparen en Queixas, favoritos o ascenso, escuadra que visitamos o vindeiro domingo no seu feudo, porque chega a marea azul e o seu rexurdir.
Deixovos o enlace do artigo de Leirachá.
E un video dun marabilloso tanto de Puskas (in memoriam) coa sua selección Hungría: