segunda-feira, novembro 06, 2006

"PRADOS-MONTELEN-PARADELA-TOQUES" TIKI-TAKA
Onte xogou e goleou o Toques de fútbol no campo do Poulo (0-4).
O equipo de Julio fai un xogo práctico e efectivo, por momentos bonito, o que a xente xa denomina tiki-tokes-taka.
Aínda non perderon ningún envite, mágoa que para o domingo xoguen e perdan (a ver ) ó derby contra o Cire.
Un dos membros da plantilla, aínda que onte non xogou, é Casal o do Templo. Aproveitando a coiuntura de que a xente me reclama mais "parecidos razonables" a min Casal sempre me tivo un aire con Valdés o do Barça. Non son chuspidiños pero...

20 comentários:

Ghaiteira disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Ghaiteira disse...

Bueno... Así no pelo... Os dous juapos e con estilo... Máis ou menos.. jejeje

Oes, ¿poderíasme decir donde xogan e a que hora? Porque igual ata me acerco a ver o derbi...

Anónimo disse...

o domingo é o derbi toques -cire melide no campo de futbol de toques a las 16:00

Anónimo disse...

COmo di un amigo meu...O toques non ten vendidos os dereitos de emisión dos seus partidos non??...máis que nada por iso de "Camaras fuera mecajo en dios". FORZA CIRE!!!

Anónimo disse...

todo se verá no campo. Forza toques

Anónimo disse...

Todo se vera no campo, ven dito. E que gañe o mellor, eu vou a ir a velos.
Eapero ver un bo partido e que gañe o TOQUES

Anónimo disse...

Veña TOQUES que ti podes

Anónimo disse...

E onde está o Chino Antonio Riki? Eu, como ben sabes ando a tope de caixa co traballo, ponte ti co asunto que ese fulano merece polo menos, polo menos, un post :D

Anónimo disse...

Moi ben o de Casal.
Bueno carallo bueno! lendo os comentarios chego a conclusión de que hai moita euforia incontrolada por parte dos siareiros e xogadores do Toques, por outra banda non me estraña, xa que pa unha vez que os de melide teñen que subila montaña, e non baixala os de toques pa ir a civilización jajajaja
Tamén quero expresar que os seguidores do Toques deben respetar mais a un clube coma o Cire que ainda que os últimos anos non foron moi brilantes,por historia deberián falar con máis respeto.
Moito Cire!!!!!!!!!!! E os do Toques estades moi subidiños xa baixaredes da nube (como facedes pa ir a melide baixando da montaña) jajajajaja....

Anónimo disse...

son de toques e quero que gane o c ire porque non me ficharon

Anónimo disse...

Toques 1, Gol de Mateo
Cire 1, Gol de JEchu

digo yo, si acierto una cesta eh¡'

Anónimo disse...

hay q salientar q o toques soupo fichar moi ben, capaz de formar un equipo de la nada con moita experiencia. aupa toques

Anónimo disse...

xa esta ben de jilipoyeces...Xa jodería que nos ganara unha aldea que se sustenta a base da "city"...Veña ese derby¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡...----Forza cire--

Anónimo disse...

Xa rematou o partido, noraboa CIRE, somos os mellores
pero teño que decir que non me gustou a actitude tan lamentable de Jesus Carlos a final do partido acusando a Julio de non sei que da acta, parece mentira home se aqui coñecemonos todos.
Ah , e as actas cubrenas os arbitros

Anónimo disse...

Acabo de leer os comenterios do partido, a min persoalmente dame o mesmo, e penoso que algunha persoa "da city" faga certos comenterios tan pouco axeitados e tan pouco respetuosos sobre a xente das aldeas, pola que eu sinto gran estima.
Non todos os de Melide somos así, so algún con complexo de inferioridade que di de boca o que non pode demostrar como persoa, vamos uns fanfarrons .....

Anónimo disse...

É unha vergoña os cambios que fixo julio no pàrtido de onte con 1-2 a favor co cire saca un lateral por outro lateral cando podería sacar a santi moito antes xa q oas bandas do toques foi un verdadeiro coladero. O partido eu penso que non o gañou o cire perdouno o toques cando cun 1-1 podía materialezarse o penalty. meus parabéns para o cire

Anónimo disse...

Vaia repasiño, baño ou como se lle queira chamar, foi unha victoria en toda regra, por xogo,calidade, garra, casta e penso que o Cire foi superior en todolos aspectos do xogo: posesión, ocasións de gol, faltas recibidas, recuperacións,centros a área.... Sin duda,polo visto onte o Cire é mellor equipo que o Toques, ainda que o Toques foi un digno rival que non lle puxo as cousas nada fáciles o Cire, pero o Cire solventou esas dificultades poñendo en xogo ese grado máis de calidade individual que o Toques non posee. Parece que o Cire vai de menos a máis a medida que vai collendo o ritmo de competición. Noraboa a todos os xogadores, adestrador (con unha lectura previa do partido inmellorable) e aficionados en xeral sendo moi importante o apoio do público no municipal de Toques.

Anónimo disse...

Eu o q non entendo e q o xogador do toques javi non foi convocado para o partido do cire,estaba alí no banquillo cunhas ganas enormes de sair o campo pero non o convocaron. Haber se para o próximo partido contra o boimorto pode xogar de mediapunta. É un xogador moi bo fichado polo toques ca temporada xa iniciada, formouse nas categorias inferiores do Deportivo Ciudad na coruña, foi o capitán do equipo dos xuvenis que agora estan a disputar a Liga galega no grupo primeiro, chegou a xogar no gran Montañeiros de modestos que estan de primeiros na preferente norte, é un gandrísimo xogador e haber se para o partido contra o toques o pon a xogar, pode xogar nas partes centrais do campo ou pola banda pero el destaca no medio centro do campo. ahí queda

Anónimo disse...

ok, vai currículum é no banquiño, joer, menos mal jjejjee
un sáudo

Anónimo disse...

carallo po Toques!! ten o seu particular Kun Aguero no banco, pero xa a ser menos que tamén todos os de Bilbao xogaron no atletic. Bueno carallo bueno...