quarta-feira, abril 25, 2007


25 de Abril
Como ben sinala Vanessa no seu interesantísimo blog, A lareira de Santiso hoxe é 25 de Abril. Si parece de perogrullo que diga que hoxe é o 25 de Abril pero isto para o noso país veciño Portugal conleva moitas cousas. Cúmplese anos da Revolta dos Cravos que derrocou o rexime salazarista e trouxo o sistema democrático á vella Lusitania.
Hoxe na Tvg ás 22.00 h (na primeira coproducción entre a Galega e a RTP, parece mentira) haberá un especial onde o mais granado dos músicos de aquén e de alén do pai Miño se xuntarán para rendirlle sincera homenaxe a un dos protagonistas daquela data o sempre lembrado Jose "Zeca" Afonso, todo un mito.

2 comentários:

Anónimo disse...

25 de Abril Sempre!

Anónimo disse...

Zeca presente no corazón de todos os bos e xenerosos!
un exemplo o 25 de Abril de como derrocar a un tirano, non como aquí, que houbo que esperar a que morrera.
SEMPRE 25 DE ABRIL!