quarta-feira, setembro 19, 2007


CAMPIÓN NACIONAL EN MELIDE
Xa é unha realidade, Xesús Ferreiro CAMPIÓN NACIONAL DE RALLYES, MODALIDADE DEVEHÍCULOS HISTÓRICOS. Despois da victoria o pasado fin de semana no rallye do Principado de Asturias, Ferreiro xa é o campión matemáticamente ó falta de duas probas. Non é que tivese moita competencia, pero se algo se poido demostrar esta tempada é que o piloto mais espectacular de Galicia e probablemente de España naceu en Melide e responde o nome de Xesús Ferreiro Pérez.
Se algo caracteriza a súa conducción e que sempre intenta levar o coche o mais de lado posible, ademais o seu Escort MK2 é tracción traseira, o que fai volver tolos os amantes do motor, que na nosa comunidade son moitos milleiros.
Tamén é destacable que cun coche de mais de trinta anos, Suso fixo unhos tempos de luxo e estivo varias veces no top-20 das clasificacións dos rallyes de asfalto do Nacional por riba de máquinas con moitísimos mais cabalos.
Dende aquí NORABOA CAMPIÓN¡¡¡
Cantabria, Galicia -Rías Baixas, Ourense e Ferrol (este último con abandono)- e agora Asturias disfrutaron dun piloto excepcional e para mostra un botón, só hai que darse unha volta polo Youtube para ver a lexión de afeccionados que colgaron os seus videos ó paso do campión de Agüeiros.

+ videos: un , e dous

1 comentário:

Adrián Iglesias disse...

A metade da xente non se da conta do que representa este home para Melide. Ahí atrás fixen camisetas para que a xente que segue os rallyes lle mostrara o seu apoio e...as cifras acojonan.

200 camisolas vendidas..A sitios como Granada, Andorra, Asturias, Cantabria e incluso a Francia..Suso é grande e ainda o demostrará máis.
Vou a tódolos rallyes no que corre e en www.velaiovai.blogspot.com fago un seguimento deste piloto. Un saúdo dende A CoRUÑA!