quinta-feira, setembro 13, 2007


SEGUE A FESTA EN SOBRADO.
Na vila veciña de Sobrado dos Monxes arrancan as festas dos Dolores, hoxe xoves no Dolores DKbeza Rock: C.K.E.B, grupo do bateria dos Killer Barbies que fan versións de Elvis e incluso se disfrazan espectacularmente do rei do rock, Mitocondrias puro r.n.r dende Ourense e A banda de Poi, portugueses e galegos comandados polo ex-heredeiro Tonhito de Poi.
Venres 14 de setembro
Orquestra MARBELLA
Grupo AMÉRICA
Sábado 15 de setembro
Grupo TROCO
Orquestra OLYMPUS
Domingo 16 setembro (Día grande das festas)
Orquestra VERSALLES
Orquestra PANORAMA
Coinciden coas festas do ECCE HOMO en Palas, que son o venres, sabado e domingo.

1 comentário:

Unknown disse...

Fenómeno, que tal? moitas grazas por publicitarnos a festa meu!
Xa te invitarei a un chisme polo Cerne para celebrar que acabamos o traballo de un ano enteiro e saimos ben parados (sen ir o cárcere de Paradela-Teixeiro polas débedas).
A verdade é que estiveron de pinga, unha magoa que viñera a tormenta o domingo cando faltaba pouco para que comezase a Orquestra Panorama a súa actuación. Polo demáis o tempo respetounos moito e as moedas que lle fun poñer a Santa Clara a Compostela fixeron efecto.

Saudos