quarta-feira, outubro 03, 2007

Os segredos do deporte rei. Mellora a túa técnica con Pájaro. Capítulo II.


O penalti é a pena máxima no fútbol, cando se produce unha falta dentro da área é castigada cun lanzamento libre dende once metros.
A historia do fútbol, sobor de todo a dos mundiais e copas de europa, está pragada de fallos de grandes peloteiros.
Cada maestrillo ten o seu librillo, uns din que forte e ó medio, outros din que rasa a un pau, outros polas escadras etc etc.
Pájaro, un tipo con clase, recoméndavos que fagades o engano de Panenka.
Antonin Panenka foi un checoslovaco que pasou a historia gracias á súa peculiar maneira de lanzar un decisivo penal na eurocopa de alemania. saber +
Para realizalo Pájaro dinos que hai que tratar de enganar o porteiro para que crea que vamos dirixir o noso disparo a un lado da portería.
Para iso miraremos para un deses lados e despois baixaremos a cabeza e centraremonos no balón. A hora do golpeo, tocarémolo sutilmente por baixo e tentaremos que vaia o mais centrado posible. Se o facemos ben o esférico entrará mainiño na portería despois de describir unha preciosa parábola . Mellor que explicalo será que o vexades no video de abaixo.
Ora ben se o porteiro non se tira e queda no medio, cambiade de estratexia o mais rápido e seguro que poidades.
Pájaro recoméndavos que o fagades nos adestramentos non vaia ser que haxa algún accidente cardíaco se se trata dun lanzamento decisivo.
Ata a próxima entrega.

2 comentários:

miky vace disse...

Gracias riki polo teu traballo.Weña un saudo e un abrazo!!!!

miky vace disse...

gracias riky polos canticos xa que nos recollerams a informacion un pouco trabucada ai que poñer en marcha unha iniciativa para comprarlle un megafono a emilio que senon non vai aguantar toda a liga xa que agora formas parte da directiva propono nunha desas xuntazas saudos