terça-feira, outubro 16, 2007

PEDJA TARRÍO REENCONTRASE CO GOL
O montegrino de Zaramil recuperou a súa amizade co gol ó converter un dos catro tantos que o Cire lle endosou ó Encrobas no campo das Tinaxas, ó carón da central térmica de Meirama. Era o primeiro partido deste ano de Tarrío despois dunha lesión fortuita nun adestramento. O "8" azul, o pasado domingo o "14", entrou sustituindo a Alberto ós vinte minutos do primeiro tempo. Fixo un gran encontro no tono xeral do equipo.
Un equipo que agarda ilusionado que chegue o domingo para enfrontarse o líder, Atlético Perillo. Cun partido menos, o Cire ocupa a segunda praza e está a tres dos de Oleiros. Un gran ano, sen dúbida.
Aquí vos deixo a adicatoria en exclusiva de Tarrío ós lectores de "MelideInBlog" pouco despois de marcares. Hai que dicilo, e as malas linguas din que o porteiro dos de Cerceda, colaborador no gol tarrían, está invitado a festa este ano a San Salvador.E que a xente éche moi amigha de falar, oh.

3 comentários:

FIZ disse...

Disque Armando do quiqui tamén mollou...ou non??

Como quedaron contra os de Oleiros??
E porq teñen "os blues" un partido menos??

ANIMO CIRE...

ESTE ANO SI

rikimelide disse...

Boas Fiz, que tal meu home?, resposta o primeiro inquérito, Yes, contra o Encrobas o cuarto gol, se me lembro ben.
2º: 3-0. Somos líderes, marcou Marck, Jechu e Garea (o de transportes non sei se che toca na raza)e temos un partido menos porque a liga consta de dazasete equipos e nos descansamos xa a primeira xornada.
Veña unha aperta forte¡¡¡

FIZ disse...

Moi ben Riki..
JODER.....

QUE BOAS NOVAS.....

Parabéns......
E coma dirían por terras Galas...(Nantes por exemplo)
ALLEZ LE BLEU!!

P.D--O de Armando do "Quiqui" foi completamente sen querer. Prometido. Desculpa Dito.
E non xogou Pedja esta xornada?

E con Garea dos Transportes non me une mais que a veciñade, pero de seguro que él tamén podería berrar aquilo de..
"EU TAMÉN SON GAREA"..

Sorte, saudiña e parabéns po CIRE.

Ahh---E FORZA FABRIL Que este ano está QUE SE SALE. Colíderes co Forteventura, invictos e en postos de ascenso a 2º logo de vencer ó Rayo vallekano. (Aridane Crack) Mi madriña...