sexta-feira, janeiro 23, 2009


CITA CO GANDO AUTÓCTONO E CO SÉCTOR FORESTAL ESTE FINDE EN MELIDE
Este domingo de feira celébrase en Melide a I Feira Exposición de Gando Autóctono.
Segundo recollemos da web do Concello de Melide : O domingo 25 de xaneiro, xunto co mercado de gando que cada fin de mes se concentra en Melide, celebrarase a I Feira Exposición de Gando Autóctono de Galicia, que traerá ao Pazo de Congresos numerosos exemplares de gando vacún, ovino, caprino e cabalar, das distintas razas autóctonas galegas, entre as que cómpre destacar os exemplares de boi de raza rubia galega. Estes animais contan xa con numerosas distincións e galardóns de distintos concursos de gando vacún. Ademais, a feira, que estará aberta o domingo dende as 7h da mañá ata as 20h, contará con numerosos stands de distintas áreas do medio rural, a través dos cales se informará de como acceder a estes exemplares e das distintas axudas abertas pola Consellaría de Medio Rural para estes e outros fins.
Completa a oferta da fin de semana hoxe venres e mañán sábado uns "encontros abertos ao público con especialistas do ámbito forestal galego. Durante estes dous días, analizarase a multifuncionalidade do monte, a política enerxética, o funcionamento das UXFOR e do Banco de Terras, a xestión da biomasa, a oportunidade para o fortalecemento do medio rural a través do monte, etc."

Sem comentários: