terça-feira, novembro 13, 2007


De pé, de esquerda a dereita: Cordido, Luigi, Marck, Perilla, Miki, Jechu e Luis Eugenio (adestrador), abaixo, ídem: Mateo, Fernando, Peque, Tarrío e Chiqui.
Saíron no segundo tempo: Miguito, Pucha, Camiño, Juan e Nacho.
SEGUE A RACHA
O Cire voltou gañar, 0-2 ó San Martiño, e segue como líder invicto do Grupo IV da 3ª autonómica, os goles foron obra de Marck (un chut dende 30 metros sorprendeu o porteiro cercedense) e Miguito (que aproveitou o rexeite do cancerbeiro a un tiro de Jechu que a súa vez foi un rexeite do traveseiro a tiro de Marck). O Cire aumentou a diferencia de puntos co segundo clasificado, ó empatar este, Pontecarreira, co Visantoña. Agora son tres os que separan os de Melide da Ponte e do terceiro, Atlético Perillo (os de Oleiros cun partido mais).
Este domingo, ás 16.15 h., visita o municipal de Melide, precisamente o Pontecarreira polo que se trata dun partido importante, sono todos, mais se cabe porque a renda subiría a seis puntos. A ver se houbera moita xente para poder axudar o equipo azul a conseguir a victoria para confirmar o gran ano do fútbol en Melide.
ESPELINDO O FRÍO:O próximo fin de semana vén cargadiño de actividades.
Venres a noite no Gatos, Quempallou. Folk.
Venres a noite no 600, Guezos. Folk-rock.
Sábado e domingo, Festival Terr@ctiva en Arzúa, moito que ver e como toque musical Galeuzca, Oskorri, Marful, e Ensaladilla so insistent.
Ide preparándovos.

quarta-feira, novembro 07, 2007



CAMERÚN-SELECCIÓN GALEGA.
Esa é a nova de hoxe, o terceiro partido da Selección Galega de fútbol será ante Camerún o xoves 27 de decembro en Balaídos (Vigo).
A selección camerunesa está considerada, por palmarés, unha das mellores do continente africano. De feito, gañou en catro ocasións a Copa de Nacións deste continente xesta que lle valeu aos seus xogadores o cualificativo de “leóns indomábeis”. Ademais, o combinado africano participou en cinco ocasións na Copa Mundial de Fútbol.
Antes deste partido debutará o combinado feminino deste deporte fronte a Cataluña.
Os adestradores dos homes seguirán sendo Arsenio e Fernando Vázquez.

segunda-feira, novembro 05, 2007


6-0
Estes días de atrás Bernd Schuster, adestrador do Madrid, dixo que o seu equipo se asemellaba na forma de xogar o suízo Roger Federer, nº 1 do mundo no deporte da raqueta.
Pois onte domingo quen actuou tipo Federer foi o Cire, que lle endosou un set en branco ó filial do Dorneda de Oleiros. Non puiden ver o partido, pero parece que foi un partido cómodo onde anotaron Jechu (dous), Peke, Miki, Marck e Pájaro. Mágoa perderse o gol de Pájaro. Noraboa o equipo que este ano se está saíndo da táboa, para a semana vaise fora a San Martiño (Cerceda) e dentro de quince días partido clave da primeira volta, visita o Municipal da Estrada da Golada a Ponte Carreira que despois dos pinchazos do Perillo (perdou 4-3 co Oza) e o Boimorto (perdeu 1-0 en Toques nun gran partido dos veciños) é o noso máximo perseguidor a un punto.
Non sei porqué pero estes días vai de fotos históricas,nesta Felipe González debeu parar en Melide pouco antes de ser presidente (1982), os rapaces que estaban xogando no parque vírono, cruzaron e posaron para a historia en frente do Marta, que mais dá con quen seña a foto se o bonito é ver a Ito, Manolito, Manolo, Joma, Merceditas, Buguino, Mon etcétera etcétera, os rapaces daquela que agora andan pola trintena e algún polos cuarenta, cando eran novos. Vaia pintiñas, eran os tempos dos Payasos da tele, hoxe na tv hai outro tipo de paiasos menos simpáticos..

Arquivo: Sacada do Noso Bar, non creo que Alfonso se enfade mais do habitual por poñela aqui, ;), aínda así espero que non me pida dereitos de autor ou de imaxe.

EFE-ESE. (f.s.)
Benvida ó blogomillo melidán o blogue do Melide Fútbol Sala, un auténtico histórico deste espectacular deporte que incluso chegou a militar nunha categoría nacional.
Hoxendía compite na 1ª Autónomica, grupo Norte, despois de conquerir o ascenso na campaña pasada da man do tándem de adestradores Neira-Conde. O enlace para entrares é o seguinte melidefutbolsala.blogspot.com
Para mais inri os rapaces de Baby (adestrador actual) aínda non poden disputar os seus partidos en Melide debido os problemas de pista no pavillón da Martagona. Ánimo e a facer unha boa campaña¡¡¡

terça-feira, outubro 30, 2007

Xa tedes as clasifiacións actualizadas en Prensa Cire.

Forza Cire¡¡¡

segunda-feira, outubro 29, 2007

VISITA REAL
Esperanza Aguirre pídelle "trato humano" para Jiménez Losantos, en Catalunya queiman os seus retratos, Julio Anguita augura que considera "raro" que Felipe VI reine e di que a III República está cerca, aquela polémica con "El Jueves". Non corren bos tempos para a monarquía borbónica. E por que vos conto todo esto?, pois porque chegou onte as miñas mans unha foto da visita dos Reis a Melide aló polo 1976, mais ou menos. E do arquivo de Mingos Fuciños e como imaxe curiosa e importante na historia recente da vila teño a obriga de compartila con vosco.
As rapazas de "Froito Novo", as "forzas vivas", a "plebe", a garda civil, o exército, Calvo Sotelo, e Javier do aceiteiro (alcalde daquela) departindo co monarca, non hai dúbida que é unha foto histórica.

quarta-feira, outubro 24, 2007

UN NETO DE MELIDE EN ESCOCIA
Pois sí amigos, para moitos non é un segredo pero mais de un levará unha sorpresa ó saber que o artilleiro "protestante" Nacho Novo ten as súas raíces, por parte de pai, en Melide. Debo confesar que se me teño que inclinar por un dos dous equipos de Glasgow inclinaríame polo Celtic pero non por eso podo obviar que un descendente das familias Lareo e Varela xogue nun clásico do fútbol mundial.
E a parte Nacho non é un xogador comparsa ou con padriño, nin moito menos. Nacho é un home feito así mesmo e é o ídolo de Ibrox.
Para chegar tan arriba Nacho tivo que facer unha cousa nunca vista en Galicia, tivo que emigar. Empezou a xogar no Racing B e ó non ter minutos pasou o Somozas. De ahí foise ó Huesca de 2ªB e dende alí deu o salto as "highlands" da mau, do hoxe adestrador do Cádiz , Antonio Calderón. Xogou no modesto Raith Rovers e alí conseguiu un promedio de quince goles por temporada nos dous anos que estivo. Isto serviulle para pasar a un dos clásicos da Premier escocesa, o Dundee F.C., dous anos cos "dark blues" -o último marcando 25 goles- foron os culpables de que o Celtic e os Rangers puxaran por el. 600.000 € postos polos Rangers foi a cantidade que o levou a xogar para os "teddy-boys".
O primeiro ano en Ibrox Park: 25 goles, despois tivo algunha lesión pero o pasado fin de semana marcoulle dous ó eterno rival e onte martes xogou contra o Barça en Champions.
Os avós paternos de Nacho eran de Melide e fóronse para Ferrol (cidade de nacemento de Nacho) polo destino do avó na cidade departamental como garda, e o pai del, Richard Gómez, xogou, entre outros equipos, no Racing de Ferrol e no Betis dos anos setenta, , na posición de lateral esquerdo, foi o anterior lateral esquerdo antes da chegada de Gordillo. Ademais a irmá de Nacho, Arantxa -nome que leva tatuado o propio xogador no antebrazo esquerdo-, xoga o baloncesto no Rivasfutura de Madrid, e é unha das estrelas da liga feminina de basket.
Ténme contado Bloquin, parente deles, que lle teñen apedreado os cristais da casa e que incluso lle apareceu unha pintada na porta que puña "Novo R.i.p". E que o fútbol na terra do whiskey vívese con demasiada paixón, xa que a clásica rivalidade futbolística súmase a política e a relixión. Un cocktail explosivo.

terça-feira, outubro 23, 2007


SOMOS PRIMEIROS
Este pasado domingo a atención deportiva non estaba centrada, que tamén, no campionato do mundo de motociclismo acadado polo galego-mallorquí Jorge Lorenzo, nin tampouco nese agónico final de campionato do mundo de fórmula 1, o mais apretado da historia. A atención de boa parte dos seguidores do deporte melidán estaba no Campo Municipal de fútbol de Melide onde o equipo histórico da vila, o Cire, podería poñerse líder do grupo IV de Terceira Atunómica se gañaba o Atlético Perillo, cabecilla da táboa ata este domingo.
E así foi, 3-0, goles de Marck, Jechu e Jarea levan os azuis o liderato. Xornada histórica. Nin os mais vellos do lugar se acordaban dunha xesta coma esta.
Agora os pupilos de Luis Eugenio viaxaran o sábado a Boimorto onde os agardará o terceiro clasificado. Díficil envite pero confiemos en traer algo positivo o sábado pola noite.
Noraboa a todo o mundo porque de momento as cousas van moi ben, pero a modo aínda non van dous meses de competición e isto non é como empeza senón como acaba.
Tedes toda a información respecto ó C.F. Cire de Melide nos blog de Quintás e Prensa Cire.
O PILOTO MELIDENSE XESÚS FERREIRO PROCLÁMASE CAMPIÓN DE ESPAÑA DE RALLY DE VEHÍCULOS HISTÓRICOS
O piloto melidense Xesús Ferreiro Pérez, tres veces campión galego de rallyes, acaba de gañar o campionato de España de Rally de Vehículos Históricos 2007, despois de disputar a última proba en Cataluña.
O campionato que agora remata comezara o pasado 19 de maio en Cantabria, e seguiu nas Rías Baixas, Ourense, Ferrol, Asturias, Llanes, Madrid e Costa Brava. Este último Rally Costa Brava cumpriu nada menos que 55 anos de vida, sendo por tanto o rally máis antigo de España. Ata Lloret de Mar desprazouse todo o equipo de Xesús Ferreiro para disputar a última proba e recoller o Trofeo de Campión de España. Non saíu todo.
Xesús Ferreiro, de 38 anos, debutou en competición en 1989, e nestas 16 temporadas leva disputados 100 probas de rally. Nas competicións, Ferreiro Pérez ten utilizado diversos automóbiles: Volkswagen Polo, Alfa Romeo, Seat 124 especial, ou Peugeot 205 Rally. Foi cun Ford Escort MKII co que conseguiu os campionatos galegos e co que participou no Campionato de España.
Os afeccionados coinciden en destacar que o adxectivo que mellor define o xeito de facer de Ferreiro é o de “espectacular”; unha exhibición de destreza que, nos últimos anos, levou a numeroso público a seguir in situ as súas actuacións en cada proba que disputa. Cómpre lembrar que Xesús Ferreiro foi o primeiro español convidado ao motorshow, unha importante exhibición de vehículos históricos que se celebra, dende hai anos, na cidade portuguesa de Oporto.

Nova aparecida en rallye-live.com:
Después de no acudir al Villa de Llanes, en el que no hubo participación de vehículos de la categoría de Históricos, los gallegos Jesús Ferreiro y Roberto Lorenzo sí estarán en la última prueba del Campeonato de España.
El Rallye Costa Brava será especial para el equipo patrocinado por la Deptuación da Coruña y Turgalicia porque por primera vez en toda la temporada podrán medirse con varios vehículos de su misma categoría, destacando la presencia de dos pilotos que fueron campeones del mundo de rallyes, Björn Waldegaard en 1979 y Stig Blomqvist en 1984, que se sumarán al espectáculo con el mismo modelo que utiliza Jesús Ferreiro, el Ford Escort.
Al respecto el piloto de Melide comenta que “es un orgullo competir contra dos pilotos de la talla de Waldegaard y Blomqvist. Seguro que esta vez no va a ser tan fácil ganar en nuestra categoría, aunque lo vamos a intentar ya que salimos sin ningún tipo de presión al haber conseguido el Trofeo de Históricos del Campeonato de España”.
Precisamente la categoría de Históricos contará en este rallye con una inusual participación, pues habrá nada menos que ocho vehículos compitiendo. Álex Romaní, el organizador de la prueba, ha puesto especial empeño en que así sea ya que su intención es que el Costa Brava sea el próximo año puntuable para la Copa FIA de la especialidad.

Pois ó final Ferreiro tivo que abandonar no rallye Costa Brava cando ía primeiro e destacado por unha rotura do embrague. Unha mágoa porque era o rallye estrela da tempada e o equipo ía con moitas gañas de agradar no rallye mais antigo de España.
Aínda así deixaron, como non, o pavillón ben alto e puideron codearse con dous campións do mundo, que superaban o coche de ferreiro en mais de oitenta cabalos.
Este abandono non resta nin un ápice a magnífica tempada da escudería MotorMelide aínda que hai que reseñar que a competencia non foi moita.
Só nos queda felicitar o campión e o seu equipo por levar o nome de Melide por gran parte da xeografía nacional porque xa era hora de que o "mundo" soubese que en Melide hai un gran piloto.

terça-feira, outubro 16, 2007

PEDJA TARRÍO REENCONTRASE CO GOL
O montegrino de Zaramil recuperou a súa amizade co gol ó converter un dos catro tantos que o Cire lle endosou ó Encrobas no campo das Tinaxas, ó carón da central térmica de Meirama. Era o primeiro partido deste ano de Tarrío despois dunha lesión fortuita nun adestramento. O "8" azul, o pasado domingo o "14", entrou sustituindo a Alberto ós vinte minutos do primeiro tempo. Fixo un gran encontro no tono xeral do equipo.
Un equipo que agarda ilusionado que chegue o domingo para enfrontarse o líder, Atlético Perillo. Cun partido menos, o Cire ocupa a segunda praza e está a tres dos de Oleiros. Un gran ano, sen dúbida.
Aquí vos deixo a adicatoria en exclusiva de Tarrío ós lectores de "MelideInBlog" pouco despois de marcares. Hai que dicilo, e as malas linguas din que o porteiro dos de Cerceda, colaborador no gol tarrían, está invitado a festa este ano a San Salvador.E que a xente éche moi amigha de falar, oh.

quarta-feira, outubro 10, 2007


Adiviñade quen é o carteiro mais dicharacheiro nacido en Palas de Rei que está participando esta semana en "Cifras e Letras". A ver quen é o "lince" que o acerta.

terça-feira, outubro 09, 2007

ANUNCIOS SEMELLANTES
Ó andar metido en varias historias limítame o tempo libre, e quem o está a sufrir mais sodes vós que pasades por este recuncho da rede de redes habitualmente.
Bueno, a ver si a partir de agora dou acutalizado con mais asiduidade.
Xa que estou aquí, deixovos o spot da última campaña de Gadis, que aínda que sexa da competencia ten o seu aquel. Dito anuncio xa deu que falar nos blogs de Fandi e de Vanessa. A ver que opinades. Veña.

Na web de youtube xa houbo quen atopou certas semellanzas cun anuncio dunha cervexa arxentina, Schenider. Podédelo comprobar:

Hai certo pareceido, ou non?
Non vos perdades tampouco o video da parodia ferrolana da peli "300", pica aquí.
Ah, xa me esquecía, de que tamén esta actualizado o blog Prensa Cire, con fotos, resultados e clasificacións do equipo azul.

quarta-feira, outubro 03, 2007

Os segredos do deporte rei. Mellora a túa técnica con Pájaro. Capítulo II.


O penalti é a pena máxima no fútbol, cando se produce unha falta dentro da área é castigada cun lanzamento libre dende once metros.
A historia do fútbol, sobor de todo a dos mundiais e copas de europa, está pragada de fallos de grandes peloteiros.
Cada maestrillo ten o seu librillo, uns din que forte e ó medio, outros din que rasa a un pau, outros polas escadras etc etc.
Pájaro, un tipo con clase, recoméndavos que fagades o engano de Panenka.
Antonin Panenka foi un checoslovaco que pasou a historia gracias á súa peculiar maneira de lanzar un decisivo penal na eurocopa de alemania. saber +
Para realizalo Pájaro dinos que hai que tratar de enganar o porteiro para que crea que vamos dirixir o noso disparo a un lado da portería.
Para iso miraremos para un deses lados e despois baixaremos a cabeza e centraremonos no balón. A hora do golpeo, tocarémolo sutilmente por baixo e tentaremos que vaia o mais centrado posible. Se o facemos ben o esférico entrará mainiño na portería despois de describir unha preciosa parábola . Mellor que explicalo será que o vexades no video de abaixo.
Ora ben se o porteiro non se tira e queda no medio, cambiade de estratexia o mais rápido e seguro que poidades.
Pájaro recoméndavos que o fagades nos adestramentos non vaia ser que haxa algún accidente cardíaco se se trata dun lanzamento decisivo.
Ata a próxima entrega.

Infórmovos que hai un blog novo adicado ó Cire, con imaxes, recortes de prensa, clasificacións etc. Chámase Prensa Cire. Tranquilos, próximamente faremos a segunda entrega dos Segredos do Fútbol polo irlandés David Pájaro. Veña.

segunda-feira, outubro 01, 2007

Os segredos do balompé contados por David Pájaro. Capítulo I.

1.-Colocar o balón,observar a situación da barreira e o porteiro ,calcular o efecto e a potencia necesarias para diparar.
2.-Emprender a carreira, a modiño, e concentrarse no golpeo do balón.
3.-Rematar a carreira de aproximación ó esférico co pé de apoio paralelo ó balón e abrir a perna de tiro nun ángulo de 135º. Acompañar o movemento do tren inferior cunha apertura de brazos imitando ás alas das aves nocturnas e rezar para que o porteiro non se pareza a Adrían "Perilla".

sexta-feira, setembro 28, 2007


SWEET OBLIVION BAND
Hoxe Venres no Gatos de Nani, Sweet Oblivion Band, entrada de balde e horario como de costume.
Este grupo como nos contan no seu espazo web no myspace están influenciados por: Mad Season, Blind Melon, Pearl Jam, Screaming Trees, Alice in Chains, Temple Of The Dog, Pink Floyd, The Fire Theft, Masters of Reality, Gomez, Unified Theory, The Beatles, The Black Crowes, Jeff Buckley, Nick Drake, a perfect circle, Soundgarden, Wolfmother, Kyuss, Led Zeppelin, The Who, queens of the stone age, stone temple pilots, Nirvana, Ben Harper, Guns n´Roses, Miles Davis, Fiona Apple, PJ Harvey, Radiohead, Sigur Ros, Mogwai, David Bowie, Low, The Doors, Neil Young, Tom Waits, Johnny Cash, Mars Volta, Jane´s Addiction, Antony and the Johnsons, Mother Love Bone, Porcupine Tree.... case nada. Son da moi musical vila de San Sadurniño. Ferrolterra.

quarta-feira, setembro 26, 2007

CIRE-POULO. 23/9/2007
Algunhas imaxes do partido do domingo entre o Cire e o Poulo, 4 a dous para os de Melide. Este fin de semana o Cire fixo pleno en tódalas categorías nas que xogou, tedes mais info picando no blog do Cire

Arriba de esquerda a dereita: Fernando, Cabado, Luigi, Suso P. , Charly e Miki.
Abaixo de esquerda a dereita: Miguito, Nacho, Julio, Peque e Jechu.






CONFIRMACIÓN DA FESTA DO VOLUNTARIO, E PROGRAMA.O voluntariado en defensa do monte galego celebrará a súa festa este sábado en Melide tras finalizar a campaña do ano 2007
Os voluntarios e voluntarias da Galiza que colaboraron durante a campaña 2007 na prevención e extinción de incendios teñen unha cita en Melide (A Coruña) este sábado, onde celebrarán unha festa e terán oportunidade de coñecerse.
O programa de actos do evento vén ben cargado. Comezando ao mediodía, e durante toda a xornada, haberá pasarrúas dos grupos de música tradicional Axóuxere, Os Melidaos, Os Frebudos, Bico da Balouta e O Castelo.
Ás 15:00 horas haberá un xantar de confraternidade, e despois varias actividades culturais para encher o serán: Anxo Moure contará a historia de O carballo con botas, acompañado doutros contacontos; a compañía de títeres Tres Globos interpretará a obra Pedro e o lobo; a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional porá en marcha diversas brincadeiras para todas as idades; haberá regueifeiros; e a empresa de aventura Ferventía instalará un rocódromo e unha pista para a práctica do tiro con arco. Xa pola noite, actuacións de folk e rock a cargo de Nao, Zenzar, Os tres trebóns e Tiruleque.
Cómpre destacar que todos os artistas, grupos e empresas participantes veñen de xeito desinteresado e actuarán de balde. Para que esta Festa do Voluntariado fose posible, contouse coa axuda financeira e loxística do Concello de Melide, das direccións xerais de Montes e de Voluntariado, da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega), do Pub 600 e de Adega O Lar.