sexta-feira, setembro 28, 2007


SWEET OBLIVION BAND
Hoxe Venres no Gatos de Nani, Sweet Oblivion Band, entrada de balde e horario como de costume.
Este grupo como nos contan no seu espazo web no myspace están influenciados por: Mad Season, Blind Melon, Pearl Jam, Screaming Trees, Alice in Chains, Temple Of The Dog, Pink Floyd, The Fire Theft, Masters of Reality, Gomez, Unified Theory, The Beatles, The Black Crowes, Jeff Buckley, Nick Drake, a perfect circle, Soundgarden, Wolfmother, Kyuss, Led Zeppelin, The Who, queens of the stone age, stone temple pilots, Nirvana, Ben Harper, Guns n´Roses, Miles Davis, Fiona Apple, PJ Harvey, Radiohead, Sigur Ros, Mogwai, David Bowie, Low, The Doors, Neil Young, Tom Waits, Johnny Cash, Mars Volta, Jane´s Addiction, Antony and the Johnsons, Mother Love Bone, Porcupine Tree.... case nada. Son da moi musical vila de San Sadurniño. Ferrolterra.

quarta-feira, setembro 26, 2007

CIRE-POULO. 23/9/2007
Algunhas imaxes do partido do domingo entre o Cire e o Poulo, 4 a dous para os de Melide. Este fin de semana o Cire fixo pleno en tódalas categorías nas que xogou, tedes mais info picando no blog do Cire

Arriba de esquerda a dereita: Fernando, Cabado, Luigi, Suso P. , Charly e Miki.
Abaixo de esquerda a dereita: Miguito, Nacho, Julio, Peque e Jechu.






CONFIRMACIÓN DA FESTA DO VOLUNTARIO, E PROGRAMA.O voluntariado en defensa do monte galego celebrará a súa festa este sábado en Melide tras finalizar a campaña do ano 2007
Os voluntarios e voluntarias da Galiza que colaboraron durante a campaña 2007 na prevención e extinción de incendios teñen unha cita en Melide (A Coruña) este sábado, onde celebrarán unha festa e terán oportunidade de coñecerse.
O programa de actos do evento vén ben cargado. Comezando ao mediodía, e durante toda a xornada, haberá pasarrúas dos grupos de música tradicional Axóuxere, Os Melidaos, Os Frebudos, Bico da Balouta e O Castelo.
Ás 15:00 horas haberá un xantar de confraternidade, e despois varias actividades culturais para encher o serán: Anxo Moure contará a historia de O carballo con botas, acompañado doutros contacontos; a compañía de títeres Tres Globos interpretará a obra Pedro e o lobo; a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional porá en marcha diversas brincadeiras para todas as idades; haberá regueifeiros; e a empresa de aventura Ferventía instalará un rocódromo e unha pista para a práctica do tiro con arco. Xa pola noite, actuacións de folk e rock a cargo de Nao, Zenzar, Os tres trebóns e Tiruleque.
Cómpre destacar que todos os artistas, grupos e empresas participantes veñen de xeito desinteresado e actuarán de balde. Para que esta Festa do Voluntariado fose posible, contouse coa axuda financeira e loxística do Concello de Melide, das direccións xerais de Montes e de Voluntariado, da Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (Adega), do Pub 600 e de Adega O Lar.

sexta-feira, setembro 21, 2007


ASÍ CHE NOS VAÍ MEU...
Teño o costume , como moita xente, de empezar a ler os xornais pola contraportada, e no exemplar de hoxe do de mais tirada do país aparece un artigo de opinión firmado por Luis Ventoso dentro da súa sección "Vidas ejemplares". Nel o xornalista coruñés da unhas cantas claves, coido eu, do que é a nosa idiosincrasia galaica.
Aproveitando como telón de fondo o asunto das deteccións estes días dos camariñáns que ían pescar con dinamita, Ventoso degulla a nosa realidade social.
Dicía o franco-suizo Rousseau que o "home é un lobo para o home" e isto na nosa terriña vénnos ó pelo.
"Ó que é meu, é meu , é meu e non quero que vaias dicindo que tumba que dalle que tal que sei eu." cantaba o Cuco de Velle, que atinados retrousos.
Galicia o país onde quen non move un marco dunha leira é parvo, quen non ten un pendello-jalpón sen recebar é un inútil, quen non "chupa" unha subvención con picaresca é gilipollas, quen non bota o purín cara o río é un pasmón etc etc.
Somos como somos e antes de buscar as culpas do noso atraso na casa procurámolas fóra -que tamén ás hai,é moitas, non cabe dúbida-.
Lede o artigo do ghichiño a ver que opinades vós. Prémelle

FESTIVAL NA DEFENSA DO MONTE GALEGO EA FAVOR DO VOLUNTARIADO.
Cóntovos ,case en primicia ,que en MELIDE o SÁBADO 29 DE SETEMBRO ás 23,00H haberá un grande concerto de rock galego onde estarán ZËNZAR(20 anos de Rock duro dende Cerceda), TRES TREBÓNS (conxunto formado por Amil (batería ex-papaqueixos, Antón (baixo ex-papqueixos e ex-alberto bmundi mailo Xurxo Souto (acordeón, voz e ex-diplomáticos)e NAO (metal, rock, hardcore dende A Estrada e Quiroga) todo organizado por A.D.E.G.A.) -
Trátase do concerto "fin de curso" dos voluntarios que este verán andiveron vixiando que non arderan os montes patrios. Gracias a nosa privilexiada situación xeográfica (estamos no medio do país) e as xestións de Óscar Lama -melidán responsable do voluntariado en Arousa-Xiabre, Melide acollerá esta historia.

quarta-feira, setembro 19, 2007


CAMPIÓN NACIONAL EN MELIDE
Xa é unha realidade, Xesús Ferreiro CAMPIÓN NACIONAL DE RALLYES, MODALIDADE DEVEHÍCULOS HISTÓRICOS. Despois da victoria o pasado fin de semana no rallye do Principado de Asturias, Ferreiro xa é o campión matemáticamente ó falta de duas probas. Non é que tivese moita competencia, pero se algo se poido demostrar esta tempada é que o piloto mais espectacular de Galicia e probablemente de España naceu en Melide e responde o nome de Xesús Ferreiro Pérez.
Se algo caracteriza a súa conducción e que sempre intenta levar o coche o mais de lado posible, ademais o seu Escort MK2 é tracción traseira, o que fai volver tolos os amantes do motor, que na nosa comunidade son moitos milleiros.
Tamén é destacable que cun coche de mais de trinta anos, Suso fixo unhos tempos de luxo e estivo varias veces no top-20 das clasificacións dos rallyes de asfalto do Nacional por riba de máquinas con moitísimos mais cabalos.
Dende aquí NORABOA CAMPIÓN¡¡¡
Cantabria, Galicia -Rías Baixas, Ourense e Ferrol (este último con abandono)- e agora Asturias disfrutaron dun piloto excepcional e para mostra un botón, só hai que darse unha volta polo Youtube para ver a lexión de afeccionados que colgaron os seus videos ó paso do campión de Agüeiros.

+ videos: un , e dous

segunda-feira, setembro 17, 2007

"El derecho de vivir en paz"
Entérome no blogue de Fandi de que antonte cumplíronse 34 anos do brutal asasinato en Chile do cantautor comprometido Victor Jara. Se queredes saber mais de como foi aquelo picade aquì. Que menos que colgar un video dun tema seu:

A versiòn dos coruñeses "Luar na Lubre":

"Yo no canto por cantar
ni por tener buen amor
canto porque la guitarra
tiene sentido y razón
tiene corazón de tierra
y alas de palomita...

...canto que ha sido valiente
siempre será canción nueva

sexta-feira, setembro 14, 2007


ADIÓS RÍOS, ADIOS FONTES...
Sen ningún tipo de dúbida a nova, triste, desta semana é o verquido de purís no Río Catasol, afluente do Furelos. Miles de troitas , miñocas, rás etc etc mortas pola contaminación dunha granxa de porcos en Zas de Rei. A Asociación de Troiteiros do Río Furelos que fai poucas datas voltou a organizar as Xornadas de Limpeza dos ríos melidáns detectou este verquido e puxo en coñecemento das autoridades pertinentes e mais puxo a consecuente denuncia no cuartel da benémerita do noso concello.
Tedes mais información pinchando neste link: Nova da Voz

quinta-feira, setembro 13, 2007


SEGUE A FESTA EN SOBRADO.
Na vila veciña de Sobrado dos Monxes arrancan as festas dos Dolores, hoxe xoves no Dolores DKbeza Rock: C.K.E.B, grupo do bateria dos Killer Barbies que fan versións de Elvis e incluso se disfrazan espectacularmente do rei do rock, Mitocondrias puro r.n.r dende Ourense e A banda de Poi, portugueses e galegos comandados polo ex-heredeiro Tonhito de Poi.
Venres 14 de setembro
Orquestra MARBELLA
Grupo AMÉRICA
Sábado 15 de setembro
Grupo TROCO
Orquestra OLYMPUS
Domingo 16 setembro (Día grande das festas)
Orquestra VERSALLES
Orquestra PANORAMA
Coinciden coas festas do ECCE HOMO en Palas, que son o venres, sabado e domingo.

segunda-feira, setembro 10, 2007




A NOSA FESTA
Din que unha imaxe vale mais que mil palabras, por ese motivo e mais porque onte foi o dia do San Caralampio fixen outro blog para meter as fotos e os videos do que foi mais ou menos a xornada de onte.
A direccion e: anosafesta.blogspot.com.
16 videos e 200 fotos agardan por vos.

sexta-feira, setembro 07, 2007

FIN DE SEMANA, BONITO, BONITO...
Chega un fin de semana precioso. Bon tempo -xa de mais-, derby Cire-Toques o sabado, e a festa das festas o domingo -San Caralampio-.
Are you ready?
Para abrir boca hoxe no Gatos, concerto de Capitan Furillo, ex-Caiman do Rio Tea.
Mañan derby futbolistico, con Josu -xogador do Toques- e Peke -do Cire-, de protagonistas. Amiguiños si pero a vaquiña polo que vale e o domingo A Nosa Festa outro ano mais organizada por ese persoeiro que lle chaman Barullo.
Concurso de debuxo "Alberte Lafuente" e concurso de tiro a lata con escopetas de pau para os mais novos, pementos, mexilons e cachelos nas pallas, charangas a discreccion, Festicultores, orquestra das que hai,traca, sorteo do carneiro e fin de festa ghaiteiro daran para moito asi que ....Collede aire e lume!!!!!!

quarta-feira, setembro 05, 2007

"CANTA CLARO..."

Despois do do tipo do formigon, do da "braña", de "cañita" etc etc non podia pasar mais tempo sen poñervos o clasico do "CANTA CLARO" ou o tamen chamado "..ME FENDIO LA AMOTO EN SIEN MIL PEDASOS" .
Tratase dunha entrevista de Luis Rial nos primeiros 90 a dous señores maiores que presenciaron ou tiveron un altercado.
Actores prinsipales:
O paisano ( escrito en letra normal)
A muller do paisano (escrito en negrita)
Luis Rial, xornalista da Radio Galega (en cursiva)

-Rompendoma na porta... e eu abrindo na porta e serrandoa, e o tipo coa navalla cara a min a sincuenta sentimetros.E lojo despois arrimouma a vinte sentimetros.Pero eu coa tranca puideno botar un pouko pa tras pero non lle dei.E despois a miña muller levouno cunha horquilla hasta o tractore ,e el colleu a macheta e sacoulle a horquilla a miña muller e veu hasta aqui e rompiulle a moto toda ao tipo. A Manuel barca dominques ... rompeulle a moto toda, que non ten xeito de ningunha clas.E dentonses ai de momento entrou pa dentro e dixolle a Manuel barca dominques voute matar q érelo... ESCOITA!! ¡¡Ahora falo eu e despois falas ti!! dixolle a manuel barca domingues aghora voute fender ca macheta. E manuel barca domingues tiña ...a tranca na man e foi cando lle arreou coa tranca na cabesa A un pau e dese pau morreu... e eu acabei de declarar que non vin mais outra cousa...

- Foi no momento (creo q di)

-no momento ,n!, marchou vivo pa santiajo, perdon marchou vivo dando nos nervios, pero el desancrado de todo case..

-A ver señora, vostede non sei que queria decir....

-Eu dijo que fun atrás del cunha horquilla e el ensima de min "te quemo ,te quemo ,te quemo ,te quemo". Asercandose al tractore ajarrou unha machada e ensima de min "te quemo y te labro" , con la mano y con la otra y con las piernas me daba unas ostias que me pasaban por riba de la cabesa.Asercandome a la puerta me dijo: "te fendo de arriba abajo", pero en ves de fenderme a mi fendio la moto. Acabo de fender la moto y dio la media vuelta e xa se botou a manuel barca dominques.

-¡Que che dixo mais, canta claro! Esa rapasa non ten nada que ver ahi, canta claro! canta claro o que che dixo!

-Dixo que me fendia la cona en sien mil pedasos .

-Hai que hablar claro!! las cosas son claras que no quiero nin hablar contra uno ni contra otro

-Dijo que me fendia que me fendia que me fendia, y que lo teniamos que conoser q alli nadie lo conosia. Pero eran voses que no eran de este mundo.

- Vd que Cre que estaba baixo os efectos do alcol?

-Aver, eu non sei, non sei si tiña alcol ou si non o tiña... eu se tiña alcol non o sei.Eu o q sei é q esas voses eran demasiado ...alteriadas.

-(...)

-Era unha altura de un metro sasenta e pico... un home tipico, un home... de hai cuestion de 5 años inda se via, antes era un hombre bueno como otro cualkiera. Pero hai cuestion de 5 años para aqui estaba la cosa fuera de si . Se metia con todos los que habia , del auntamiento sin ser del auntamiento tanto (aki cortase...) Le rompio el coche a la polisia con la cabesa y con las patas y un hombre le dijo ...¡¡fuera usted q ya termino! y ami me justifico seis adjetivos, seis adjetivos en la puerta rompidos.

-É certo que nun bar de Santiago este señor rompiu o mostrador cunha serra?

-Es verdad todo eso, es verdad todo eso ... con la maquina motoserra ... !!y lojo que es!! é verda eso ,eso fue en santiajo. Este hombre tambien en brembibi coguio a manuel barca dominques y lo jindó en la carretera en la asera y lo queria matar y grasias a 3 tipos de Antecruses que le salvaron la vida a manuel barca dominques que sino el sacaba la navaja para matarlo.y esos 3 tipos de antecruses o de anxeris, non sei de onde son, creo q son de antecruses le salvaron la vida a este señor.
Yo lo declaro porque lo he oido....

Bueno, e esto ven sendo a famosa jrabasion esa, ala, estaredes contentos xa?

SACADO DO BLOG: http://cachote.spaces.live.com/blog/cns!7CD071F0E9493686!1292.entry
VANTROI EN MELIDE

Este xoves a banda de rock combativo mexicana VANTROI, chega a Melide dende Mexico DF e visitan por segunda vez a mitiquisima reserva india do Nani, con eles viran outra banda azteca. Non podedes perder o adianto do proximo disco de Vantroi no pub Gatos. Viva mexico ..........¡¡¡¡¡

terça-feira, agosto 28, 2007

PARIS DE NOIA Vs PANORAMA. SAN ROQUE 07. MELIDE.
Reportaxe do programa "A revista" da televisión de Galicia, emitido o 25 de agosto de 2007, sobre as relacións entre os compoñentes e fans de duas das orquestras máis coñecidas de Galicia, que coincidiron no mesmo día nas festas de Melide.
PREGONEIRO DO XXV ANIVERSARIO DA FESTA DOS BOTES, ARZUA 07.
No comment:

A este publico divino tesoro
ya sabeis eh aqui en arzua
pueblo maravilloso devino tesoro.
Y tambien voy a dicir :
"Terra do queixiño" especialida en arzua
Prencipal vino ribeiriño y tambien hay cafiterias de lujo, e aqui en este pueblo de arzua.
ya sabeis el ayutamiento tambien tiene que ayuda a esta fiesta que se lo merece cariñosamente.
Hay que dicir la cosa pa que vaya bien parriba, no pa bajo parriba siempre.
Ya sabeis aqui hay muchas cosas en Arzua que no se pueden descubri porque tambien
puede haber especialida sobre todo cuando hace tortilla con cebolla y pirijil . ;
y hay otras cosas mas de las empanadas gallega que a vece hacen pero empanada especialida de anduriñas
ya saben el curso deste pueblo maravilloso porque se lo merece en toda España, la provincia gallega
y el que no quiera dicir galleguiño que diga galleguiña, es igual.

sexta-feira, agosto 24, 2007

VAN MARCHANDO OS DE "BILBAO" E O POBO VOLTA (+ ou -) A NORMALIDADE.
Xa andamos por aqui outra vez ,despois de superar as festas sanroqueñas seguimos pelexando con este mesiño de agosto e ainda quedan moitas cousas por facer e ver:
mañan sabado dentro da programacion cultural do Xacobeo, "Vai de Camiño" as 23.00 recalaran en Melide os vigueses HIGHSIERRAS coa sua musica amplamente influenciada dende o rock sureño ata os sonidos mais ramoniano.
A iso das 00.15 / 00.30, e para completar o concerto, tocaralle o turno os lucenses de Holywater. Sera unha velada de rock feito no pais pero cantado na linguaxe shakesperiana.
No eido deportivo escomenzou onte o campionato de Futbol 7 que conta con tres categorias, infantis, cadetes e seniors. Preto dunha trintena de equipos anotaronse neste novedoso formato inventado para que os rapaciños mais novos deran os seus primeiros pasos no deporte rei.
Onte xuntouse moita xente no Campo de futbol municipal e ainda que non e a febre do futbol sala de Agosto (que congregaba moita xente na Martagona) estivo bastante ben.
Hoxe prosigue cos partidos da primeira fase que rematara maña pola tarde. A noite disputaranse os cuartos e o domingo seran as semifinais, finais e entrega de trofeos.
Non podemos esquecernos do motor xa que mañan Ferreiro volta a competicion na sua "segunda" casa para disputar o Rally de Ferrol valedoiro para o Nacional e no que non vai estar so na sua categoria senon que desta volta si vai ter rivais de peso, entre eles o seu director deportivo Javier Anido. Deixovos esta nova que saiu en rallyeweb.com:

Por fin Jesús Ferreiro y Roberto Lorenzo tendrán rivales de altura en la última cita del Campeonato de España de rallyes que se disputará en Galicia el próximo sábado en las carreteras cercanas a Ferrol. Y es que en la categoría de Históricos en la que compite el equipo patrocinado por la DEPUTACIÓN DA CORUÑA y TURGALICIA habrá en esta ocasión cinco vehículos, entre los que se incluye el Ford Escort MKII del piloto de Melide.

Jesús Ferreiro dice que “Era algo por lo que veníamos luchando a lo largo de la temporada, que se unieran más coches para que así las carreras sean más bonitas y emocionantes. En Ferrol se sumará a nosotros mi amigo Javier Anido, estando también presentes dos vehículos similares al mío de un piloto vasco y otro portugués, además de contar con el Kadett de otro piloto catalán. Creo que el público va a disfrutar muchísimo ya que bien el objetivo es intentar conseguir la victoria procuraremos ofrecer espectáculo”.

Jesús Ferreiro y Roberto Lorenzo llevarán el dorsal 28 en su Ford Escort MKII para afrontar un complicado Rallye de Ferrol con diez tramos cronometrados, que totalizarán 160,36 km de los 505,36 que componen la prueba.

Seguindo co motor os amigos do tunning non poden perderse unha das citas pioneiras mais clasicas na arte de personalizar vehiculos: a concentracion do KAPYTAL TUNNING DE MELIDE que se celebrara maña sabado e pasado domingo no Pazo de Exposicions e Congresos de Melide (antiga feira)
Buscando pola rede atopei esta informacion da man de Patry:
Hola, somos el club Kapytal Tuning Melide, y mi nombre es Patry,la nueva presidenta del cluel primer club 1º nacido en Galicia,el 1º en ser reg.en ministerio de ciencia y technol.El 1º en realizar una concentracion en el noroeste de España,el 5º fundado en España,de los mas de 500 clubes que ahora hay,etc etc..y las 10 concentraciones,las hemos llevedo a cabo con la misms ilusión y empeño que la primera,el trabajo de muchas personas,y la poca preocupación y ayuda del Ayuntamiento,aunque saben la espectación que conlleva un evento de estas caraterísticas.
Este año vamos a por la 11º edicion que será a finales del mes de Agosto,los dias 25 y 26.

Quedais todos invitados y sereis muy bien acogidos en estas tierras gallegas.
Tengo el gusto de informaros que la 11º concentración KYM queda fijada para los dias 25y26 de Agosto, en el recinto de exposiciones de Melide,centro geográfico de Galicia.


Contaremos con las siguientes pruebas:
-SONIDO SPL
-SONIDO CALIDAD
-TUNING EXTERIOR : (y ademas)
MEJOR AEROGRAFÍA
MEJOR PINTURA
LLANTA MAS GRANDE
LLANTA MÁS PEQUEÑA
COCHE MÁS ANCHO
COCHE MÁS BAJO
ALERÓN MÁS ESPECTACULAR
-TUNING INTERIOR: (y además)
INSTALACIÓN MULTIMEDIA
TOP MALETERO
-CLUB MÁS LEJANO
-CLUB MÁS NUMEROSO
-TUNERO DE MÁS EDAD
-TUNING CASERO
-TUNING DE MÁS CABALLOS
-COCHE MÁS NOTAS
-COCHE MÁS ELEGANTE
-JAPAN STILE
las pruebas exteriores:
-ESCAPE MÁS RUIDOSO
-MEJOR CORTE ENCENDIDO
-TROMPO MÁS ESPECTACULAR
-QUEMADA DE RUEDA
iluminación:-CARD SHOW
-MAQETUNING
y -TOP CHAMPIÓN
(El Club KTM se guarda el derecho de aumentar posibles pruebas)
El precio de la inscripción será de 20euros por coche(también va incluido acompañante,jaja)
La entrada al público aún no está fijada del todo,pero no pasará de los 5 euros el findesemana.
Este año contaremos con exiviciones,stands,lavacoches y como no, de nuestras quapísimas azafatas.
Más adelante enviaré la programación del finde semana.
Un saludo.e-mail:www.patryktm@yahoo.es
PATRY

NO APARTADO DE FESTAS NON CABE DUBIDA QUE A FESTA ESTE FIN DE SEMANA ESTA EN SANTISO , XA QUE EN VISANTOÑA CELBRARAN O DOMINGO NO PAZO DE VILAR DE FERREIROS O 130 ANIVERSAIO DUNHA DAS BANDAS POPULARES MAIS ANTIGAS DE GALICIA, SENON O E XA, NORABOA A ESTA INSTITUCION DA COMARCA E MOITOS ANOS MAIS LLE QUEDAN¡¡¡
O SABADO COMO E TRADICIONAL A CORNELLA VISTESE DE GALA PARA ACOLLER UN ANO MAIS A FESTA DO RIO.
E PARA REMATAR O MES QUE MELLOR QUE VOLTAR DE NOVO A VISANTOÑA (terra equidistante onde as haxa, ese cruce dos oito Melide-Arzua) PARA SABOREAR OS SEUS COÑECIDOS CALDEIROS E GOZAR DA MUSICA DE PACHANGA DAS ORQUESTRAS:, MARTES 28, SINTONIA DE VIGO E TEKILA E MERCORES 29, OLYMPUS E PANORAMA.

sábado, agosto 11, 2007

1977-2007.


Hoxe puiden ollar o "Libro" das Festas deste ano e veúseme a cabeza uns vellos exemplares que había pola casa de tempos onde eu aína non nacera. O que vos amoso hoxe é un do ano 1977 (polo tanto fai agora trinta anos). Coido que foi un dos primeiros que se fixeron para axudar a financiar as festas con publicidade das empresas locais.
Está editado pola extinta imprenta melidá O´Cuco con fotos de Adolfo e Broz, e con textos do propio Broz.
Na ilustración da portada podemos degullar xa o seguinte: a dereita do debuxo vemos unha grúa de construcción que parece querer atentar coa torre do Convento, ó seu carón un hórreo, debaixo a ponte de Furelos, cun bombo (coa lenda San Roque 77)no arco central, e un carro no da súa dereita, unha lebre e cartuchos, troitas e cesto, pan, queixo, viño, vacas, melindres, zocos, gaitas, foguetes no ceo e o sol.
Sen dúbida un resumo perfecto da realiadade do pobo de finais dos 70, os gandeiros e labradores (base da pirámide), o incipiente séctor da construcción, ás tradicións, o patrimonio histórico cultural, o ocio (caza e pesca) e como non o sol radiante de Agosto que estamos de festa¡¡¡



Abrimos o caderno e atopamonos co Saúdo do alcalde, D.Xavier Rodríguez Pampín que como é tradicional da a benvida a tódolos forasteiros, louva a comisión (daquela as festas facíanse por gremios), agradece e da a noraboa a X.M.Broz por compoñer o libro, e remata saudando de corazón "o meu pobo, os forasteiros, e , de un xeito especial a todos aqueles que colabouraron pra facer realidade un ano mais as nosas festas o Glorioso San Roque"
Séguelle o da Comisión que ese ano era o do ramo do automóvil. Empeza, a comisión, recordando que dende sempre, teñen sona de boas (as do seu gremio) polos seus programas, bandas de primeira categoría, orquestas moi afinadas, fogos.....e todo o que cómpre a unha festa como o San Roque de Melide.
Empregan o humor e comentan: -Queremos que a ledicia das festa vaia sobre rodas.
-Que dean ben as curvas as notas musicales. -e cheguaremos o cabo do San Roque sin averia. (...)
Seguimos e vemos unha foto do interior da igrexa de Santa María e unha explicación das pinturas. Despois un plano de Melide a escala 1:500. Seguimos pasando follas e hai unha que me chamou tremendamente a atención, titulase o artigo FALANDO CON NÚMEROS e moi interesante para ver os cambios que se produxeron de fai trinta anos para acó:
MELIDE é -unha terra a 470 m de outura sobre o rente do mar (sempre crin que superabamos os cincocentas pero na páxina do Concello aínda nos dan menos, 434 m9
-Un concello con 26 parroquias
-en 98 km2 (hoxendía conta con 101, km2, ferrado arriba ferrado abaixo)
-con 8.216 poboadores, 3.946 son homes, 4.266 son mulleres.
Datos do Ine do 2006, 7.931 en total, 3.873 machos,4.058 femias.
-Circulan polas 5 carreteras e pistas da bisbarra
512 turismos, 62 furgonetas, 19 omnibús, 97 camiós.
Non teño datos do parque móvil actual pero os 512 turismos pasaron a historia...
-e aran as suas terras
90 trautores
-e segan a herba
96 motosegadoras
-moven a terra
3 paleadoras (cantas ten Leonardo xa el só)
-é pódense alugar
14 taxis (esto coido que está igual, e incluso seguro que traballaban mais daquela que hoxe)
-unha vila que ten 493 telétonos. (hoxe con móviles e fixos a saber que cifra rondamos)
-fíxeronse
153 km. de pistas pola axuda económica e teúnica da Extensión Agraria e a man de obra dos veciños.
-hai 6 circuitos de recollida de leite e xúntase tódolos días 6.500 litros (cifra irrisoria hoxendía)
-hai na bisbarra
25 granxas de vacas, de tipo familiar, de 10 a 25 cabezas. (hoxe hai mais de 400)
28 de porcos
1 de galiñas
1 de coellos
etc etc. Podedes contrastar os datos picando aquí.
Remata cun poema. -un pobo que ten de todo...
Bon pan con viño do ribeiro
e os enxebres melindres
co manteigoso queixo.
Boas feiras de gando,
vacas, porcos e becerros,
no mes, o domingo derradeiro.
Coello e perdiz no Bocelo
e troita no Furelos.
Ferro, ladrillo e cemento.
Aguga, frío e vento
fillo que voltar a terra,
e terra que levamos dentro.
Sempre o esprito xoven
pra loita
e erguerse cedo. X.M. Broz Rei.

Continua o boletín Antonio G. Mourelle que nos fala do Museo Parroquia, seguido dun mapa de castros e mámoas da bisbarra de Melide, continua cun emocionado repaso a historia e o presente do pobo titulado "Desde o Castelo vese Melide", tentareivolo poñer dentro duns días (con mais tempo) pero deixovos o remate. "Xa estoupan no ar os foguetes. O pobo está cheo de fillos que voltaron. O San Roque non é soio unha festa, o San Roque é o voltar a terra, e respetemos o antergo, traballar a realidade de agora e loitemos polo Melide do futuro, o que todos desexamos e levamos dentro".
Ahi queda eso.
E chegamos xa a metade do libro onde está o Programa das Festas.
Luns 15/8/1977. Pasacalles Froito Novo, xigantes e cabezudos (que foi deles), Tiro o prato (moita afección che había a pontería)
serán: Estreo e alcendido do artístico alumeado. Froito Novo de Melide.
Martes 16. Banda de Arcade, Froito, novo, misa, procesion, fogos, concertos da banda e a noite Gran verbena coa Florida de Pontevedra, Lembranza de Pontevedrae na praza do convento concerto da música de Arcade e a 1.00 sesión de fogos de artifcio. Artisticas rodas.
Mércores 17. Banda Artística de Celanova, Froiot Novo. Misa cantada, procesión. Serán ás 18.00 h. Fútbol. concerto da banda e verbena a partir das 10 co Bellas Farto de Ferrol e Serenade de Valencia (conjunto atracción). Ä 1.00 Fotos de artificio.
Xoves 18. Banda Artística de Merza, Frtoito Novo, misa e procesión, concerto, ás 18.00 fútbol, concerto da música de Merza e ás 10.00 Verbena con Los Chicos del Jazz de Pontevedra e Serenade de Valenceia.
Venres 19. Romería enxebre na beira do río Furelos. Xantar. Froito Novo.
Sábado 20. Frotio Novo. Xigantes e cabezudos. e ás 10.00 verbena con Sintonía de Vigo e a orquestra Nueva Estrella de Melide.
Desexemos que o programa das festas seia do seu agrado e pasen boas festas
. A comisión.
Seguimos pasando follas e Broz fainos agora un precioso relato do que era unha mañán de Domingo daqueles tempos. Non cambiaron tanto as cousas. A praza, a feira, o releo, os tendillos etc etc.
Continua cun debuxo precioso titulado "Lembranza de San Pedro"
Mais adiante atopamos unha guía do viaxeiro onde nos indica lugares de interese das bisbarras do interior (con debuxo maxistral incluído). A Capela, Mámoa da Moruxosa (daquela aína non a denominaba Forno dos Mouros), a Fortaleza de Narla, Sobrado dos Monxes, Santa María de Mezonzo, a Ponte Vella de Furelos, Leboreiro, Castelo de Pambre, Vilar de Donas, Castro de San Cosme, Richinol, Santa María e o Pazo de Vilar de Ferreiros (hoxe salón de banquetes) son os lugares recomendados nesta imprescindible viaxe polas marabillas do interior do país.
Unha foto de Adolfo dende o Estilo e unha dende o Castelo pechan o libro.
Non quero esquecerme do poema "Melide" de Broz:
Nada se perde en ningún sitio,
nada se alcontra en ningún lugar,
que todo ven de dentro,
desde dentro.

ésta é a miña xente e o meu lugar.

eu nacin aquí, ésta xente conóceme desde que nacín.
éstes son os que eu trato e vexo tódolos días.
un día falarán de min e percuran a miña compañía.
O contar cántos son, tamén me contan a min.

ésta é a miña xente, xente onde eu nacín.

Do outro a ésta hai un mundo,
son aquél e èse as miñas fronteiras.

o meu terreo finado polo veciño terreo.
por eso,
esta é a miña xente,
que eu sofrin tantas veces
cántas me sofriron a min.
éste é o meu lugar.
fincado con fé nesta terra,
non hai mais ceo nin mais xente,
nin mais fogar nin corazón,
que eu nacín aquí
parido por nai de terra
e hastra que a terra me leve,
de MELIDE, eu son.
Xosé Manuel Broz.

A publicidade (feito polo que se fixo o libro) agudiza a memoria e trae moitas lembranzas e añoranzas de comercios e empresas que xa non existen e tamén asevera a solera de negocios que aínda hoxe seguen traballando no noso pobo.
Aqui vos deixo a relación:
Mesón Parrillada Pilmar, Piroctenica Golpe (Guisamo, agora nesa localidade dedicanse a outros foguetes), Droguería Stop, Mare-Nostrum seguros, Bar Musical-Orquesta Nueva estrella, Carpintería Vilasuso, Comerical Torneiro-Lugo, Electricidad Nartiño-Edesa, La "Sud América" seguros, Sastreía Lito, Satrería Asorey, Blan-Gar, Quenosa, Libreria Ricardo Parrado Abeijón, Autos San-Fernando, Auto escola Marte, Panaderia Tahona, Cosntruccións Novo, Banco del Noroeste, Mercería Alfonso, Transportes Gallegos, Suso Aceiteiro, Representaciones artísticas Manuel Rodríguez, Calzados Broz, Café Avenida (o do cantón de san roque), Ferretería Porto, Autos Valiño, Garaxe Benito, Rodríguez Rolán, Viños Alongos, Cafetería Marta, Unión popular de Seguros, Construccións Horacio Blanco, Contruccions Martínez (Palas, aínda non estaba con Cordido), Colegio Padres Pasionistas, Banco Pastor, Cafetería Cire, Casa das Luces, Cafetería Estilo, Gaseosa Revoltosa, Piensos Iganasa (Casa Elisa do Aceiteiro), Banco de Bilbao, Bar Alongos, Citröen-J.Blanco, Donuts, Autocares Mosquerea, Calzados "Confianza" Talleres "Ángel Sánchez" e Parrrillada "Moncho" (na granxa, barrio de Don Vicente).
A publicidade mais "profesional" sría a de Quenosa, unha cooperativa que se formara daquelas que producía un queixo de calidade na fábrica do Folicheiro.
Quenosa, unha empresa que é nosa. ;)
SAN ROQUE 2007.
En plena ebullición festeira no país, hoxe son os Botes en Arúa (25 aniversario). Se queredes saber alo mais sobre este acontecemnto e a sua historia picade neste enlace que vos poño dos Netos de Arzúa, hoxe son festas en Vila de Cruces, hoxe hai festival folk en Antas de Ulla , onte en Palas a Festa da Xuventude, para ó próximo sábado 18 a Festa da Troita en Sobrado, con Loquillo, Transportes Hernández y Sanjurjo etc etc, o sábado tamén o mítico San Queremos en Vilantime etc; pois como dicía en plena apoteose lúdica-erótico -festiva póñovos a continuación o programa das tradicionais Festas do San Roque (as de mais sona na cerne de Galicia) e que se poderían resumir como as mellores orquestras, as mellores bandas de música, os mellores gaiteiros, o mellor "rock feito na casa", a mellor "orquestra folk", unha das mellores orquestras sinfónicas do país, os mellores títeres, oito días de festa, etc etc pero así é todo a min fáltame unha actuación (como a de Muchachito o ano pasado) que poña a nota de cor e o punto de orixinalidade na festa. Non sei vos que pensades?.


Martes 14 Agosto
22:00

Actuación no Cantón de San Roque:
Trio Son Tres (Música tradicional cubana)

24:00

Actuación no Cantón de San Roque:
Festival Pop – Rock: “Feito na casa”
Relevancia 0
Alteración del Orden
Porka Miseria



Mércores 15 Agosto
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Froito Novo” de Melide
20:00

Títeres na Praza do Convento:
Tres Globos, obra: “Pedro e o lobo”

23:00

Actuación no Cantón de San Roque:
Concerto- presentación do musical galego “GALLAECIA”a cargo de:
ORQUESTRA SINFÓNICA DE MELIDE
Dirixida por: FERNANDO VÁZQUEZ ARIAS


Xoves 16 Agosto
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Axóuxere” de Melide
11:30 Pasarrúas a cargo de:
Banda Artística de Merza
13:00 Misa solemne na Igrexa Parroquial e de seguido procesión e traslado de San Roque á Capela do Santo, acompañado pola banda de música e o grupo de gaitas.
14:00 Concerto no Cantón de San Roque a cargo da citada banda de música.
19:00

Teatro na Praza do Convento:
FAS – QUE – FAS
20:30

Actuación na Igrexa Parroquial de:
Coral Polifónica de Melide

23:00

Concerto na Praza do Convento a cargo de:
Banda Artística de Merza

23:30

Orquestra LA BAMBOLA
Orquestra EL COMBO DOMINICANO

Venres 17 agosto
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “O Castelo” de Melide.
11:30 Pasarrúas a cargo de:
Agrupación Musical de O Rosal
13:00 Misa solemne na Capela de San Roque.
14:00 Concerto no Cantón de San Roque a cargo da citada banda de música.
19:00

Teatro na Praza do Convento:
SAPRISTI

23:30

Concerto na Praza do Convento a cargo de:
Agrupación Musical de O Rosal

23:30 Verbena con:
Orquestra GALILEA
Orquestra XENTE NOVA

Sábado 18 Agosto
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Os Melidaos”.
11:30 Pasarrúas a cargo de:
Banda Municipal de Melide
14:00 Concerto no Cantón de San Roque a cargo da citada banda de música.
23:00 Concerto na praza do convento a cargo de:
Banda Municipal de Melide.
Banda Isabel II de Touro.
23:30

Verbena con:
Orquestra GRAN PARADA
Orquestra CINEMA


Domingo 19 Agosto (Día do río)
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00 Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Tremedeiras”.
14:00

Concerto no Cantón de San Roque:
Banda de Música Sementeira

19:00

Teatro na Praza do Convento: EQUUS
20:30

Actuación na Praza das Coles:
O SHOW DOS PALLASOS

23:00

Concerto na Praza do Convento a cargo de:
Banda de Música de As Pontes.

23:30

Orquestra TELEVISIÓN DE GALICIA Orquestra SINTONÍA DE VIGO



Luns 20 Agosto ( Día do neno)
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
12:00

Nas Prazas do Convento, Coles, Pozo Pequeno e Ichoas:
XOGOS POPULARES

16:00

No Pazo de Congresos:
Xogos e moita diversión:
Hinchable casa pelotas
Hinchable delfín
Tobogán saltarín
Castelo fantasía
Pista americana
Tiro a porta
Futbolín
Toro mecánico
Karts
Karaoke
22:00

Actuación na Praza das Coles:
“O Mago Romarís”

22:30

Concerto na Praza do Convento a cargo de:
SON DE SEU

23:30

Verbena con:
Orquestra OLIMPUS
Orquestra FANIA BLANCO SHOW

Martes 21 Agosto
10:00 Dianas e alboradas con disparo de bombas de palenque.
11:00

Pasarrúas a cargo de:
Grupo de Gaitas “Bico da Balouta”.

12:00

Nas Prazas do Convento, Coles, Pozo Pequeno e Ichoas:
XOGOS POPULARES
1º Campionato de tira pedras.
20:00

Teatro na Praza do Convento:
BARTOLETA TEATRO

23:30

Verbena con:
Orquestra PARIS DE NOIA
Orquestra PANORAMA

A parte disto o Cire organiza o Trofeo do San Roque cos seguintes partidos de fútbol:
comezarán todos ás 19:30 hora, agás o do día 16 que será ás 19.00 h.
- O día 15 os cadetes xogarán contra a S.D. Chantada.
- O día 16 os seniors xogarán contra a S.D.Cidade de Santiago (3ª División).
- O día 17 os seniors volven a xogar, esta vez contra o Boimorto C.F.
- O día 18 os xuvenís xogan contra a E.D.A.Arzúa.
- O día 19 os veteranos mediranse os veteranos de Arzúa.
- O día 20 os infantís xogarán contra os rapaces do Palas C.F.

quarta-feira, agosto 08, 2007

I TORNEO FÚTBOL 7."CONCELLO DE MELIDE"
Vou suspender a inactividade cibernética por un intre. Como sabedes case todos e se non cóntovolo eu, este ano non se pode celebrar o tradicional Torneo de Fútbol Sala de Agosto. O pavillón aínda non vai estar a tempo para esta cita e o Cire de Melide decidiu organizar un de Fútbol 7 a semana despois do San Roque. Aquí vos deixo o cartel anunciador, non faltedes e apuntádevos que xogar no Campo Municipal da carretera da Golada é unha delicia.

quinta-feira, agosto 02, 2007


Como ben vedes xa fai unhos días que esto anda parado. Á falta de tempo súmase agora unha pequena lesíon na man dereita que aínda que non me impide escribir (senón non estaríades lendo isto) molestame un pouco así que decidin coller unhas vacacións ata nova orde (unhos días nada mais..) e así desconectar do rollo blogonauta.
Este mes está cheo de actos de toda índole no noso pobo. Na páxina da Agrupación Castelo tedes unha axenda con completa información sobor do que pasa estes días por Melide e arredores.
Concertos do 600 e do gatos, actividades do concello, concerto de rock "feito na casa", festas do sanroque, campionatos de fútbol (no San Roque e despois o de Fútbol 7) etc etc fan deste mes un rebuldeiro de cousas que hai que aproveitar.
ESte fin de semana, FESTIVAL DE PARDIÑAS, para a semana FESTA DOS BOTES en Arzúa, para a seguinte a FESTA DA TROITA DE SOBRADO (con Loquillo...), SAN QUEREMOS EN VILANTIME e moitas, moitas cousas mais que se me escapan.
As fotos corresponden unha a Gerhard Rodax, un austríaco que fichara o atletico madrid no 1990 como gran promesa e resultou ser un fiasco. Acordome del de telo nos cromos e de verlle algun partido, o tema é que sempre xogaba coa muñeca vendada e estos días ándolle imitando un chisco; e a outra, segundo me comenta meu veciño Juan , e a dun xogador da súa época que tamén lozía venda na man, Eugenio Leal, internacional roxibramco O dito saúde e vémonos nas festas........