Xa chega a sexaxésima edición da Nosa Festa.
Alá polo ano 1946, en plena posguerra, o médico compostelano Alberte de la Fuente xunto cos melidaos Fondevila e Suso do Pelos armaron o que sería a primeira edición do Caralampio. Para moitos o patrón dos borrachos. A festa non foi unha invención deles senón que tiña como referente a que se celebraba en Santiago baixo o mesmo nome, en Marín tamén o celebran. De la Fuente sen dúbida foi o artífice xa que era picheleiro. Os primeiros anos celebrabase no lugar coñecido aínda hoxe como O Cruceiro a carón da taberna de Pelos. Segundo conta Mingos de Pita no
Cernea ver si suben agosto e setembro a edición dixital- deste mes no ano 1971, un dos carteis humorísticos rezaba, "25 anos de Sol no Caralampio", o tempo respetaba a festa.

Os carteis humorísticos ala polos 70 eran unha fiestra aberta a creatividade, a ironiía, ó realismo social etc etc. Eu tiven a oportunidade de ver algún deles na exposición que se fixera nen 1996 con motivo do quincuasexímo aniversario.
Unha grande grua enriba da igrexa parroquial e encabezando o debuxo o texto "Melide paradiso da construcción", a pe de praza dous paisanos pregútabanse se o parroco estaba dacordo. Coido que o debuxo era de X.M.Broz, todo un mestre de mestres.
Tamén por eses anos a festa recaeu en maus de xente mais nova (daquela, :)), que tamén lle duron pulo entre outras cousas ó Antroido. O noso recoñecemento para eles, aqui sen dúbida e cando nace a Banda do Peto (con ese gran director que foi Ramonciño), os pementos, os cachelos nas pallas, o concurso de debuxo "Alberte LAfuente", etc. Coido que o "Tiro a lata con escopetas de pau" no pozo pequeno xa ven algo mais de vello. Quen vos pode contar isto con detalle é o propio Mingos, sen dúbida cronista "extraoficial" da nosa vila.
O dos carteis humorísticos perdeuse, non así o debuxo, o concurso de tiro ou a gastronomía xa referida (Manolo Parrado aínda pon o jorro).
Pero últimamente, mais ou menos dende o ano 90, a festa mudou case 100 x 100 masa 100 x 100. "Enrollarse con la peña" é o que se leva, camiseta branca, pañoleta, rotuladores, jorros de palla, e viño por riba, masa na teño.
Non vou enxuizar esta conducta da xente, parceme que os tempos cambian.
Pero é unha mágoa que todas as grandes festas desta índole cada día se parezan mais entre elas, preguntándote as veces onde estas. Falo da Saínza en Ourense, do Berro Seco na Costa da Morte, os Caneiros en Betanzos, o Naseiro en Viveiro ou a subida a Santa Tegra no sur do país.
Un dos "eslogans" ou "frase para o recordo" daquel Maio do 68 parisino era "Prohibido, prohibir", eu dende logo non lle vou prohibir a nadie nada, San Caralampio me libre. Pero un consello vouno dar, cecais un pouco retrogrado de mais, por favor deixade as pistolitas de plástico na casa, oh. E levade unha boa bota de viño" Se cae alghún por fora non pasou nada pero tampouco o tiredes en plan industrial, meus. Ou si, dicia o proprio Parrado, que o Caralampio é como o Antroido transgresión pura e xornadas de liberdade a eito. Pois eso que cada can lamba o seu.....
Este ano contaremos, gracias a X.Prado-Barullo- presidente da Comisión(o que firma os papeis) e a súa comisión (Malloca, Lalo, Mellid, Peque, Pedro ...etc etc)coas actuacións das charangas "Tíralle do Aire" que repiten. "Os amigos de Visantoña" estes non repiten cuatripiten polo menos, son de Visantoña e xonga cuase que na casa e a percusión malvada de "Tró-pi-co de Gre-los" dende Allariz.
Pola noite, os Festicultores Trouppe co seu espectáculo rumaníacos, tocando a ras de chan como mandan os cánones zingaros, non volo perdades e a Orquesta Azalea, unha orquesta media que xa deu moito que falar debido o alto grado de sensualidade e cumbia que desprende a foto do seu cartel que xa anda colgada pola zona de viños.
Escoitanse comentarios irreproducibles neste blog inmaculado.
Andade cos ollos ben aberto, non pola traca que tamén, senón porque cando rematen os festicultores e previo paso a orquestra un grupo de rockandroll actuará de xeito clandestino. O dito disfrutade neniños que isto acabaseeeeeeeeee.