Meu amigo Carlos Segade Puncho mandoume estas fotos para proseguir con esta colección de fotos antigas do deporte melidense. Neste caso trátase dunhas imaxes tiradas no transcurso nunha cea de celebración (no Restaurante El Molino) do equipo, por aquela federado en Primeira Autonómica, Comercial Ares "Terra de Melide".
Non recordo ben o ano pero calculo que a mediados dos 90 Ares disputou unha final do campionato de agosto de fútbol sala contra o todopoderoso Cafetería Cristal, formado por xogadores de moito nivel provintes da Coruña e do Egasa Chastón (Bituco, o sobriño etc etc).
Aquela final será recordada polo "atraco" arbitral que sufriu Ares en beneficio do imbatible Cristal. Fútbol sala de altura no agosto melidao onde as duas gradas do pavillón non chegaban para albergar a toda a xente que acudía as finais.
Dese ano temos estas imaxes na da esquerda vemos de esquerda a dereitea e de pé: Carlos Puncho (co banderín do Egasa), Guiller L.Garabatos, Miguel Prado (adestrador, non é que sexa heavy e que gustalle facer monadas nas fotos), Davicito da Noela e Marquitos Porto.
Anicados: Marcos Tapicero, Toñito Lirio (xogador do senior e segundo adestrador) e Tito García, faltan moitos na foto tanto de grandes como de pequenos pero debía estar bon o churrasco e non saíron a rúa. Na outra foto o patrono do equipo cos xogadores alevís e os trofeos.
Ó ver catro trofeos, suponse que dous corresponden a dous segundos postos e os outros dous a porteiro menos batido e a pichichi.
Como pasa o tempo, como curiosidade na primeira imaxe enriba de Miguel vemos un garaxe moi melidense el , co cartel do vado posto, pero sin ningún tipo de número de licencia escrito. Ou esquecéronse de poñelo ou esta feito a pillería. Tampouco hai que pensar sempre con maldad, ou sí.
1 comentário:
Bendita juventú! Pero a verdade é que se distinguen a tod@s, aínda que foran un nenos inocentes por esas épocas xDD
Enviar um comentário