quinta-feira, fevereiro 15, 2007

O premio de Chago sigue xerando novas para os grandes rotativos galegos. Desta volta volve ser o líder, www.lavozdegalicia.es , quen se fai eco do recente galardón do melidao. Se eu vivira na Rúa de Ovedo-en pleno casco vello melidao-,sentiríame aínda mais fachendoso xa que quen lle realiza a entrevista e a sua veciña Natalia Noguerol, corresponsal da Voz por estas terras. Noraboa ós dous por chegares onde estades chegando.
Teño que dicir que foi Vanessa de Santiso quen me mandou o link para publicar esta nova, aproveito a coxuntura para recomendarvos encarecidadmente a súa nova "criatura", trátase do blogue www.alareiradesantiso.blogspot.com , longa vida a esta bitácora que seguro nos vai fascinar e nos vai facer descubrir tesouros que pensabamos perdidos.
Aqui queda ló, a entrevista de Natalia a Chaqui: http://www.lavozdegalicia.es/ed_santiago/noticia.jsp?CAT=123&TEXTO=5548290
«Hai moitos alumnos que non están tendo un borendemento»
Entrevista Santiago Prado Conde
A tese doutoral que este mozo investigador de Melide fixo sobre o entorno social e educativo do instituto da súa comarca natal vén de ser distinguida pola fundación do escritor ourensán.
(Firma: Natalia Noguerol Lugar: melide)
O traballo que Santiago Prado Conde (Melide, 1976) desenvolveu entre o alumnado do IES de Melide valeulle un cum laude pola Universidade Autónoma de Barcelona. Dende a pasada semana, a investigación deste diplomado en Maxisterio e licenciado en Antropoloxía tamén suma o recoñecemento do xurado da edición número doce do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Baixo o título de Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na Terra de Melide, a obra será publicada pola editorial Sotelo Blanco. -Hai un número importante de alumnado que non está obtendo o rendemento académico que todos agardariamos e, polo tanto, hai que preguntarse na educación a que se debe iso. Ademais, hai un grupo de alumnado que ten unhas características singulares sexa pola súa orixe ou pola clase social á que pertencen. -¿Que solucións plantexa? ­­-O primeiro que proporía sería formación para o profesorado no ámbito das ciencias sociais e non só con metodoloxías. É dicir, formación social vinculada á obtención de ferramentas para coñecer a realidade social na que está inmerso un centro educativo. -Foi alumno do instituto de Melide, onde desenvolveu o traballo de campo para a súa tese doutoral. ¿Mudou dende entón o entorno educativo? -Cambios houbo e moi importantes, cando menos a nivel do papel, porque houbo unha nova lei. Houbo un cambio estrutural importantísimo. Agora, tódolos rapaces teñen que estar escolarizados obrigatoriamente ata os 16 anos na educación secundaria cando antes este nivel era optativo. -¿Foi prexudicial? -Todo o contrario. O cambio o primeiro que fixo foi visibilizar unha serie de colectivos na educación secundaria que antes non chegaban a ela. Por exemplo, na Terra de Melide, o colectivo de alumnado procedente do rural que antes da entrada en vigor da LOXSE chegaba á educación secundaria sómente representaba o 30% dos nacidos na comarca. O que non foi positivo é que se reproduce a realidade. É dicir, aquel alumnado que antes non chegaba a cursar secundaria é o mesmo que hoxe peores resultados académicos obtén. É dicir, dáselles acceso, pero non se poñen as condicións para que o seu rendemento académico cambie.

Sem comentários: