quinta-feira, fevereiro 15, 2007

Como vedes na imaxe-flyer de arriba voltan o Gatos os canadio-valencianos www.dazeofdawn.com , un incrible grupazo que fará as delicias dos ouvidos mais esixentes.
Nesta ocasión o vocalista líder Claude (nado na zona francófona de Canadá, no Quebec) trae unha formación radicalmente distinta, aínda que comentou que son mellores que a anterior (mi má, esto promete). Se vos fixades enriba estarán o sábado en Vigo. 5 €, e o domingo en Bueu, 6 €, coma sempre na taberna do Nani de balde. Supoño que se saberá valorar.
O mellor rock na reserva india do Gatos, unha maneira boa de escomenzar o Antroido.
Este concerto está fora da iniciativa "Rede galega de música ao vivo" que promoven as institucións, Igaem, e os locais, Clubtura.
O que si esta dentro deste formato é o que vai haber no 600, tamén o venres, trátase do grupo de Torroso-Mos, The Turres band. - www.turresband.tk - Presentando o seu disco "Aljo hai".
Versións de clásicas bandas sonoras do cinema e da tv a golpe de ska e de ritmos balcánicos.
Vai haber moito "vento" no 600 este venres.

2 comentários:

Anónimo disse...

O sábado Nani deume o papeliño de promoción da "Rede galega de música ao vivo" e o certo é que comprende un montón de locais nun montón de vilas. Alégrome de que haxa iniciativas así. En canto ó grupo, eu non os coñezo, pero Parcero xa me estivo comendo o tarro o outro día de que eran moi bos e que non faltara e o caso é que non sei se poderei estar, que putada!. E que decir do precio! O de Nani é de facerlle un monumento.

Anónimo disse...

Rikiiiiii............Voltan de novo. Pero vexo caras novas!!. Ainda me tremen os recordos o lembrarme do concertazo último desta xente no Gatos, do que xa dimos boa conta na hora amiga. Lembraste? RAPAZAS E RAPACES, por desgracia eu non podo, vos se podedes acercádevos a ver e escoitar este concerto porque paga moito a pena. ie de balde...Manda carallo. Gracias NAni.
BICOS a todos....FIZ