quarta-feira, março 28, 2007

30.000 € para Xesús Ferreiro
Cinco millóns das antigas pesetas vai ser a cantidade que reciba en concepto de subvención da Deputación provincial coruñesa a esudería Melide Motorsport do gran piloto melidao Xesús Ferreiro.
A primeira subvención que recibe Ferreiro en toda a sua carreira que comenzou aló polo ano 1989.
Aqui vos deixo a nota de prensa da Depuación para dar a coñecer a nova:
Ferreiro , tres veces campión galego de rally, participará por primeira vez no campionato de España de Rally de Vehículos Históricos 2007, que comeza o 19 de maio.
Para que isto sexa posible, a Escudería Melide Motorsport contará cunha axuda da Deputación Provincial da Coruña de 30.000 euros, que permitirá ao equipo concorrer a esta proba nas mellores condicións. Este equipo, o único de vehículos históricos quehai na provincia, está formado por nove persoas, entre as que destaca o copiloto de Ferreiro dende hai anos, Roberto Lorenzo Barreiro, un ferrolán de 34 anos.
Con esta subvención, o piloto poderá participar nos Rallies de Cantabria, Rías Baixas, Ourense, Ferrol, Asturias, Llanes, Costa Brava e Madrid e, dependendo dos puntos conseguidos, poderá optar ao título de Campión de España de Rallies Históricos.
Xesús Ferreiro, de 38 anos, debutou en competición en 1989, e nestas 16 temporadas leva disputados 100 probas de rally. Nas competicións, Ferreiro Pérez ten utilizado diversos automóbiles: Volkswagen Polo, Alfa Romeo, Seat 124 especial, ou Peugeot 205 Rally. Foi cun Ford Escort MK II co que conseguiu os campionatos galegos e co que participará no Campionato de España.
Os afeccionados coinciden en destacar que o adxectivo que mellor define o xeito de facer de Ferreiro é o de “espectacular”; unha exhibición de destreza que, nos últimos anos, levou a numeroso público a seguir in situ as súas actuacións en cada proba que disputa. Cómpre lembrar que Xesús Ferreiro foi o primeiro español convidado ao motorshow, unha importante exhibición de vehículos históricos que se celebra, dende hai anos, na cidade portuguesa de Oporto.
A Comisión de Economía da Deputación, celebrada este luns, aprobou esta axuda que permitirá ao piloto melidense cumprir un soño e levar o nome da Coruña por toda España. A deputada melidense, Socorro Cea, portavoz do BNG na Deputación da Coruña, confirmou a nova e declarou que “por fin se fai xustiza cun gran piloto que nunca tivo o apoio económico das institucións, a pesares de ter sido tres veces campión galego con moi poucos medios”. Así mesmo, Socorro Cea manifestou o seu convencemento de que Ferreiro fará un extraordinario papel no campionato de España e demostrará a todos a súa enorme calidade.
A primeira proba do campionato será o Rally de Cantabria, que se celebrará o 19 de maio de 2007. As tres seguintes probas serán en terras galegas: Rally Rías Baixas, o 2 de xuño; Rally de Ourense, o 23 de xuño; e o Rally de Ferrol, o 25 de agosto. Os restantes celebraranse no último trimestre do ano.

3 comentários:

Vítor Vázquez² disse...

Xa te vexo que ultimamente te centras no tema da automoción.
A ver se Ferreiro ten sorte.
Unha aperta Riki :D

Anónimo disse...

oichedes en Palas tamen tedes a luis parrancha que quedou de segundo no rally de lalin. Animo luis

Anónimo disse...

Enhoraboa a Xesus desde Ferrol e toda a sorte do mundo nesta aventura .
Alguien que ten unha maquina coma a tua e sabe a caña que da.

Un saudo Bernardo