
Estas son só algunhas das novidades desta edición que se promete interesantísima. Organizada pola Agrupación Folclórica Castelo coa colaboración do Concello e a Asociación Catasol e o patrocinio da Xunta de Galiza e a Excelentísima Deputación de A Coruña.
Noraboa polo traballo que vides desempeñando dende o Castelo e neste mes que falta para este "magno evento" prometemos facer algunha entrevista ós organizadores para que nos conten como se coce esta auténtica festa da música tradicional.
Melide terra de gaiteiros como ben demostra o capitel medieval que ilustra este cartaz. Por certo noraboa ó deseñador.
6 comentários:
Xa me tarda e xa me corren despacio os días para que chegue!
Vouche "roubar" o cartel para poñer na web, que eu aínda non o tiña...
Preparade as gorxas para esa queimadaa!!
Por certo, no cartel no o pon, pero haberá serán coma as dúas edicións pasadas.
Carallo!!Terceira edición XA. Como pasa o tempo.
Felicidades a todos os membros da asociación Castelo e a todos os que participades.
(A Ghaiteira xa lle tarda..jeje)
A min coincídeme co ViñaRock. Xa o di miña abuela..Papas e sorber..Todo non che pode ser.
PAsádeo ben cabrois. Bicos.
Home, e eu por partida doble, son membro e participo jajaja
Os dos 3globos son os que fan unha obra bilinguistica, os malos falan castellano e os bos galego. Que cada un fale na lingua q lle pete!!
Pois si, oh! Haberá que facer un oco na nosa apretadísma axenda para este super-mega acto espectacular, que de seguro que vai ser mellor cá edición do ano pasado (que xa foi a puta caña).
Caghono Fiz, por encima de Traidor dando envexa. ;)
Saúdos, Ghaiteiros!
Enviar um comentário