terça-feira, junho 05, 2007

ADIANTOS ESTIVAIS
Facendo un percorrido polos blogs amigos atopo duas primicias que coido que é preciso compartir convosco.
Trátase dos carteis de duas festas míticas da comarca, o Rock & Motos de Palas de Rei, antes coñecido como Rock no Camiño; e o San Queremos de Vilantime-Arzúa. Dous eventos diametralmente disitintos pero totalmente complementarios no panorama festeiro do vrau da cerne de Galicia.

O 27, 28, 29 de Xullo os motores das máquinas de duas rodas perturbaran a tranquilade imperante na vila da curva, Palas de Rei. No apartado musical actuarán os navarros Marea o venres e Riff-Raff e Festicultores o sábado. Coma sempre, acampada gratis, streptease masculino e feminino, exhibicións de motos free style etc. Van xa pola decimosegunda edición.
E o 18 de Agosto, coma sempre o terceiro sábado de agosto e outra vez mais coincidindo cun dos días de mais xente en Melide (o sábado do San Roque), a novena, se non me engano, edición da "festa mais tola e orixinal" o San Queremos. Coma sempre a sobremesa será o momento estelar da xornada co "Campionato mundial de Arrebolamento de Sacho" e o de "Tiro de Carro", pero hai moitas actividades, entre elas: Xantar popular, exposicións fotográficas, carreiras de sacos, campionato de futbolin, de baile e por suposto todo amenizado cos sons de : Suso de Boente e o seu órgano (musical), Dúo "Azahara" e Dúo "Master" e os grandes Jaiteiros "Bicos da Balouta", considerados por moitos como os Treixadura ado Arnego.
Xa que estamos con primicias e con adiantos comentarvos que no mes de Xullo estará en Melide ,coido que por terceira vez, os pais do folk galego, Milladoiro e en Agosto dous grupos de rock , High Sierras de Vigo e HolyWater de Lugo dentro do programa "Vai de Camiño" que organiza o Xacobeo e a Consellería de Industría.

2 comentários:

Anónimo disse...

Saudos.

Moitas grazas Riki polo teu apoio permanente a nosa festa, parece ser que nesa data terás oberbuking entre San Roque e boda en Vilar de Ferreiros, ainda así esperamos que poidas facer unha escapada ata a Zarra do Monte pois se non compareces ti a festa estaría en parte coxa.

Por outra parte e na miña modesta opinión decir que frouxa a edición deste ano do Rock no Camiño de Palas, nas últimas xa decaera moito pero o de este ano e a confirmación definitiva da decadencia deste e noutra hora histórico e potente festival.

En fin unha magoa.

Saude e festa:

Sexto.

rikimelide disse...

Saúdos Sexto e non podía faltar a reseña o gran cartel desta ano do SQ07. Como ben dis as vodas estivais xogaron unha mala pasada ó coincidir co voso choio pero tento en conta que de Vilar de Ferreiros a Zarra do Monte incluso se podería ir a pé, ese é mal día xa que ijual non cheja a pista a nada, non creo que vos libredes dunha visita.
Cando chejemos habedes de pensar que somos de Facenda ou directores da caixa o ir vestidos de "pinguinos". A ver se non levamos co sacho na cachola. Veña sáude e festa tb, sexto.