quinta-feira, junho 07, 2007

AXENDA DO FIN DE SEMANA

CONCERTOS
VENRES 8 XUÑO NA SALA 600.
Noite punk no local de Miguel onde actuarán os cangueses SOAK, conxunto histórico da música galega, algun de vos hase de lembrar deles por aquela aparición xa fai algúns anos no recopilatorio "Unión Bravú" co nome de Kaos, Soak o reves. Como cicerones e teloneiros estaran os nosos veciños, os grandes "Porka Miseria" .
VENRES 8 XUÑO NO GATOS
E no de Nani o pop-rock dos coruñeses "Querido Salvaje"
Horarios habituais. Éche o que hai.
SÁBADO 9 DE XUÑO NO GATOS.
Chgan dende o Porto (Portugal), LE PARTISAN un grupo que vai deSte pau "som marcadamente influenciado por ritmos tradicionais, sustentado numa viagem no tempo, bem como um mergulho nas raízes da cultura lusitana, naquilo que pode ser visto e revisto como um sentido e constante apelo à expressão musical portuguesa". Ten boa pinta. Tedes mais datos no blog de Marcus
DEPORTE
Sábado, ás 17.00 no campo do Cire, encontro amigable Cire de Veteranos-Melivet(Santiso de Veteranos).
Se non me engano en Sobrado, a mesma hora, Sobrado-Arzúa, tamén de veteranos.
E así que me acorde pouco cousa mais, veña un saúdo.

2 comentários:

Anónimo disse...

komo kedou o Cire de veteranos???marcaches Riki???
Unha aperta do K.K.

rikimelide disse...

Kedamos a 1-1 e non,non marquei, o mais cerca que estiven na área non tiven sorte e despois de canear o pai de Perillas o intentarlle un caño andivo fino e non permitiu que me quedara só diante do porteiro jejje, a ver pro próximo, deixo un "post" coas "incidencias" do mesmo, veña un sáudo ó KOMANDO KAZALHAS que xa me imaxino quen pode ser aínda que a ver se mo confirmades jjejje...