quarta-feira, junho 20, 2007

ATLÉTICO MELIDE, EL RETORNO
Onte morreu o Fary e de iso me gustaría falar pero como no noso querido pobo amén de querido e un tanto peculiar vou ter que contarvos o que estos días anda a pasar por estes lares.
Un grupo de persoas tivo a ben refundar o Atlético Melide, o primeiro equipo en federarse no noso pobo aló polos primeiros setenta do século pasado, escindidido ós poucos anos.
Paréceme totalmente lícito aínda que non comparto esta decisión xa que se hai unhas eleccións ó clube que termou do fútbol en Melide chamado Cire nos últimos decenios e hai unhas inquedanzas polo deporte que se presenten o proceso electoral aberto. Cae de caixón.
Estos días que está a polémica na rúa e nas barras dos bares repaso clasificacións daqueles tempos na chamada Liga do Sar e vexo que o Arzúa, Boimorto, Pontecarreira, Albixoi etc etc destacan na liga e figuran en postos altos. Vexo o Atlético e o Cire ocupando os vagóns de cola. Non me gustaría volver a ver isto, enfrontamento e desunión no pobo sen ningún beneficio colectivo, esto sempre baixo o meu punto de vista que naturalmente pode estar enganado xa que eu non creo nas verdades absolutas.
Se o Atlético renace e vai ser o revulsivo para o deporte na comarca benvido sexa, agora ben ,de momento non actuaron con moito tino nas formas. Que menos que si vas fundar un clube de fútbol teñas unha reunión co clube xa existente.


Tamén ando ollando fotografías daqueles anos e vexo que case que a acutal directiva en pleno do Cire vestiu as cores atléticas.
Non fai moito tempo que tiveron ceas de xuntanza e de lembranza daqueles anos, a ninguén deles se lle pasou pola cabeza armar outro equipo, mais foran xogadores.
Terá que ver con esta refundación que haxa un campo novo?
Tamén reflexiono e cavilo que eu non vexo tanta xente en Melide para engrosar tantas categorías e tantos equipos. Sigo pensando e se vexo que un dos cabeziñas do novo clube ten relación co Santiso,a miña mente enrevesada e malévola matina que o Santiso (en tódalas suas categorías) nutrirán os colchoneiros.
Entón doulle outra volta mais a cachola e o que me sae e que na vez de refundar o Atlético tería máis lóxica refundar o Fortuna. Equipo histórico de Santiso.
Non vos sei, estou confuso e vou parar de darlle os miolos, o que si vos podo dicir claramente é que este domingo, día de san xoán, vira o combinado veterano do SuperDépor enfrotarse contra os veteranos do..... Atl....Mel.i..... do Santiso no acto de presentación deste novo ente. Alea jacta est, e como dixo o outro que "Dios reparta suerte".
Aqui vos deixo un link coa nova no xornal El Correo Gallego: Prémelle

51 comentários:

Anónimo disse...

a maioria da xente do santiso somos de melide e queremos xogar en melide , defender o nome de melide e nn nos gusta o que se fixo no cire por iso vimos para aqui para o ATLETICO MELIDE

FORZA ATLETICO

Anónimo disse...

penso que o AT.MELIDE ten un gran proxecto moitas ideas e moita forza para loitar polo deporte devinculandose totalmente da politica e dos intereses persoais. por iso FORZA ATLETIIII

Anónimo disse...

el atletico de mellid me parece una patraña lla el nombre
solo hay k ver al patetico de mandril y aki va ser lo mismo y adms kn esa gente ke lo lleva

Anónimo disse...

riki non permitas insultos no teu blog FORZA ATLETICO

Anónimo disse...

ESE DO SANTISO QUE AHORA VAI XOGAR NO ATLETICO DE MELIDE¡¡¡ CANTOS OS DO SANTISO QUE XOGOU ESTE ANO EN TERCEIRA REXIONAL SON DE MELIDE??? PORQUE EU AHI VEXO XENTE DE NOVELA , DA PONTE , DO PADRON , DE MOLDES ... E DICIR , QUE DE MELIDE POKITOS ...., E O DE DEFENDER MELIDE PARECEME MOI BEN , PERO DIGO ... ATA AGORA NON VOS ACORDOU , AHORA CO CAMPO NOVO DESATANSE EN VOS SENTIMENTOS DE ... " PATRIOTISMO " . MIRA EU NON SEI O QUE FIXO VOS FIXO O CIRE NIN NON ... PERO AS VOSAS FORMAS TAMPOUCO SON EXEMPLARES. EU NON TEÑO NADA MALO CONTRA NINGUEN , PERO OS DOMINGOS POLA TARDE QUERO SEGUIR VENDO O CIRE EN MELIDE¡¡¡
FORZA CIRE DE MELIDE¡¡¡¡¡

Anónimo disse...

Non tedes nin idea por que o equipo do santiso de 3 rexional seguirá en santiso os que veñen para o at. melide son as categorias base que eses si son rapaces de melide.

FORZA AT. MELIDE

Anónimo disse...

Gracias pola información.

Anónimo disse...

NON MIREDES O ATL MELIDE COMO UN RIVAL SINON COMO UN APOLLO FUTBOLISTICO PARA A COMARCA DE MELIDE ESTADES FALANDO DE QUE SI VEN O SANTISO A MELIDE POIS NON FOI MELIDE QUEN MARCHOU PARA SANTISO E MAIS DIGO HAI MOITOS RAPACES QUE ESTAN NO CIRE QUE SE FORMARON NAS CATEGORIAS BASE DO SANTISO ASI QUE FORZA ATLETICO E FORZA CIRE DE MELIDE

Anónimo disse...

tedes un pueblo que é un cachondeo, xente pa un lado xente pa outro, a ver si facedes aljo xuntos oh

Anónimo disse...

haber eva, no te das cuenta q el chico q habló es Juvenil???? tu mira la foto y cuenta los q son de Santiso¡¡¡¡¡¡¡

Anónimo disse...

En defensa Eva dicir que eu primeiro puxen a foto do Santiso Senior e visto o comentario que di "que veñen para o at. melide son as categorias base que eses si son rapaces de melide" cambiei a foto pola dos xuvenís.
Eva non ten culpa ningunha ok?
Veña un saúdo a tod@s e Forza Santiso Xuvenil a ver si traedes a copa meus¡¡¡¡

Anónimo disse...

Hola riki¡¡¡¡¡

Eu teño entendido que os maiores do santiso se quedan ali, incluso me dixeron o outro dia (non sei seguro se e certo) que por problemas economicos se desfixera a U.D SANTISO e que crearon o SANTISO S.D, pero insisto que non sei se e certo.

Entón o atletico melide non vai ter equipo de maiores, vainos privar do derbi de melide?

Alegrome de que o deporte de melide medre, pero sería mas convinte unirse todos pa facer un club que loite por una 1ª rexional por exemplo, que melide merece un equipo por esa zona non vos parece.

Un saudo a todos e FORZA CIRE MELIDE

Anónimo disse...

O derbi de melide é o Cire contra o Toques xa q a maioría son do concello de Melide

Anónimo disse...

pero esta claro que o atletico tamen vai ter equipo de maiores

FORZA ATLETIIIIIIIII

Anónimo disse...

Acabome de enterar de que o partido deste domingo corre o peligro de non producirse no noso pobo, pois o cire quere cobrar as entradas mias poller o bar. Os directivos do ATL.Melide. solo queren cobrar a entrada para pagar os do deportivo, deixando o bar o beneficio do cire. Anta a negativa do cire e co respaldo do concello, o partido non se levara a cabo ou irase fora de melide!!!!
Paréceme que este é outros dos grandes erros do cire, pero poida que o mallor de todos!!!!
Non sei quen esta detras de cada equipo o que si sei e que tiña unha ilusión tremenda por ver no meu pobo os meus ídolos.
Desde aqui pido con todo respeto unha reflexión os directivos do cire. Cada un mira o seu!!! É hora de cambiar esta pauta.
Dende aqui o meu apollo incondicional o ATLETICO DE MELIDE!!!!

Anónimo disse...

RIKI ou alguen?podeias confirmarnos o comentario anterior espero que non sexa verdade porque quero ver o superdepor e a presentacion do at. melide, se esto e verdade o do cire e vergonzoso.

FORZA ATLETICO

Anónimo disse...

como van ir os cartos das entradas o cire si supoño que o superdepor vira cobrando bastante CIRE=?

FORZA ATETICO
FORZA CIRE (se o rumor e falso)

Anónimo disse...

Non é que esteña moi metida no mundo futbolero, o mellor non son a máis indicada para falar, pero son de Melide e sinto as cousas de Melide. Se algo está claro é que sempre vai haber diferencias de opinións, políticas, e demáis. Como dixo alguén : se só falasemos do que sabemos, non falariamos ninguén... vaia verdade... Pertenzo a unha familia que se implica, sofre, e esfórzase por mellorar as cousas de Melide nas que participa, sen facer mal a ninguén, e sempre mirando por facelo o mellor posible; e sen embargo son poucas as veces que non hai sufrimentos polo que di menganito e o que di fulanito. Todos sabemos que para gustos as cores, é inevitable que surxan diferncias de opinións, e xustamente nestas atópanse respostas para moitas melloras, pero... ¿por qué sempre hai que pensar nunha maldade agochada nas cousas que fan os demais? ¿por que sempre temos que pensar que o que fai o outro é no seu propio beneficio? (Pensa o ladrón que todos son da súa condición). Sinceramente, eu o mellor non chegarei a ser ninguén importante na vida, pero prefiro quedarme coa duda, e pensar que non todo está feito para un mesmo, e menos cando se trata dun pobo. Na miña opinión, nunca deixedes de falar, e menos de escoitar o que os demais teñen que dicir, eso si, sen ofender e sen ser ofendido

Anónimo disse...

Como cabe esperar un goberno bo a calquera nivel, se non hai máis que escribir un comentario sobre algo, nun humilde blog, para que saian á luz iras, ofensas e insultos. Ay meus! Esto é o que queremos para o noso futuro? ¿é o que queremos para os nosos netiños? Hai cousas que non se poden cambiar, pero loitemos polas que si poden ter mellora. ¿Por onde empezar? Por aprender a falar de novo, con cabeza alma e corazón; e por aprender a escoitar non só coa orella. Filtra a tú información.. verás.
Meus parabéns Riki, por este súper blog. Tes un aquel para dicilas cousas que que sei eu...non cambies. Un bicazo

Anónimo disse...

Acabo de falar con directivos do Cire está mañá, pregunteilles se era certo que o Clube de Fútbol Cire vai cobrar entrada o domingo 24 de xuña. A sua resposta foi de onde sacará eso, e que era total e absolutamente falso.
Agora eu pregúntome, a que ven ese comentario, para despretixiar o Cire?. Agardo que non.
Gracias a todos polos comentarios, e moitas gracias polos parabéns.

Anónimo disse...

RIKI o do bar sera tamen mentira non poñera o bar o cire ?
FORZA ATLETICO

Anónimo disse...

FORZA CIRE!!!!

Anónimo disse...

se pon o bar eu non lle vexo nada malo...a verdade

Anónimo disse...

fútbol de veteráns pagando...,en fín; viva o deporte...

Anónimo disse...

o normal seria que o puxera o at melide.
ou vaino poñer o at melide nos partidos do cire?

Anónimo disse...

UN DE PALAS dijo...
No progreso de hoxe,paxina 39,en deportes di que o lugo de veteranos e o deportivo de coruña "con Donato, Fran e Jose Ramon..." estaran este mes en Melide para enfrentarse o Atletico de Melide, arbitrado por José López de la Fuente . Chamounos moito a atencion esta noticia en Palas.
Vexo que no blog estase a falar moito do tema.
E verdade?

carlinhos disse...

Cajondiola Riki! Mira que polémicas tedes en Melide. Nada, nada, que iso de ter dous equipos nun pobo pequeno é coma o conto do can pequeno, nin fode nin deixa foder. Dene a miña humilde opinión, dende a ignorancai, deixádevos de caralladas. Despois ides ter mal ambiente co veciño do cuarto porque merca o partido do Atlético Melide polo PPV e non o do Cire :D E eu que cría que aquí en Palas eramos a hostia por decidir as eleccións por dous votos de diferencia (aínda estamos sen alcalde... e nunca mellor estivemos) pero vexo que no cerne sodes a repanocha. Non vos manquedes, que respire o fútbol e a ver se sacades adiante algunha iniciativa de basket, que non todo é fútbol e caza carallo!

Anónimo disse...

Son de Melide e por riba de todo do CIRE, pode parecerlle a moitos q non teño razon pro eu mentres houbo lama e pozas deixei caer por ali o meu coiro por xogar o futbol no equipo do meu pobo ,para min ese é e será o CIRE sempre, se hai outro ou non ala os q o fagan pro as trapalladas q algun tentou facer en toques sendo so o adestrador xa vimos en q acabaron, gracias a deus saiu de escena rapido e ahi estivo Pepe q fixo o q ese outro non faria nin de chiste. que faga o q keira pro eso si espero q non veña pa tocar os ..... no noso pobo e facer dous ekipos miserables agora q o do noso pobo O CIRE esta entrando nunha dinamica q anima a xente a seguilo.FORZA CIRE

Anónimo disse...

pois gracias a ese personaxe puidemos federar o TOQUES

Anónimo disse...

Moi ben, e digolle eu a ese de toques, ¿se o santiso non se desfai a donde vai a ir a buscar xogadores o at. melide para o equipo senior?? ¿os do toques?, eso non o dubides... Un saudiño.

Anónimo disse...

OLA A TODOS ¡¡¡ AI MI MADRIÑA¡¡ A XENTE MOI MALISMA---AZA EH¡¡¡ , MIRA... CADA CAN CO SEU GATO .. E CADA GATO CO SEU...., EN FIN , GRACIÑAS RIKI TIVEN UNHA ERRATA AHI NO " E- MILIO " , PERO XA A SUBSANACHES TI , NON SEI PORRIBA DE TODO .... AUPA CIRE DE MELIDE¡¡¡
eu chorar chorei o domingo a tarde.....

Anónimo disse...

ti o dixeches personaxe,jeje

Anónimo disse...

realmente algen cree que se pode enfadar cun amigo ou cun vecino por que apoie a un o a outro equipo.
uffffff penoso
cada quen deberia e moi libre de ser do equipo que queira , e si apoia os dos, estupendo
forza o deporte e a deportividade
o demais son patrañas

Anónimo disse...

PREGUNTA PARA EVA DE SANTISO
A QUE TE REFIRES O DECIR " XENTE MOI MALISIMA".
E SO CURIOSIDADE

Anónimo disse...

joder que mais queredes, agora tedes rivalidades sayan como en songoku.
Incluso vos poderedes facer juligáns e pelexarvos uns cos outros por unha merda (con perdon) de equipos locais. Se o deporte de base dun concello remata tamén podrido (como o futbol profesional,ao que ninguen serio lle pode chamar deporte) pois digo eu que é moi triste non?

enfin, pan y futbol para o pobo

Anónimo disse...

resposta para ana de melide¡¡¡
por dicir mentiras , e tentar desprestixiar todo o que non lles gusta a eles

Anónimo disse...

Hola riki¡¡¡¡¡¡¡

Queria facerche unha pregunta. Non estou en melide polo que onte non fun ver o partido do depor de veteranos, era pa se me podias informar que xogadores viñeron, e como foi a cousa.

Ademais hoxe dixeronme uns colegas que o dia do carme parece ser que tamen vai vir o barcelona de veteranos, sabes algo???

Xa a última e non te toleo mais, sabes se o final o atletico melide de seniors vai ser o ex-santiso, o ex-toques, unha mezcla, ou quen vai ser.

Un saúdo a todos e sorte a ti RIKI na tua nova andaina no CIRE

Anónimo disse...

Boas, pois seica viñeron Fran, José Ramón, Manjarín, Radchenko, Traba, Nando, etc de adestrador estivo o mestre Arsenio Iglesias, o resultado (anécdotico) coido que foi 1-4 para o SúperDépor.
Con respecto ó plantel de seniors do Atlético non o coñezo. O que sei é que a xente de Santiso de modestos vai seguir con outra directiva e coa mesma xente do ano ir quen vai xogar co pasado. Creo que o Santiso ten tamén unha lixeira débeda. Seguramente os equipos inferiores supoñían moito esforzo económico.
Tamèn che podo dicir que os maiores do Santiso ó ano pasado pagáronse eles mesmos as fichas.
Do Toques non teño novas, pero supoño que seguirá.
Polo tanto de momento non che podo responder a esa dúbida respecto a plantilla "colchoneira".
Veña un saúdo.

rikimelide disse...

Ah, do tema do Barça de veteranos, algún rumor anda por ahí.
Home segundo conta Varela, o masaxista, directivo do Atlético el é intimo amigo de Txiki Beguiristain, así que igual van por ahí os tiros.

Anónimo disse...

para fandinho:
creo que deberias tratar con mais respeto os equipos locales pois non son ningunha merda, como dis.
Eso seralo ti.
O triste é a xente coma ti

Anónimo disse...

Como arriba indico eu xogo no atletico de melide e no cire.E isto non e broma.Esto de fundar outro clube e unha tonteria o que se deberia facer e fusionar os 2 equipos para formar un moi grande.A xente que esta de por medio non lle entra na cabeza pero como xogador(de categorias inferiores) vou xunto cos demais intentar xuntar a todolos xogadores para meter presion e falar cos "xefes" dos clubes.O que intento dicir e que se nos xuntamos poderemos conseguir un clube dos bos e deixarnos de tantas tonterias e rivalidades.Por iso quen vexa isto animo a que se replantee isto e que pense no futuro do futbol en melide e non do futuro persoal.
Un saludo e FORZA CIRE asi coma FORZA ATLETICO.

Anónimo disse...

RIKI que opinas deste comentario¿? Da a tua opinion

Anónimo disse...

Acabo de lelo agora mesmo, que me vai parecer?, creo que o que opina o 95 % da xente de Melide.
É o mais sensato que lin últimamente sobre o tema en cuestión.
Comigo contade para o que queirades.
rikimelide@gmail.com

Anónimo disse...

pois eu discrepo,de crepes discontinuos...e que pasa ca outra xente que para vos non é competente!!Se se fusionan xente coma ti Riki,p-ex, e perdoando sen maldade ninghunha,non terián cabida no equipo...Por facer claro que se pode facer un equipo a priori máis competitivo,e digo a priori por que logo haberia que ver os resultados...e sinto ser repetitivo o caso Melide vs Santiso comparade os últimos 20 anos e mirade a diferencia de competitividade dun e outro en relación a inversión feita...
SEN MÁIS FORZA MELIDE E PUNTO!!

Anónimo disse...

acabo de enterarme desta paxina web,e cando lein o texto dun do cire falando indirectamente de Julio,me pareceu vergonzoso,pero bueno ten que haber morralla en todolos lados.Atendede o voso,q levades 20 e pico anos sin rascala,asi q deixade traballar os outros,q non se estan metendo con vos,eles solo queren traballar polo futbol en MELIDE.AUPA MELIDE

Anónimo disse...

Non dar a cara cando se califica a xente de "morralla" e ampararse no anonimato e unha actitude un chisco cobarde.
Pero admitese a crítica, equívocaste cando lle chamas a isto "páxina web" cando en realidade é un "blog persoal" e como tal emito as miñas opinións.
Nesta sección podedes expresarvos os que queirades e como queirades, eso sí con un pouco de respecto.
Non vou repetir o que xa dixen e gustaríame dar o tema por zanxado.
Só engadir "o pobo unido xamáis será vencido".

Anónimo disse...

APOYO A ESTE ULTIMO ANONIMO,SALVO NA EXCEPCION DE CHAMARLLE MORRALLA A ALGUN SECTOR DO CIRE,O QUE SI E CERTO E QUE TEÑEN UNHA ACTITUDE UN POCO "CACIQUE",E O EXPLICO,AINDA QUEREN O CAMPO DE FUTBOL DESPOIS DE VENDELO,POIS QUE NON O VENDERAN.E COBARDE NON CRE QUE SEXA,DI A REALIDADE DO QUE PASA,O QUE PASA QUE ALGUN TEN UNHA VENDA NOS OLLOS QUE NON A VE.AUPA MELIDE

Anónimo disse...

UNHA IDEA NOVA .O POBO DE MELIDE POR NUMERO DE HABITANTES ,SITUACION E POR SER O MOTOR ECONOMICO DA ZONA DEBERIA TER AS MIRAS MAIS ALTAS,DEBERIADES TER UN EQUIPO EN PREFERENTE LLEGANDO A COQUETEAR COA TERCEIRA EN ALGUNHA OCASION ,NUTRINDOVOS NON XO DE XOGADORES DE MELIDE SE NON DE TODA A ZONA DO BOIMORTO DO SOBRADO DO TOQUES DO ARZUA DO SANTISO DO TEIXEIRO FACENDO ASI QUE CATIVOS DESTES POBOS TIVERAN A ILUSION DE PODER LLEGAR A XOGAR EN 1ª OU PREFERNTE DESPOIS DE DESTACAR NOS SEUS EQUIPOS EU SON DE SOBRADO E ESTARIA ENCANTADO PERO PARA ISTO TEDES QUE ESTAR NUNHA CATEGORIA MAIS ALTA ALGO QUE NON SE CONSEGUE SE NON E CON UNION,HAI QUE DEIXARSE DE LOCALISMOS E SEPARATISMOS E PENSAR QUE A UNION FAI A FORZA QUE PODERIADES SER O EQUIPO QUE REPRESENTASE UN CONXUNTO DE CONCELLOS EN CATEGORIAS VEN ALTAS POR ESO DENDE AQUI FORZA CLUB CERNE DE GALIZA QUE PODERIAMOS SER TODOS E EU PODERIA DESPLAZARME VER UN EQUIPO DE PREFERENTE OU TERCEIRA QUE ME REPRESENTARA E DONDE OS RAPAZES DO MEU POBO PUIDERAN XOGAR CON OUTROS DOUTROS POBOS .OU ACASO SO SON DEPORTIVISTAS AQUELES QUE VIVEN NA CORUÑA OU MADRIDISTAS OS DE MADRI

Anónimo disse...

REPITPO FORZA CLUB CERNE DE GALIZA

Anónimo disse...

BOAS SON UN GALEGO QUE VIVE EN BARAKALDO,ENTEREIME DE QUE AGORA HABIA DOUS EQUIPOS DE FUTBOL,A QUE E DEBIDO ISO,ME DIN QUE OS DO CIRE NON TIÑAN ASPIRACIONS NINGUNHA DE ASCENSAR,PERO NON O SEI.GUSTARIAME QUE ALGUEN ME RESPONDERA.TAMEN CREO QUE O CAMPO E MUNICIPAL,BUENO OU DO CIRE AINDA,DIXOME O MEU PRIMO DE MELIDE.MOITOS CAMBIOS EN UN ANO.FORZA MELIDE

rikimelide disse...

boas, o campo é muncipal e o cire vai intentar estar arriba, e porque non loitar polo ascenso, no campionato despois de acadar unha moi boa praza o ano pasado. Segue o mesmo bloque e esta ano hai reforzos de xente de Melide que xogaron en categorías superiores así que estamos bastante esperanzados, pero bueno a ver que nos depara este ano porque a tempada é moi longa e pode pasar de todo.
Agardo que che respondera a tua pregunta.