terça-feira, maio 20, 2008


CIRE-MESÓN
Nos 1/16 de final da Copa da Coruña, o rival que lle tocou en sorte ó Cire no sorteo de onte luns, foi un equipo moi forte que acaba de ascender de Segunda Autonómica Grupo I (o grupo no que recalará o Cire a vindeira tempada) a Primeira Rexional.
Trátase do clube ordense, Mesón do Bento C.F, que fai dous anos militou na mesma categoría co Cire pero que en dous anos fixo un auténtico equipazo.
Xente tan experimentada como Chollas, Damián, Minguilla, Dani Regos, Cristian son os baluartes dos mesoneiros.
O Cire ten a vantaxa de que xoga na casa,que é a partido único, e que tamén ten moita moral despois do ansiado ascenso desta campaña.
Sen dúbida un gran partido no Municpal de Melide,en prinicipio o domingo ás 18.00.

Sem comentários: