quarta-feira, maio 21, 2008


PLAY-OFFS 2007-2008
A fichaxe de Pau Gasol polos LA Lakers fixo que os amantes do basket, nos engancharamos de novo a liga profesional estadounidense, a N.B.A.
Tódolos afeccionados soñamos cunha final Celtics-Lakers e así rememorar os nosos anos de tenra infancia cando seguíamos a liga a traverso de "Cerca de las estrellas" de Ramón Trecet.
Sabiamos os quintetos titulares de memoria dos dous equipos: Byron Scott, Magic Johnson, James Worthy, A.C Green e Kareem Abdul-Jabbar polos amarelos e Dennis Johnson, Danny Ainge, Larry Bird, Kevin McHale e Robert Parish polos de Massachusetts.-Corroeme a curiosidade, busco na wikipedia e atopo o seguinte:
Su nombre proviene de una voz indígena local que significa "lugar del monte grande", como Monte-Alto logo, ou High-Mountain que din os neo-coruños.
As finais de conferencia son as seguintes no Oeste: Lakers-San Antonio Spurs, e no Leste: Detroit Pistons-Boston Celtics.
Non hai dúbida que os texanos e os "bad-boys" da Motown non queren ser convidados de pedra e trataran de evitar a toda costa a final do "glamour".
A ver que pasa. Xurxo xa pronositcou a "anti-final"....todo se decidirá na "En-Bi-Ei Básketbol-American´s-geim"-

2 comentários:

citizenerased disse...

gran post riki,...que recordos.

carlinhos disse...

Tan só falta un locutor que diga "Escoti Paipen" e todo voltaría a ser perfecto ;D