PROGRAMA ESPECIAL DEZTV SOBOR MELIDE Efectivamente, Deztv emitiu o pasado luns dentro do seu programa "A peneira" un amplo reportaxe de entrevistas adicado o noso pobo. Alí saíron tódalas, ou case, "forzas vivas" do noso concello: os tres grupos políticos (Ánxeles do goberno, Soqui do Bng, e Manolo do PsdeG, Varela presidente da Cooperativa Melisanto, Rodríguez de Asetem, Mingos de Pita da Asociación decana da vila e Xesús Carlos, presidente do Cire. Creo que os dixen todos, porque na miña casa DEZTV non chega de todo ben e había momentos que se marchaba o sinal. Pareceme ben que un medio de comunicación se interese pola nosa vila, sinal de que algo de mercado lle viron. DezTV é un medio privado. Supoño que aproveitando que DezTV -centrado na sua primeira etapa só nas terras do Deza-, se ve ben nas terras da Estrada e nas DE Melide amplian o megocio. Vilariño entrevistou as autoridades no Cantón e Gulías microenmano, coido que Marcus nos pode falar mellor deste xornalista, tomou a temperatura da xente da rúa, coma ti ou coma min. Preguntas como se coñeces a alcaldesa, que tal de festas, que lle falta a Melide, etc etc foron a súa arma para entrar nestas terras de Abeancos. Non me gustou que preguntara tan intensamente, coma querendo coaccionar a xente na sua resposta, se Melide precisa úrxentemente un Centro Comercial. Igual era porque me tocaba a fibra, pero si somos realistas é o futuro, para ir ó cine tes que ir fora (por exemplo a ese Lalín-que ten dous centros comerciais- ou a Lugo ou Santiago). Eu dende logo non o vexo tan urxente. Señora/or compre en Melide, de todo e para todos, non era así.
Xuntanza dos Maiores (quen chejará alá)Ó pasado domingo 3 de setembro, Melide foi invadida polos "Nosos maiores". Isto é a nosa vila foi designada pola Vicepresidencia da Xunta como unha das catro sedes(unha por provincia: Carballiño-Ou-, Vilalba-Lu-,Pontevedra-Po- e nós-AC-) do programa "Lecer para os nosos maiores" que ven sendo xornadas de ocio, domingos, para a xente da terceria idade con orquestas, gaiteiros e como animador do cotarro o inesquencibel e paisano de Quin, Xosé Manuel Piñeiro, outrora co-buque insignia xuntamente con Gayoso da "antiga" TVG, a nova Tvg non é que seña moito mellor, falando disto mirade que definición hai pola rede da nosa canle pública de TV PRÉMELLE MEU. Bueno pois que en torno a cinco ou seis mil maiores xuntáronse na Area Recreativa da Praia Fluvial de Furelos, ogallá se repita tódolos anos porque sempre deixa beneficio ó pobo e mais publicitáo en toda Galicia. A gran diferenza entre esta reunión e as dantano é que aqui eche como en Ribadeu, cada un paga o seu. Amenizou a xornada os distintos grupos de gaitas de Melide: Melidaos(segundo o Cerne SuperPiñeiro tocou con eles, haberá que preguntarlle a Pepinho e a Xele,Froito Novo, Castelo, Axouxere etc), orquesta Montes e os picheleiros-alacarinos-bulgaros Festicultores, que quentaban motores porque teñen que voltar este domingo para estar nA Nosa FEsta Nova na Voz Nova no Correo "Manchego" Nova no Abc, manda virghen Nova no Ideal
CENK Outro concerto que vivimos no Gatos foi en Xullo o dos suizos Cenk, xa están as fotos na sua web. E califican o concerto como, We`ll jammend all night long¡¡¡ (tocamos toda a noite de Dios....) iso é algo que soe ocurrir no mítico local da esquina Pardo Bazán-Galicia. Nas fotos da sua xira pola nosa terra, Galiza Calling chamarónlle (en homenaxe ós Clash), hai diversos apartados, fotos dos concertos na Dorna en Ribeira, Melide, Palas-Rockandmotos-, Chantada-SalaMogay-, San Sadurniño -DZine- etc ,fotos da paisaxe, da gastronomía, e fotos de personaxes(Friends and people). Cajonatos ahi saljo eu e mailo Toxo(pé de foto:"Melide's craziness: I let this guy rockin on my guitar for some galician tunes"), e a min califícanme asi meus: "we couldn't stop this one, he kept singing loud some good songs", que mais ou menos é "nos non poidemos paralo, el cantou duro boas cancións" jajjaja, esta si que é boa. Na foto non saín moi favorecido, os meus ollos xa non son moi grandes pero si os poño como si fora a disparar no tiro a lata con escopetas de pau aínda menos. Ahi vos queda: Chino sigue tu camino Hai mais fotos como a do esceario (chamoulles a atención tocar encima de caixas de quintos de Estrella), a de Varelita afinando a palleta-local specialist chámanlle-.,local pipers, comida, richi rastreros etc... Ah, ó Gatos deicanlle esta sentenza : "(o pub mais r'n'r de Galiza)", e a Nani danlle as grazas por traelos.
XA ESTOU DE NOVO POR EIQUI Como poderíades comprobar últimamente non escribin moito, un abano longo de motivos foron o impedimento. O feito feito está. Así que ó allo. Facendo un pequeno resumo o Venres 25 de Agosto aconteceron duas novas reseñables, remataba o campionato de fútol-sala de Agosto (un dos decanos de Gz) coa victoria do equipo toquense-friolano do Pub Kemais que lle gañou na lotería dos penaltys ós rapaces de palas, Matines. En semifinais quedáronse as escuadras arzúas de Cascón e Fotos Luis, auténticos favoritos para gañar o torneo, xa que a outra potencia Limpezas Apostol sucumbirá en cuartos contra estes últimos tamén na tanda dende a pena máxima. O mais destacable deste ano foi o record de equipas apuntadas e a confirmación da baixada de nivel con respecto ós anos 90. Isto traduciuse em mais igualdade e mais emoción. Lanzar un berro ós equipos de Melide que últimamente non saborean as meles do triunfo. Será o SanRoque?, quen o sabe. No resto de categorías non sei os clasificados e sintoo ben (Infatiles, Xuveniles, Feminino...Baloncesto -ahi non, basket non, foiseme a pinza e que estábame a lembrar cando Pedro Da Fonte organizaba un campionato con varias categorías ala por finais dos 80 e principios dos 90, ademais como se faría para facelo agora, se non están pintadas as liñas do terreo de xogo no "Pavillón POLI-DEPORTIVO", ) eche o que ahi diria o outro. Bueno pois non sei os resultados porque acudin o concerto que programou o Xacobeo ó amparo do "Vai de Camiño"- este sabado en Arzúa o Mago Antón- cuio protagonsita eran a séptima formación da banda viguesa Siniestro Total. Concerto para cumplir calificaríao eu, ben formalmente (bon sonido, boa ubicación) pero carente de toda emoción. O mellor do bolo, o rescate de temas míticos daquel disco que se titulaba "De hoy no pasa" ou aquela que dicía"Quiero ser Emilio Cao"(eh-Tomas); e destacar tamén o club de fans que ten a banda pola parte de Arzúa, con Miguel Toldos e o sobriño como máximos protagonistas. Quen non se riu cando Miguel lle dicía: -Julián, te vi en la Sexta y en Localia. ;). Despois había concerto no Gatos, ata aló fumos tocaban un grupo de Segovia denominado Adobe (nada que ver co Photoshop), os do acueducto moi parecido a Marea e a Extremo pero ben. A sorpresa chegou cando rematando a sua actuación chegou Julián & company e claro os da terra de Perico (delgado) fliparon e houbo que tocar unha con eles. Digo tocar, porque eu tamén subin e dende aqui digolle a Recaldillo que me mande a foto que salgo eu co micro e detras miña julián hernandez cunha guitarra fender, impagable. O tema foi, Bailaré sobre tu tumba. Xiao quedouse toda a noite por Melide, que coñece ben porque fará un ano e medio veu presentar o primeiro disco do seu proxecto paralelo, Transportes Hdez & Sanjurjo, dueto que forma co ex-acordeón dos Diplomáticos de Monte-Alto, Rómulo. DE feito comprometeuse a vir presentar o segundo traballo a Melide, un traballo que estan preparando estes meses. Destacar de Xiao, a sua gran acesibilade (falou con todo o mundo sen poñer unha mala cara, e non foron poucos os que o abordaron) e simpatía. Entre nós, acobou no 600 cunha tellaza.
segunda-feira, agosto 28, 2006
DEZTV, EDICIÓN MELIDE Segundo nos conta un confidente ,que chamaremos señor X, próximamente ampliarase a nómina de medios de comunicación independentes que traballan na Terra de Melide, estamos a falar neste caso do eido das 625 liñas. Si amigos, a mítica Canal Deza (gran programación nocturna) que agora se chama DezTV, vai empezar a emitir novas sobor da nosa bisbarra abrindo un pouco mais o abano do cuarto poder nesta terriña nosa. Actualmente a programación propia de DezTv destaca sobor de todo no eido da información, cos senlleiros informativos comarcais(o parte) de M.Vilariño e o programa debate dos luns, A Peneira presentado polo mesmo e realizado por Manuel García. Fai xa algún tempo que puxeron o ollo na comarca de Taberiós-Terra de Montes, mais que nada nas novas de A Estrada, presentado por unha rapaza da que non me lembro o nome, e agora supoño que quererán face-lo mesmo por estes lares. Dende eiqui, benvidos e moita sorte compañeiros.
quinta-feira, agosto 24, 2006
Mañán venres, e despois de 16 anos (actuaron no SanRoqué`90), estarán na explanada do edificio multiusos (antigo instituto)a partir das 22.00 h os únicos e inimitables
SINIESTRO TOTAL
quarta-feira, agosto 23, 2006
Miki de Santa María envioume un gif baixo o titulo, ¿a que non sabes quen quixo asasinar a Fidel?, conspiración franco-arxelina para derrocar o de Láncara.
terça-feira, agosto 22, 2006
Onte, por que "Melide o merece" houbo outro día mais de festa cos grupos Limón e Master e tamén se celebrou o Día do Neno con atraccións a metade de prezo. O mellor e o peor da festa. O peor dende logo o tempo nos primeiros días e a ausencia dalgún grupo mais no cartel en detrimento dalgunha orquestra. O mellor, sen dúbida, Muchachito e o sábado que como era de agardar, ó coincidir varios factores (bon día, sabado de sanroque, e as duas mellores orquestras de Gz) non se collía en nigunres. De Muchachito comentar que ten un directo moito mellor co disco, algo que tamén se agardaba. Unha sección de ventos moi completa, un organista (Tito, tito..) virtuoso e cachondo, e unha mestura musical digna herdeira do mellor Gato Pérez e a rumba catalana daqueles tempos. O rumbaxing, mestura de rumba e swing foi o fio conductor do concerto, onde repasou os temas do seu último disco, un por un. Cecais se botou en falta algunha versión, que sempre sorprende. Pero o concerto moi redondo en tódolos aspectos. A anécdota do mesmo foi ese bis a bis que tiveron o Muchachito cun espectador que portaba unha trompeta desas de animar eventos deportivos, estivo moi ben. Do San Queremos de Vilantime, que vos podo dicir da "festa mais tola e orixinal do mundo mundial" que os que nunca fostes para o ano ide. E se podedes ir xantar de campo (como nas antigas romerías) ide. E despois dos postres, a participar tanto no Arrebolamento de Sacho como no Tiro de carro por parexas. Para os mais novos, ou non tanto, carreira de sacos, futbolin, campeonato de baile SQ, etc etc. Non vos ides aburrir, iso seguro. A verdade, e dicíao o ano pasado o cronista da voz, A.Mahía, coido, que ver hoxendía unha festa onde non se tira viño é unha ledicia. Ogallá a rapazada desistise de facelo na vindeira edición da Nosa Festa, e se adicase a pasalo ben e punto. Non sei, está claro que non se pode prohibir, cada un que faga o que lle pete, pero na miña opinión é mellor bebelo que tiralo. Bueno ó de cartón que lle mezclen cocacola, senón que non o beban. Duquecola. Deixovos aqui un artículo da Voz de onte, onde o xornalista relata moi ben o que é a festa, cortesía da web do SQ, Sanqueremos.com. Ah, este venres Siniestro, finais do campeonato de futbol sala de Agosto e o vindeio domingo día 3 de setembro, Festa da Terceira Idade de Galicia e a Xabaxira do Xabarín (rumorease que podería vir de grupo convidado Lamatumbá, para queixarse esta no non, xunta e xacobeo aínda se portaron ben).
terça-feira, agosto 15, 2006
ESCOMENZA O SAN ROQUE E CHEGA O SANQUEREMOS
Pois eso que empeza a semán grande e como non xa se albisca o inverno que como din os veteranos, está detras da capilla do santo. Bueno este ano que chova supoño que será comprensible por todos dada a situación de extrema gravidade que está a sofrer o noso país. Tanto no tema do lume como no eido do agro, onde está todo seco e as explotacións gandeiras teñen que traer trailers de palla de Castilla para poder manter o gando no inverno. A quen corresponda dicirlle que chova, pero que non escaralle moito a festa, por pedir que non quede. Do programa das festas comentar que veñen as mellores orquestas de Galicia(Panorama, Paris, Philadelphia, Sintonia etc etc )nun tempo este(do 15 ó 20 de Agosto) onde as orquestras cobran como se foran os Rolling , as mellores bandas de música galegas(Valladares, Rosal, se cadra falta coma outros anos algunha formación de fora, léase Valencia, Madrid, Exército, Guardia civil etc, e que aqui en Melide haiche moita tradición de banda e moita xente que cha entende), as mellores agrupacións de gaiteiros (as do pobo que son as mellores -Melidaos, Castelo, Froito Novo e Axóuxere, tamén a Maristela de Sobrado), concretamente hoxe haberá tamén a actuación da terceria orquesta de cámara de Galicia, a Sinfónica de Melide, dirixida por Fernando Von Arias. O concerto estará basado en melodías de Strauss, valses e polkas. E para rematar o domingo con Muchachito Bombo Infierno, unhas das revelacións do ano no panorma nacional. Un exemplo contundente da nova ola da música que se está a facer en Barcelona, mestiza, fillos da rumba e en constante evolución. Todo un espectáculo para a noite do domingo. Mais info aqui. Aínda así os comentarios que se oen, son que á festa lle falta algo mais de forza. Probablemente. Eu comentabao o outro día con Lamatumbá, co que costa unha orquestra (e veñen 10) facíase un festival de música galega actual fenomenal. E mais se vemos que aínda non se fixo nada relacionado con Apologhit por ahi endiante, ou coa Perloca. Quedará para o outro ano. Este ano tampouco nos podemos queixar moito xa que gracias ó Xacobeo, estiveron na cerne de Galicia actuando, Mercedes Peón e Leilía, e dios mediante estará o Venres 25 de Agosto, os vigueses Siniestro Total. Tres actuacións de altura. Bueno disfrutade da festa con sentidiño e devoción, que ata o ano non volve. Como dirían os míticos Treixadura, "Por dicir Viva San Roque¡¡¡ prenderon a meu irmán, agora que o soltaron, agora que o soltaron Viva San Roque e o can". Eso si non cambio o Caralampio por un San Roque de 15 días. E unha festa irmán da do Carlampio e da dos Botes, é , como non, o xa tradicional San Queremos de Vilantime (Arzúa). Unha feta única que non precisa relatala precisa de ser vivida a ras de chao na carballeira de Zarra do Monte o vindeiro sabado. Non vola perdades, e optade as plusmarcas dos campionatos de arrebolamento de sacho e de tiro de carro por parexas. O cartel coma case tódolos anos fixoo o amigo Emilio, mestre debuxante amateur e arranxador de tractores e diversas máquinas agricolas. Eu o ano pasado fíxenlle unuha montaxe a Sexto, co debuxo de Emi e un anuncio de Ballantine´s xogando un pouco coas palabras. Veña saúde e festa.
segunda-feira, agosto 14, 2006
GRACIAS RUXE, OBRIGADO LAMATUMBÁ
Fin de semán completiño completiño, escomenzamos o xoves vendo no 600 a un grupo alemán de versións dos Ramones, houbo coma non a sua jam session de rigor feita por músicos ben formados do país (Miki, Susiño, Nino etc), o batería xermano bautizado rápidamente polos que acudimos como Moncho -eu coido que se chamaba Hans o - demásscubriu como acompañar unha gaita en menos de duas cancións, e a verdade que se lle vía que disfrutaba ó teutón. Venres, presentación do primeiro disco dunha banda de rock melidá en toda a historia, os artífices foron os Porka miseria, acompañabaos nesta data tan especial o grupo do Deza, Skarmento. Por certo, como non, este magno evento foi no Salón Teatro Metal Pub Gatos. Sábado, aqui xa empezan as diatribas e as decisións teñen que ser atinadas xa que a oferta é ampla. En Sobrado tiñamos a Festa da Troita e en Arzúa a XXIV edición dos Botes. Decisión salomónica, primeiro a un sitio e despois a outro. Que implica esto?, perder a oportunidade de ver a tódolos grupos. Perogrullo puro. Empezamos na vila dos monxes, presenciando -baixo un frío e un aire propio das terras da cordillera tibetana do Bocelo- ó grupo de Teixeiro, Lony, onde toca o baixo o amigo Toxo, e o sabado por circunstancias tamén estaba de guitarrista Miguel Xanceda. Versións de grupos de rock comericias é o que fan, U2, Red Hot, Jet, etc Destacar a Toxo, que se nota que pode tocar ata unha lata que el pasao ben, e a Miguel que só ensaiou tres días e fixoo con moita dignidade, só unha pega a guitarra Flashin V cun tema dos Piratas era chocante a la par que simpático. Seguinte grupo La Fundación Tony Manero, funky por tódolos lados, ata bailaban os membros da comunidade cistercienese. Ora, labora e funky unha hora. Quedaban pra rematar a historia da troita, La kinky beat (da onda de Muchachito e a nova fornada de musica mestiza de barcelona) e os míticos e baltánicos (da terra de Baltar) Festicultores. Para ser sinceros amolóunos moito non podelos ver pero botamos mao do sentido común ó descartalos xa que este ano van estar de novo no Caralampio. (10-9-06) Arráncamos para Arzúa polas Corredoiras (Cross way) e chegamos o inicio do concerto dos míticos composteláns Ruxe-ruxe , unha descarga en condicións -como é habitual neles- da que tedes mostra ahi embaixo nun video do youtube de parte da actuación. Impresionantes Vituco and company, dándolo todo polo rockandroll, e facendo mover a xente, moi nova diante e un pouquiño veterana atrás, botábase en falta en Arzúa o sábado a xeración do medio que debía estar..., sabe dios donde. A anécdota da noite trascurriu no descanso entre tema e tema dos Ruxe, cando a Xuventude Arzuá, X@, coreou o himno oficioso dos seguidores de Cutinocho, "Ao bote, ao bote de Melide o que non bote", Vituco despois de mirar para min e rirse, dende as táboas atallou a historia con estas verbas "Ei ei tios,toda a tera é boa e en Melide hai boa xente tamén, non o localismo...pirómano o que non bote" mais ou menos. Moi agradecido Victor polo cabo botado, pero estos cánticos entran na lóxica festeira, sempre que se fagan con cariño e bon rollo. Eu xa o dixen mais dunha vez non creo nos localismos, non conducen a nada, e remítome os refráns dos vellos, "toda terra é país". Tamén creo que o conflicto, se o houbo algún día polo tema do xulgado etc etc, está superadísimo de todo na maioría da xente dos dous pobos. E se hai algún problema que o arreglen en Boente, Pepsi-colo e Rafinha. Mano a mano. :) Despois dos de Aríns, tocou Skarnio, música xamaicana a todo meter na Praza da Vila, suor ó ritmo dos metais dos vigueses. Gustóume. E despois collimos cara Millí, cando chegamos se collía en ninnon había onde aparcares, e os locais de copas eran un rebuldeiro de xente, non se collía en ningures. Tónica xeral, esta, neste tempo de Agosto onde xa pola semán hai atascos en plena vila, parecéndonos outro ano mais a M-30 que a outra cousa. Pero ten que ser así, e unha moi boa nova para o pobo que siga sendo así. (€). Domingo, pola tarde toca siesta longa, porque a todo isto estos son os días, no meu caso e no de moita xenta do sector sevizos, que mais se curra do ano. Se o corpo non precisase dormir probablemente voltaría a Sobrado a ver as Carrilanas e A Quenlla, e repetiría a xogada para rematar con Lamatumbá en Arzúa. Non poido ser o primeiro si o segundo. Cando chegamos bouraba na guitarra Alberto Bmundi, angolano residene en Gz, que chegou via Portugal. Moi ben o africano, un músico que xa foi telonero do mesmo Manu Chao. Vibraçao positiva, altamente irmaus, alegría¡¡¡. Foi unha actuación didáctica onde aprendimos cousas relativas a triste andaina da xente que tenta buscar unha vida mellor e tense que vir para Europa; contou un pouco da sua historia e a de compañeiros que facían autostop no Oceáno Atlántico. Nunca nos daremos conta do privelexiados que somos o nacer ó chou nun sitio coma este. Despois de Bmundi, quen?, La-ma-tum-bá, a verbena do século XXI estaba porfín en Arzúa(dcespois da invernía do Queixo) e viña disposta a encher os corazóns de lume, pero lume do bon qe do outro sobra, é moito. Pezas novas e un repertorio sen perxuizos moi currado e rodado en moitas prazas, foi o cocktail explosivo dos das Burgas, como lle comentei a Ico(cantante) despois o quen non baile, salte, cante, sude etc etc con Lamatumbá e por algún problema ou tara. E recordeile aquel retrouso sambista que diciá: "Quem nâo goste de samba, bon suxeito nâo é, ou e ruin da cabeça ou doente do pé". Teño que darlle as gracias por deixarme compartir metros cudadrados de madeira con eles, no que xa casi ben sendo unha tradición. Coñecimos a Lamtumbá en Sobrado, e trouxémolos para o Caralampio, alí coñeceron un pouco das boas cousas que temos, hospitalidade, queixo da nabiza(como lles gustou),bon ambiente, festa etc etc. Agradecéronnolo cunha reseña nos agradecementos do libreto cun "Si, si si somos de Millí". O Ico ó son da cumbia, pediu que non só unha, senón duas¡¡¡ rapazas bailaran conmigo. Que crack o "zamorano". Supoño que Lamatumbá sexan unhos artistas cojonudos non o discute ninguén, pero é que aínda son mellores peroas que músicos e artistas. Non cambiedes nunca tios. Despois da descarga ourensá turno para a banda do arzuán Mendez, Flash Flan. Correctísima actuación onde o rocandroll clásico e o blues se confundía coa noite arzúa. E nesta semán non vos digo nada o que queda,Santa María, San Roque, San Queremos, san san san san san san san san san san , e o 10 de setembro S A N C A R A L A M P I O. A festa das festas. 60 aniversario. Ah, e o venres 25 de Agosto(día da final dos campeonatos de fútobl sala), Siniestro Total no Cantón de San Roque, desta volta sen farola no medio. Cando Julián veu tocar ó Gatos cos Transportes Hernández e Sanjurjo, sorprendéunos a todos (porque mira que deberon dar concertos os vigueses) coa sua prodixiosa memoria. Ó lembrar a actuación que fixeran no 88 ou 89, na devandita praza melidá , onde daquela estaba espetada unha farola xusto diante de onde se ubicaba o palco. Quedando unha estampa un tanto dantesca,curiosa e rocambolesca o mesmo tempo. Bueno por hoxe xa abonda meus, se chegastes lendo ata aqui,e que tedes paciencia . Ah,podedes descargar de balde cancións do disco de Lamatumbá e unha nova que fixeron para o Xabarín neste enlace Prémelle. Saúde meus. Este é o video de Ruxe, o sabado na terra do Queixo, con imaxes do concerto, e da tarde dos Botes, charagna, montaxe, o teatro... O mellor é velo.
terça-feira, agosto 08, 2006
Mentras media Galicia arde atopo no blog amigo de Marcus unha desas cousas que cando as ves dis "buah, que movida tio". Se te alonxas da pantalla o paisan@ da esquerda volvese manso sen embargo o da dereita ponse de mala oxtia. Terá algo que ver esta ilusión óptica coa política galega? Debería cambiar de traxes Suárez Canal? Por que se lle da prioridad a incendios próximos as residencias (tanto pública -Monte Pío- como privada -Rois- de Touriño? Os que queiman o monte viven entre nós ou son mais putas cas galiñas? Eso amiguiños nunca o saberemos.
sexta-feira, agosto 04, 2006
O MAGOSTO PARA AGOSTO
Iso dician Reixa e compañía fai dous decenios, era o que faltaba para acabarse de estresar, Agosto non era un mes de vacacións?, bueno en Melide xa sabemos que non, pero aínda para o que estea ocioso e queira acudir, xa non a todas, a parte das actividades que hai, non che da nin de coña. Onte estiveron no 600, Haiku, perdón por non informar a tempo. Hoxe van estar Saldos Arias, grupo punk de Vigo, ex-Kgben, no Gatos a hora de costume coma sempre de balde. Hoxe tamén ctuación da cantautora galego-arxentina Lorena Lores co seu espectáculo "Tango" na Praza do Convento ás 21:00h. Mañán, o que pasa sempre por estas datas, quen poidera desdobrarse¡¡¡, varios eventos de altura coinciden no tempo. Polo menos que non chova. Sabado 5, Festival Folk de Antas con: Pepe Vaamonde Grupo, A banda de Poi e Treixadura (Gaiteiros e Orfeón). A poucos kilometros, Festival da Música e das Artes de Pardiñas (Guitiriz)cos amigos de ITH, o grupo de Folgueira e Toxo de Boimorto, de Pablo de Abellá e de Miguel de Xanceda, Ialma, pandereteiras dende Bélxica con participación de unha delas en Eurovisión quedando segunda, e un rollo tribal este ano, con Basidou (marrocos) e N´faly kouyaté & Dunyakan (Guinea-Conakry). Tamén, aínda que un pouco mais lonxe, o Festival Folk da Carballeira de Zas. O domingo mais Pardiñas. E en Melide, festival de misses da terceira idade (rafinha non te presentes). Luns 7, na praza do convento espectáculo teatral coa compañía Lagarta,Lagarta (Con Ernesto Chao (miro pereira), rosa alvarez, etc etc). risas garantidas. E o xoves que ven, o grupo alemán RockAwayBeachBoys dende Alemania, facendo versións dos Ramones. No 600. O venres no Gatos, o grupo local Porka Miseria e os dezanos Skarmento. E volta a coincidir eventos no vindeiro findesemán. Botes e Troita. Arzúa e Sobrado respectivamente. En Arzúa o sabado, XsTRUME, Skarnio e Ruxe-Ruxe, e o domingo Flash Flan, Alberto Mbundi e Lamatumbá. E en Sobrado,VII FESTA DA TROITA EN SOBRADO DOS MONXES
12 de Agosto II FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE Festicultures Troupe Lony Fundación Toni Manero La Kinky beat
13 de Agosto Mañá Concurso de pesca Mostra de artesanía Sesión Vermú: ORQUESTA IMPERIAL Serán VI Baixada de Carrilanas "Circuito de Alvariza" Espectáculo Cabalar "E Gemelo" de Narón Noitiña Grupo de baile "A MARISTELA" de Sobrado Concerto folk A QUENLLA Foliada nocturna coa ORQUESTA IMPERIAL.
A todo esto xa escomenzou o mítico e senlleiro campeonato de verán de futbol sala de Melide, que leva un lote de anos enchendo as noitiñas deste mes no pavillón do Marco. Teredes cumprida información se damos, porque neste mes NON DAMOS FEITOOOOO.
sábado, julho 29, 2006
Onte venres estivo Mercedes Peón na Praza do Convento de Melide e ninguén sabía nada, eu entereime unha hora antes do concerto. Non sei quen é o responsable da desinformación, pero é triste que veña unha artista dese caladao ó pobo e que pase desapercibido. Por certo, a Peón ten moita familia por estas terras. Eu cada día vexo cousas mais berlnguianas que o propio Berlamga.
quinta-feira, julho 27, 2006
MELIDE MEDRA¡¡¡¡
Non moito, pero medra, que é o contrario a non medrar. Bueno despois deste axioma BarrioSesámico, dicirvos que Melide no último censo gañou 57 habitantes mais, pasou de 7.809 a 7.866. Dos cales 4.535 viven no casco urbano (sen contar Santa María, Furelos, e Castro -aínda que en realidade esteñan no devandito casco-). No padrón pasado eran 4.411 as persoas censadas. É dicir viven en Melide-pobo 124 persoas mais que o ano pasado. Moi destacado tamén o número de mulleres, 4.028 fronte os 3.838 homes, (sodes dous centos mais tias, tocades a 1.05 por cada home, quen dicía aquelo que eran cinco por home, e que algún estaba con dez?) Un bon dato si señor, si o comparamos -con quen iba ser, que non se me enfade ningúen eh¡¡- con Arzúa. Xa que no noso veciño concello, e sen embargo amigo, baixaron en 30 habitantes, de 6.632 a 6.602, mais ou menos como estaban. No que si é abrumante a diferenza é en casco urbano, Melide os 4.535 que xa dixemos é Arzúa 2.512, mais de dous milleiros de persoas que viven no pobo, eso sí as parroquias de Arzúa supérannos en todo, tanto económica como demográficamente. Mais datos no Instituto Nacional de Estatística. Sempre se dixo, e eu creo que é certo, que son moito mais ricas as terras de Arzúa, moito mais fertiles ("é Mariña"-vellos dixit) cas nosas pequenas parroquias montañosas (salvo excepción de Campos e algunha que outra zona mais). Para que vexades o adianto que nos levan os arzúans, as maiorías das parroquias teñen a concentración parcelaria feita dende fai mais de trinta anos. Aqui xa van..., bueno, é mellor calar. :). Que demostran estos frios datos, que o interior de Galicia está vivindo unha crise moi fonda de envellecemento de poboación e que, penso eu, só se vai salvar coa chegada da emigración. Tempo ó tempo. Xente nova que viva en Melide pola semana é pouca, non me extraña. Masa non a teño. Industria tampouco. É do campo...., eso merecería un "post" bastante amplio, porque ó noso agro chóvenlle paus por tódolos lados e mais. Se nos quitan a construcción e o sector servizos, morrer a miñoca.
LANDIS POSITIVO POR DOPAXE Floyd Landis o ciclista amish gañador do Tour 2006 parece ser que deu positivo, polo tanto mala nova para o mundo da bicicleta (cada dopaxe e un porto de categoría especial neste deporte) e boa nova de rebote para o galego indomable, Óscar Pereiro. Haberá que agardar para que se faga o contraanalese e despois os médicos da U.C.I practicaran unha serie de probas sorpres nun período de tres meses para saber se a testorena a segrega de forma natural o norteamericano ou é un fáctor esoxéno, mais info aqui. É unha mágoa tamén para os galegos do Phonak(seis, entre masaxistas e mecánicos. Phonak un equipo no que xa deron positivos outros corredores como o tamén yankee, Tyler Hamilton, e onde o cabeza de turco(aínda que non era da Coruña senón de Ponteareas) foi o director Álvaro Pino, que dende aquela andivo en vespino para agora liderar o proxecto da nova equipa ciclista galega, o Karpin Galicia. Pereiro, un tipo extrovertido e mediático onde os haxa que borra o arquetipo de galego que se ten por ahi endiante, apareceu o outro día en Mos, no homenaxe do seu pobo, cunha camisola onde se podía ler en inglés, Por favor non botedes mais misís.
sexta-feira, julho 21, 2006
Hoxe doble cita musical de altura en Melide.
Primeiro estalo na sala 600 (o a1)con Grupo Potemkin, unha banda onde varios músicos de grandes grupos galegos (Ruxe-ruxe, Papaqueixos, Os Tres trebóns, Papaqueixos etc) se xuntan co único obxectivo de armar festa e de mesturar cantas mais músicas distintas mellor. Teñen unha canción en Apologhit , a Calindra Xida, e non iba mal situada. E o outro estalo da noite, e non menos espectácular, e a chegada a Galiza na sua primeira xira do ska-punk-celta dos suizo-galegos Cenk. Outra vez mais a mítica sala gatos achéganos un concertazo de nivel, que ademais serve de punto de partida na nosa terra para esta xira galega dos helvéticos, que estarán entre outros sitios en Palas, Chantada, Ribeira (festa da dorna), San sadurniño, etc etc. Nani que grande eres. Podedes escoitar gratis os seus temas premendo eiqui. Xa sabedes ceade ben que a noite vai precisar de enerxia extra. Melide móveseeeeee. Por certo, acabo de velo no blog de Ghai-teirada xa é oficial o cartel do San Roque 2006. Melideinblog adíantouse en primicia, todo por vos xentiña, veña. Rock and roll¡¡¡
sexta-feira, julho 14, 2006
Sempre que vou ó Castelo polo Carme, e escoito as cancións propias deste tempo adicadas a virxe, acórdome sempre do amigo Carmelo que xogou no Cádiz a finais dos oitenta e principios dos noventa. Un home que parecía de todo menos central de balompé, os gaditanos bautizárono como "O Beckenbauer da bahía" e era un icono do clube xunto con Máxico Gzlez. Pois eso que cando escoito "Nubecilla del Carmelo senos protectora y madreeeeeeee" lembróme deste homiño. Aproveito este post para preguntarme porque no interior de Galicia (Melide e Arzúa) lle temos tanta fé e adoración a "Virxe do Mar". Para quen non o saiba as nosas terras estan regadas únicamente polo Furelos e polo Iso, entre outros.
Deixovos tamén a opinión de Otero Seoane sobor da adxudicación de licencias de tv, moi interesante o que di "desde dentro" e tamén nos confirma ós que estivemos algún día no audiovisual, que sigue sendo unha profesión mais inestable e volátil que o clima no San Roque, e que nas teles locais se cobra unha pouca miseria. Premede aqui.
HOXE NO MÍTICO PUB GATOS DE MELIDE, a partires da 1.00 h, o grupo de ska vigués, KOGITO ERGO SUM Sonidos xamaicanios para unha noite que se presume apetecible, tanto no eido meteorolóxico como no eido musical. Xa sabedes se non encotrades nada mellor, dubidoo, tedes esta proposta. Veña.
quinta-feira, julho 13, 2006
Vouvos dar unhas datas de Concertos e Festas imprescindibles este verán:
-Venres 14 de Xullo, no Gatos, a banda de ska viguesa Kogito.
-Venres 14 de Xullo, Joâo Afonso, sobriño do Zeca, en Carballo (A Coruña)
-15/7 MILLADOIRO en Barakaldo
-15 de Xullo, FESTIVAL DA CHAIRA (A Pastoriza- Lugo) -Noitébregos -Os tres trebóns -Kogito -Saldos Arias -The Nerds
-15/7 LAMATUMBÁ + RUXE RUXE + MALVELA Vilaxoán de Arousa
-Venres 14 e Sabado 15 en Caldas de Reois (Po). FestivalCultura Quente
-15/16/17 de Xullo, festas do Carme en Melide, tamén en Arzúa.
-Xoves 20 de Xullo, en Castrelos-Vigo. Franz Ferdinand + Delorean + Femme Fatale.
-Venres,21 de Xullo, Cenk grupo punk-ska-celta dende Suiza. Moi bos.No Pub Gatos.
-Venres,21 de Xullo, Banda Potemkin, en Disco 600, grupo que mestura moitas músicas.
-21/22/23 de Xullo en Vilar de Mouros, norte de Portugal, o considerado mellor festival da península, con Sepultura, Iggy Pop e Kussundulola entre outros.
-23,24,25 de Xullo, Festigal no Campus-sur en Compostela, o 24/7 tamén esta anunciado Banda Bassotti en Compostela, non se sabe aínda onde e quen o organiza.
-Festa da Fraga nas Pontes, o 24 estarán Berrogüetto e La Bottine Sourient e o 25 Lamatumbá.
-25 de Xullo. ZIGGY MARLEYen Vigo Parque de Castrelos .
-26 de Xullo : Santiago (praza da quintana) Maceo parker (98% de funk e 2% de jazz).
-Venres 28 de Xullo, Rock and Motos no Camiño.El Ultimo ke Zierre, Desorden, A Banda de Poi,Cenk. Palas de Rei.Gratuito. -Sábado 29, segunda xornada do Festival de Palas, La Excepción,Dark la Eme,Octubre 28,Alén.Entrada de balde.
-29 de Xullo, FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA (Narón) Gaitas de Artabria (Galiza) Lau-Tximino (Euskal-Herria) Nao (Galiza) Skacha (Galiza) Skarnio (Galiza)
Xa en Agosto,
1 de Agosto Vigo - Pet Shop Boys, Auditorio de Castrelos.
2 de Agosto Vigo - Helloween, Auditorio de Castrelos.
3 de Agosto Coruña - Paul Weller + The Sunday Drivers + Burning, Riazor. Noroeste Pop - Rock.
4 de Agosto. Melide. Saldos Arias. Pub Gatos.
5 de Agosto. Festival da Carballeira, Zas (A Coruña)
-XOCHILMICA (Galicia)
-CRISTINA PATO & MUTENROHI (Galicia)
-LUNASA (Irlanda)
-COMAS (Bélgica)
5 de Agosto. Coruña - Limones + Miguel Costas & Silvia Superstar + Teo Cardalda & Juan Rivas & Iván Ferreiro + Siniestro Total,Praia de Riazor.
-12 de Agosto. Festival dos Botes. Arzúa.RuxeRuxe e +
VII FESTA DA TROITA EN SOBRADO DOS MONXES 12 de Agosto II FESTIVAL MUSICAL E INTERCULTURAL DA XUVENTUDE Festicultures Troupe Lony (grupo rock Teixeiro, o baixista é Toxo) Fundación Toni Manero La Kinky beat
-13 de Agosto. Festival dos Botes. Arzúa. Lamatumbá e +
12 de Agosto. Narón . Def con Dos. Trasancos Rock.
-14/15/16 en Paredes de Coura, Portugal pretiño da fronteira con Galicia.O Festival mítico de Paredes de Coura.
-15/16/17/18/19/20. San Roque`06 en Melide, coas mellores bandas de música e as mellores orquestras de Galicia. Peche de festa o domingo día 20, con (primicia absoluta para o blog)MUCHACHITO BOMBO INFERNO.
-SABADO 19 DE AGOSTO. SAN QUEREMOS 06. + info aqui
-19 de Agosto, FESTIVAL DO CASTRO (Pantón - Lugo)
-A BAnda de Poi -Dios ke te crew -Os tres trebóns -Os Carunchos -Nao -Caldaloba -Papacola
-26 de Agosto, Concertos na Explanada Pabellón Municipal de Deportes de Lugo -La banda del camión -Juan Rivas -Iván Ferreiro -Deluxe -Miguel Costas & Silvia Superstar
-27 Agosto: Festa do Río (Arcediago - Santiso)
-28-29 Agosto: Festas do San Agustín (Visantoña)
En Setembro, o 10, segundo domingo do mes, SAN CARALAMPIO, 60 aniversario. Entre outros estarán Trópico de Grelos e Festicultrores Trouppe, ademais poderá haber algunha sorpresiña.
Buff, que verán meus, e esto é só unha pequena parte do que hai no país, + info en