Parecidos razoables Non foi sen tempo, pero hoxe acordeime de poñelo, non cabe dúbida de que Andy e Lucas viven en Melide aínda que se fagan chamar Juan de Orois e Victor das Barreiras.
segunda-feira, junho 23, 2008
23 de xuño, noite meiga, noite de San Xoán, a sardiña unta o pan, noite meiga, pistoletazo de saída do veran 2008. A pasalo o mellor que se poida¡¡¡ e cuidado co lume¡
Algún día tiña que ser, e foi onte. A Selección de fútbol ,cun Iker Casillas incomensurable, gañoulle a Italia pero sobre todo gañoulle á Historia (futbolística xa que no resto dos deportes de equipo onde vai que somos mais competitivos). Non foi sin tempo. Venceronse as vellas pantasmas que sempre aparecian a altura de cuartos de final. Segundo votastedes na enquisa este ano había mais confianza que en outras ocasións, agás claro está, eses que tiñan que ensilar que desexaban mais que o tempo os respetase para cumplir coas labouras típicas deste tempo. A "nosa" Portugal non poido acceder as semis ó caer diante dunha Alemania que son os de sempre. Pediume Josu_castelo que recordase neste recuncho que foi Gary Lineker e non "outros" quen dixo a famosa frase :"O fútbol é un deporte de once contra once onde sempre gañan os alemáns", ahí queda e canta razón tiña o bon do inglés. Turquía, Alemania, Rusia e España. A ver que pasa, boa Eurocopa este ano, si señor. Pd: Podemos = Yes, we can, que coincidencia. PD 2: Despois non queremos que nos chamen país de pandereta, sangría, sol y toros.
quinta-feira, junho 19, 2008
...ESTO ME SUENA... Esta historia xa está moi vista, Italia pasa a trompicóns e con moita sorte a primeira ronda e despois firma un gran campionato e incluso gaña a competición. Que opinades vos cambiará a dinámica este domingo, ou non? Cecais sodes partidarios de apuntarse, para nos non é tanta novidade, ó apoio que fai o Intermedio de Wyoming a selección de Portugal.
terça-feira, junho 17, 2008
COMO O GUADIANA, APAREZO E DESAPAREZO Bueno, canta "pacencia" tedes, unha semaniña sen escribir nada e aínda vos achegades por este recuncho para ver si actulizo dunha vez ou que carallo pasa, pois como estades lendo xa estamos aquí de novo. Primeiro de todo o Concello de Melide xa ten nova web, totalmente actualizada con novas, avisos, convocatorias, en fin todo o que se espera dunha páxina deste tipo. concellodemelide.org é o novo nome da web. Segundo. Xa sabemos algunha das actuacións para este verán en Melide, Lamatumbá vai estar en Xullo no VaideCamiño, Marcos Teira taména andará por ese mes pola praza do convento, e tamén nos enteramos de quen vai pechar as Festas do SanRoque 2008, o ex-pirata Iván Ferreiro. Outro Ferreiro, o noso gran piloto, participou no II Rallye show Cidade de Vigo deixando coma sempre o pavillón moi alto.
E seguindo no plano deportivo o Cire quedou fora na copa perante o equipo de preferente, Vizoño S.D, nun gran partido dos de Melide pese a derrota que puxo fin a unha gran campaña que quedara para a lembranza do fútbol melidán. Os veteranos quedámonos a un punto das posicións do ascenso pero aínda non está todo dito porque cecais suban mais dos previstos. O Atlético xuvenil subiu a liga galega na repesca despois de remontarlle un 2-1 ó Brexo-Lema, coincidirán para o ano con outro equipo da Cerne que subiu este ano, o Monterroso. Noraboa. O Melide FS confirmou a permanencia na liga autonómica nun partido épico onde loitaron a parte de contra o Riveira, contra a propia Federación que lles mandou celebrar o partido despois de que non se presentaran os do Barbanza cando tiñan que facelo. E fai dous domingos foi o Día do Deporte en toda Galicia, en Melide celebrouse na pista do mulitusos e nos cantóns, deixovos unhas imaxes do gran Alberto Neira (xogador dos veteranos do Cire e directivo do Melide Fútbol Sala) subindo polo rocódromo de Ferventía, o mais difícil non foi que subira senón que puxera o casco. ;), veña. Tamén se disputou este fin de semana en Arzúa, un torneo de Fútbol 7 organizado polo CSD Arzúa, fixemos un equipo de última hora e pese a acudir sen porteiro chegamos a final. Non se poido gañar, se cadra polo cansacio e por algunha que outra decisión arbitral, pero foi moi bonito, sobre todo o partido de semifinais onde Fernando Carreira se volveu a convertir no "Gato de Orois" e parouno todo incluído dous penaltis os homes da escadra arzuá do Ameixa. O equipo chamóuse Melide, e estaba composto por xogadores do Cire e do Palas: Fernando, Luis Eugenio, Mateo, Paquiño, Chorén, Horacio, Quintela, Koeman, Ivo...fixeron un gran papel no campo do Viso. Parabens a eles e o CSD Arzúa por este tipo de iniciativas¡¡¡
sexta-feira, junho 06, 2008
AXENDA FINDE O próximo día 8 de xuño celebrarase en Galicia a Festa do Deporte, actividade que ten como obxecto levar o deporte á rúa, aos parques, aos xardíns... que o deporte "tome" as nosas cidades, vilas e pobos durante unhas horas (10 a 14 horas) para reivindicar a importancia da práctica deportiva na vida das e dos nosos cidadáns.En Melide, será a partir das 11 horas no Edificio Multiusos, onde se desenvolverán actividades de predeporte fútbol e baloncesto 3x3, tenis-, circuítos de bicicleta, e unha sesión de batuka que a Concellería de Deportes está ultimando para incluír no programa. Tamén se organizará un circuíto de xogos populares e tradicionais, cos que se quere animar á participación a todos os segmentos de idade.A partir das 17 horas, as actividades trasladaranse ao céntrico Cantón de San Roque, que acollerá xogos tradicionais e xogos de mesa nos que o que se procura é a convivencia a través do deporte, no canto da competitividade. + Deporte: Melide FS Jim Sports ten que xogar este sábado, por obrigación da Federación, o partido que se lle dera por gañado, por incomparencia, contra o Riveira. Ás oito da tarde no Pavillón da Martagona todos a animar o Melide FS para corroborar a permanencia fronte os do Barbanza. CONCERTOS Hoxe venres, na sala 600 monólogo, ás 12.30, a cargo de Sebas Méndez (ex-compoñente de Ruxe-Ruxe). O título da peza é "Joselito, Ángel Cristo e Maradona son la misma persona" Hoxe tamén, no histórico Pub Gatos, actuación doutros históricos (do rock en galego, e de actuar no Gatos) os sempre contundentes e cumplidores ZëNZAR, dende Cerceda, Bocixa, Tabeallo, Mario Grela e Paco Cerdeira entre outros. Puro rockandroll, cita ineludible para os amantes deste xénero. E mañán, no Gatos, mais concertos (tamén de históricos), TONHITO DE POI E RASA LOBA visitan por primeira vez o templo do rock da cerne de Galicia, un concerto tamén moi prometedor.
quarta-feira, junho 04, 2008
FERREIROOOOOOOOO
O de este home é moito, non para e ten corda para rato, a pesar dos desprezos que sofre por parte dos "altomandos" do automovilismo, que entre outras couaas aínda non lle entregaron o Trofeo por ser o campión nacional de rallyes, na modalidade de vehíuclos históricos, na pasada tempada. Pois no mellor rally de España, o Rías Baixas, Ferreiro voltou demostrar porque é o piloto mais querido da afección, grande SUSO¡¡¡¡
Cóntocho.eu Será o vindeiro sábado 5 de xullo no Pino. Este ano han estar Cándido Pazó, Paula Carballeira, Quico Cadaval, Xurxo Souto, Espido e Róber Bodegas, entre outros. Recollo esta nova de Vieiros, ten boa pinta este envento que se celebrará no Pino:
O ano pasado veu a primeira, e este tócalle á segunda Festa da Narración que chegará a Arca, vila do Concello do Pino o vindeiro sábado 5 de xullo.
Alí hanse xuntar, durante todo o día, xente de todo o país a contar os seus "sucedidos", narración orais curtas que cada quen conta e re-conta ao seu xeito porque, como din os organizadores (o Colectivo Tatalo e a Nova Escola Galega) as historias son irrepetíbeis, irrecuperábeis tal como saíron do maxín e dos beizos de quen a contou, e, inevitabelmente, mudan cando se re-contan: "por máis que a historia volva ser contada xa non será a mesma, coma o río aquel".
Desta volta organizaron unha Xornada de Oralidade para os educadores, cuxo prazo de inscrición xa está aberto. Nesta actividade de formación ha colaborar xente coma Antón Cortizas e Montserrat Rivero (do grupo Leilía). Tamén haberá conferencias, impartidas pola narradora, actriz e escritora Paula Carballeira e o escritor Bieito Iglesias.
Máis tarde chegarán os contacontos, nos que intervirán Quico Cadaval, Xurxo Souto, Cándido Pazó e Paula Carballeira, e, a seguir, Espido (Guadi Galego e Guillerme Fernández) ofrecerá un concerto ao vivo. Ao mesmo tempo, están organizadas sesións de contacontos nos bares de Arca, nas que participan as persoas inscritas e que estarán presentadas por Róber Bodegas, Celso F. Sanmartín, Eva Varela e Carlos Santiago. A festa terminará coa actuación do grupo de gaitas Tombalobos.
Pódese consultar toda a información e inscribirse para a grande festa dos contos na web
OS REIS DE COPAS O Cire está empeñado en redondear aínda mais, se cabe, esta tempada 2007-2008 e antonte eliminou a todo un Olímpico de Rutis, un club con moito pedegree nas zonas das Mariñas, nun gran partido de todo o conxunto, con grandes destellos de calidade, por exemplo de Miki, Jechu e Perilla. E o sorteo celebrado onte na Federación deparou que nos tocara o actual campión desta Copa da Coruña, o Vizoño de Preferente, un gran equipo pertencente o Concello de Abegondo e cun gran palmarés no seu haber. Non vai ser fácil derrotalos pero a ser a partido único e en Melide (este domingo 8 de xuño ás seis) todo pode acontecer. A ver se temos sorte e coa axuda inestimable da nosa gran afección podemos plantarnos en Semifinais do torneo do K,O. Noraboa rapaces por esta nova machada, sodes o máximo¡¡¡ PD: A foto é do plantel do noso rival, o Vizoño.
sexta-feira, maio 30, 2008
MELIDÁNS QUE TRUNFAN: VÍTOR MEJUTO Segundo recolle hoxe a Voz: Vítor Mejuto, responsable de la sección de fotografía de La Voz de Galicia, inauguró ayer en Madrid una exposición de pintura titulada Mundo troquelado, un conjunto de doce cuadros pertenecientes a una misma serie y ubicados dentro del estilo denominado como abstracción geométrica. Durante un período aproximado de tres semanas, este fotógrafo nacido circunstancialmente en Barcelona, pero que reside desde los 10 años en Galicia con toda su familia de la tierra, muestra en la Sala de Arte Geométrika, un trabajo claramente introspectivo, y que está basado en la generación de formas nuevas y en las leyes de la geometría. «Mi obra se puede enmarcar dentro de la tradición de lo que se dio en llamar abstracción geométrica, disciplina cuya génesis podemos encontrar en el constructivismo ruso, que produjo el suprematismo, la Bauhaus y el movimiento De Stijl holandés, y que más tarde fue asumido por informalistas de la escuela de Nueva York, como Frank Stella o Kenneth Noland», explica Mejuto. Algunas de estas propuestas derivaron en el Minimal, mientras que otras, como en el caso de Peter Halley, revisitan la obra de los grandes maestros para acuñar el término Neo Geo. «Esto no es otra cosa que valerse del espacio y de sus propiedades, del color y su comportamiento, para hablar más de pintura y menos de emociones. Aunque esto último es muy discutible», precisa este fotógrafo gallego de sangre y sentimiento. Vítor Mejuto es consciente de que esta clase de pintura no está muy popularizada, aunque precisa que cuenta con «bastantes seguidores». «En España hay artistas de gran prestigio que siguen este estilo -precisa-, como Palazuelo y Gerardo Rueda; incluso en Galicia también hay algunos que sobresalen, como Luis Carucho y De Labra. Es más, muchos miembros de esta escuela se han integrado en el llamado Grupo de Cuenca». Este profesional de la fotografía, que estudio tres cursos de Bellas Artes en la Universidad de Salamanca, reconoce que su gran preocupación en esta actividad artística es el color y la frontera que existe entre los distintos colores, además del lenguaje y los volúmenes que usa para combinarlos. Vítor Mejuto, que reside en Vilagarcía de Arousa desde hace 14 años, los mismos que lleva trabajando como fotógrafo en La Voz de Galicia, lleva doce dedicando gran parte de su tiempo libre a la pintura: «Una vez que abandoné la figuración, siempre me he movido en estos presupuestos». Además de haber expuesto en distintas localidades gallegas y españolas, el año pasado lo hizo en Ámsterdam. Vítor tamén ten blog: Preme e páxina web: Preme
quinta-feira, maio 29, 2008
..Tí imaginate a reina de Ingaletrra...
Facendo unha ronda de visitas polos blogs da comarca, atopeime con esta marabilla no blog de Ghaiteira, trátase dunha discusión de dous paisanos nun bar sobre Rodolfo Chiquilicuatre, jajaj, gracias Ghaiteira por descubrirnos este grandísimo video:
Somos unha potencia en videos pra o Youtube. ;)))
(...) UNA CHISPA ME COMA
Mandáronme un mail (gracias -almunasberzas-) que viña con este video agregado e véxome na obriga de compartilo convosco xa que o mesmo ten a súa coña. Digamos que é unha continuación do de Tojeiro (droja no cola-cao), o de M.C.D (mecagho nas estrellas...), o de Bin Laden (son gran traballador...) etc etc, os frikismo galego en acción.
quarta-feira, maio 28, 2008
Domingo 1 de Xuño, ás 18.00 h. no Municipal de Melide, partido único.
SEGUIMOS DE COPAS
Despois de eliminar en dazaseisavos de final a un dos "gallitos" desta Copa da Coruña 2008, o recén ascendido a primeira, Mesón do Bento C.F, nun partido épico xogado d poder a poder no Municipal melidán, podedes ler unha acertada crónica do envite no blog das Brigadas Azuis, agora tocounos en sorte nesta ronda, octavos, un rival a ter moi en conta tamén , o Olímpico de Rutis (Vilaboa-Culleredo), quinto clasificado na Segunda Autonómica Grupo I (para o ano será un dos nosos rivais) e que é todo un histórico do fútbol modesto das mariñas coruñesas. Agardemos que o domingo sexa todo unha festa de fútbol e de nada mais, e que o Cire se plante en Cuartos de Final, para que se cabe, facer mais redonda esta campaña 2007-2008.
terça-feira, maio 27, 2008
CARLA DA GANDARA DE BARRANTES Juan Rial, campión galego de hípica na modalidade de Andadura, xa non compite con tanta asiduidade cos cabalos e agora anda mais centrado na cria de cans de pedigree. A cadela que lle ocupa ó tempo a Juan, chámase "Carla" e é da raza "Montaña do Piríneo", mercouna a uns rapaces de Tomiño (Pontevedra), Gándara de Barrantes. Xa a levou a varios concursos-exposicións, Portugal, Exposición Internacional de Vilagarcía e o pasado fin de semana acudiu a "LXXX EXPOSICION INTERNACIONAL DE PRIMAVERA" de Madrid, que se fai en Talavera de la Reina, non poido sair mellor a experiencia xa que a exempladr de Juan e Conchi acadou o primeiro premio, EXCELENTE 1ª CLASE INTERMEDIA. Noraboa os donos e por suposto a Carla.
HUMILDES E VANIDOSOS Vin no blog de Marcus un video dun programa de TVE que ten bastantes similiutdes co Callejeros de Cuatro, chámase "Comando Actulidad".
En dito video o reporteiro entrevista a Matías El humlilde, un auténtico personaxe que semella sacado da saga "2 Fasta 2 Furious", moi coñecido por colgar videos no Youtube das súas tolerías por Mallorca. Cando rematei de velo veume a cabeza outro persoeiro que acadou sona na rede despois de aparecer no gran programa "Callejeros". Trátase de Ramón "El Vanidoso":
Fíxose tan popular, que as mentes inquedas dos internautas fixeron as preceptivas parodias animadas:
sexta-feira, maio 23, 2008
CONCERTOS EN MELIDE, ESTA FIN DE SEMANA: No Pub Gatos Nani informanos do seguinte: O venres 23 visitannos dúas animas en pena. Dende a católica Zamora chegan PUNKATS, dúo Psychoacusticpunkbilly, composto de guitarra e voz que aparte da súa forza musical non deixarán a nadie indiferente pola sua interactividade co público e polos seus disfraces. Son uns demos. Entrada gratuíta.
E o sábado 24 ata o Gatos e dende A Coruña veñen felicitarlle os 60 anos a todo un mito e historia viva DA MÚSICA DOS DERRADEIROS CUARENTA ANOS, o poeta do rock BOB DYLAN. Homenaxe que será feita por unha banda composta por músicos de distintas formacións herculinas e que para esta ocasión fanse chamar THE HIGH LIGHTS BAND, TRIBUTE TO BOB DYLAN, que penso que non é preciso decir que estilo e que pao tocarán no que será unha noite inesquencible. Sobre todo para aqueles que lles toquen as dúas entradas para ver a Lenny Kravitz en Vigo o 29 deste mes, xa que durante o concerto farase o sorteo das mesmas para aqueles que consigan participacións bebendo HEINEKEN. entrada gratuíta. Na Sala 600: Hoxe o grup coruñés TACRACK, no horario de costume.
quarta-feira, maio 21, 2008
SOFTWARE LIBRE. Un software para todos.
LUGAR: Edificio Multiusos de Melide. DATA: Sábado 24 de Maio. HORA: 18.00 h.
PROGRAMA:
18:00Presentación. Eduardo San Miguel. Consultor de TI-Indra 18:10.-INTRODUCCIÓN Ó SOFTWARE LIBRE. Rafael Rodríguez Gayoso. Enxeñeiro de informática. 18:30.-COLOQUIO 19:00.-TALLER DE GNU/LINUX. Jorge Lama Varela. Usuario de Linux. * A entrada é gratuita * Os participantes poden traer os portátiles para probar os programas. * O evento está dirixdo a usuarios de calquera idade e profesión.
PLAY-OFFS 2007-2008 A fichaxe de Pau Gasol polos LA Lakers fixo que os amantes do basket, nos engancharamos de novo a liga profesional estadounidense, a N.B.A. Tódolos afeccionados soñamos cunha final Celtics-Lakers e así rememorar os nosos anos de tenra infancia cando seguíamos a liga a traverso de "Cerca de las estrellas" de Ramón Trecet. Sabiamos os quintetos titulares de memoria dos dous equipos: Byron Scott, Magic Johnson, James Worthy, A.C Green e Kareem Abdul-Jabbar polos amarelos e Dennis Johnson, Danny Ainge, Larry Bird, Kevin McHale e Robert Parish polos de Massachusetts.-Corroeme a curiosidade, busco na wikipedia e atopo o seguinte: Su nombre proviene de una voz indígena local que significa "lugar del monte grande", como Monte-Alto logo, ou High-Mountain que din os neo-coruños. As finais de conferencia son as seguintes no Oeste: Lakers-San Antonio Spurs, e no Leste: Detroit Pistons-Boston Celtics. Non hai dúbida que os texanos e os "bad-boys" da Motown non queren ser convidados de pedra e trataran de evitar a toda costa a final do "glamour". A ver que pasa. Xurxo xa pronositcou a "anti-final"....todo se decidirá na "En-Bi-Ei Básketbol-American´s-geim"-
terça-feira, maio 20, 2008
CIRE-MESÓN Nos 1/16 de final da Copa da Coruña, o rival que lle tocou en sorte ó Cire no sorteo de onte luns, foi un equipo moi forte que acaba de ascender de Segunda Autonómica Grupo I (o grupo no que recalará o Cire a vindeira tempada) a Primeira Rexional. Trátase do clube ordense, Mesón do Bento C.F, que fai dous anos militou na mesma categoría co Cire pero que en dous anos fixo un auténtico equipazo. Xente tan experimentada como Chollas, Damián, Minguilla, Dani Regos, Cristian son os baluartes dos mesoneiros. O Cire ten a vantaxa de que xoga na casa,que é a partido único, e que tamén ten moita moral despois do ansiado ascenso desta campaña. Sen dúbida un gran partido no Municpal de Melide,en prinicipio o domingo ás 18.00.
ART-NATURA Info extraída da páxina da Asociación A.d.e.ga< o 23 de maio ao 6 de xuño. A exposición Art-Natura na que participan máis de 140 artistas e escritores galegos coa temática da defensa do medio natural inaugúrase este venres 23 de maio 20:00 no Edificio Multiusos de Melide. Na inauguración estarán presentes membros de ADEGA e do Concello de Melide na persoa da concelleira de cultura. A exposición permanecerá aberta dende o día 23 de maio até o 6 de xuño. A mostra realízase coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Melide e as consellerías de Cultura e Medio Ambiente. exposición “ART-NATURA”, promovida por ADEGA, é unha mostra itinerante por todo o territorio galego en defensa da Rede Natura galega e en defensa do noso Patrimonio Natural. Melide é a oitava localización na que se expón “Art Natura” tras Compostela, O Carballiño, Lugo, Oroso, A Coruña, Fene e Marín onde tivo unha boa acollida. Participan nela máis dun cento de artistas galegos con 102 obras plásticas, 28 literarias, e 2 audiovisuais. Durante este 2008, pretendemos tamén presentar a exposición en Pontevedra, Ferrol, Carballo e Cabanas. Permanecere atent@s ás novas convocatorias e datas