segunda-feira, março 12, 2007
Un Ferreiro que este ano tentará competir polo Campionato de España de Rallyes na molidade de históricos. ÁNIMO SUSO¡¡¡¡
Deíxovos un gran video homenaxe que circula pola rede adicado ó piloto mais espectacular do panorama galaico.
sexta-feira, março 09, 2007
quinta-feira, março 08, 2007
MULLER
Hoxe é o día da Muller Traballadora, a min esto dos días adicados pois que non me convence, así que hoxe é o día e o resto do ano xa non traballan, ;) deixando a parte a brincadeira, a min este poema da lucense Marica Campo musicado por ese grupo referencial que son Fuxan os Ventos, recollido no disco Sementeira sempre me pon os pelos crespos de emoción, mágoa non poder poñervos a música pero ahí vos queda a letra.
Ah, meu gaiteriño,
ainda macordo,
cando baixabas polo monte abaixo,
e víñasme ti dicindo:
“Bota carne no pote, Marianiña,
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro, enservelletado,
unha bota con viño, ¡chupáená!
- Muller, fartura de loita,
¿qué che hei decir eu, muller?
Se ti es como a terra nosa,
e a terra coma ti é.
Deixeivos a entrambas soias
anque convosco quedei.
Baleira quedou a terra,
ti, sementada, abofé.
E o vento decia:
“¡pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
- Ai, muller, ¿cántas noitiñas
te deitaches coa tristura?
E o vento frío traguía
as novas dos que marmuran.
E o vento decia:
“¡pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”
Ti és o milagre da terra
e a terra é un milagre teu,
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.
Pariches de pé o fillo,
como fan no monte as bestas.
E hoxe que volvo vencido,
para que eu venza ti te deitas.
E ó voltar, ¿qué che hei decir?
¡Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
pra percurar vida fora!
O inverno da emigración
roubóunos a primavera.
Quen eu era, xa non son,
e ti non es a que eras.
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
xa poden en Madrid falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han pagar
a nosa fame de outrora.
ANTROIDANDO
Non podía pasar por alto neste improvisado resumo da segunda quincena de Febreiro o noso benquerido Antroido.
O venres pouco , destacara Pájaro de Portocelo e a Mauro de Pelos polos seus improvisados e atinados traxes.
Ese venres houbo dupla concertil con "Turre´s band" dende Mos na sala 600 e "Daze of dawn" dende Canadá e Valencia no Gatos.
Dous concertazos, do primeiro destacar que había pouca xente pero que os nove ou dez músicos puxerono todo e agradaron o público variado que se congregou na de Miguel, acto seguido no Gatos a banda de Claude non defraudou e a pesares de cambiar os músicos non se notou a diferenza e incluso soaba mellor que en anteriores ocasións. Un privelexio que unha banda que se prodiga en primeiros festivais nacionais, como o Festimad, estivera na nosa humilde vila, e por certo sen pagar un céntimo de entrada.
Concertazo, qédamonos coa versión "The Wall" de Pink Floyd. O baixista desta formación axenciouse o casco de seis ou mais lustros de Pájaro e tocou con el a parte, longa por certo, dos bises.
O sábado, segundo me contaron, o 13 converteuse nun auténtico poboado suahili e seica che había ben mascarillas polas ruas da marcha melidá.
O domingo era o día dos pequenos, por certo foi o día en que Tarrío conseguiu o seu primeiro gol deste ano perante o PonteCarreira, noraboa os premiados. O luns,á parte de tres orquestras no pazo de congresos (si, tres), coma sempre no Lar (a ver si poño algunha imaxe a parte do carné dos porteiros que tedes aqui a dereita) voltamos a trunfar na noite fria e choivosa carnavaleira.
Maqueamos e tuneamos o local desta volta.... como O´Lar de Play-boy, unha especie de delegación-franquincia da mansión orixinaria que Hugh Hefner disfruta baixo o sol de California.Ó noso non lle faltaba de nada, yakuzzi, película, amor e por suposto Coelliñas: Lauren, Chique, Miguito, Puncho e Amiguete, Hugh: Óscar, bully-boys porteiros: servidor e Mancebo. Coma sempre sigo encasillado no papel de porteiro, aínda que desta volta tiven un compañeiro de altura e cabeza, Mancebo.Moita risa como vos podedes imaxinar.

E o martes, concurso oficial con premios no cantón e Queima do Antroido tradicional na praza das Coles (ou da constitución) organizada pola Asociación Curuxás. Na ilustración da dereita vedes o pregoeiro co Antroido ó fondo. E na da esquerda o Antroido ardendo. Carnival´s burning. Este ano non sei a que persoaxe do papel couché me recordaba, si oh unha muller que ten moitos títulos nobiliarios e que fala moi raro .... ;).
No pregón debutou Amiguete, teloneando a Manolo Parrado, todo un clásico, últimamente algo asonante na rima.

Amiguete fixoo moi moi ben , vestido de "skin" aqui vos deixo as coplas que este gran amante do antroido me deixou para as que puxera en primicia internáutica:
"Perdoade o meu estado o Antroido é o que ten, que ademais de disfrazarme tamén tiven que beber"
"Sonche uns días moi raros que todo vai do revés, os homes van de mulleres e o pobo ten o poder"
"Aproveito estes minutos para defender o meu, que Melide é caralludo agroa ídelo ver".
"Do "efecto-invernadero" non nos poden acusar, como aqui non hai industria non imos contaminar"
"Tampouco hai autovía, nin os coches van pasar, e o rollo de Kioto nós vamos a respectar"
"Eso dos mexilóns-cebra nunca vai chegar aquí, é que no río Furelos quen carallo vai vivir"
"Tamén hai gripe avaiar non nos imos preocupar, porque neste ambulatorio todo cho saben curar"
"Que dicir da inmigración, nunca van vir "Latin Kings", que seus pais queren traballo e que cona fan aquí"
"Corrupción, Julián Muñoz, todo eso que mais da, como aqui non hai un peso pouco nos poden roubar"
"O problema da enerxía a nós que mais nos dará entre encoros e muíños para todos vai chegar"
"Se é vespera de feira podereir morrer en paz, que entre pitas e conexos moita xente me a velar"
"De fútbol non vou falar que non son dos que controlan pero seica o Cire no seu campo non perdeu nin unha bola"
"Eu prefiro a natación e practicoa todo o ano aínda que non hai piscina podo facerme arzuano""
E por isto e moito mais Melide é o mellor ademias con tantos bares, paso de Marina D´or"
"Achéganse as eleccións, eu non as penso perder, como diría Mecano, "mujer contra mujer" "
"O sistema americano é o que se está a levar e na lama en bikini quero velas pelexar"
"Que diría o don Román tan cacique como é, e moi pronto en Santalla vai perder todo o poder"
"Non sei quen as gañará, nin sei quen vai perder o que si sei seguro e que os vellos van comer"
"E tamén aproveitade os dos sitios oscuros que en campaña electoral....farolas por un tubo"
"Como empezo a divagar só digo para rematar VIVA O ANTROIDO DE MELIDE ÍMOLO A RECUPERAR"

Antroido en Arzúa, ese pepsi e cia. Botes`07
Falar de "Pepsi-colo" é falar dun dos tios mais auténticos de Arzúa (moi querdido en Melide tamén) , unha das facetas nas que destaca "pepsi" é no dominio do idioma propio da vila do queixo: o "arzuo" (mestura do coruño e do castelán que se fala en Compostela).
Pois ben a Comisión dos Botes`07 elaborou unha comparsa adicada a "Festa nacional" e propuxéronlle o noso heroe que se vestira de Guardia Civil, o cal respostou "ai, sí hay traje , yo voy eh". E foi. Esta é a imaxe que quedará para a historia, vemos tamén o diestro Baltasar Pardal "El Carbonillas", peineta-fandinho , alcalde-rial como ben definiu Sexto na web do San Queremos onde estan colgadas estas fotos e mais.


quarta-feira, março 07, 2007

MEDRA O BLOGO-MILLO MELIDAO, DOUS NOVOS BITACOREIROS
Non hai moitos días que tiven coñecemento da existencia de dous novos blogues de persoeiros da comarca de Melide, que me perdoen por non sabelo antes nin poñelo na relación de ligazóns. Sin mais dilación estes novos bitacoreiros son Josiño e Félix.
Hai vos van as direccións destas duas mentes pensantes amén de moitas cousas colaboradores da Hora Amiga.
Dende Bath, United Kingdom:Blog de Fiz , a vida dun melidao na pérfida Albión.
E dende o pobo: Blog de Josi Josiño "Little Joe" falándonos dalgunha das cousas que mais lle prestan, música británica e as novas series de tv de calidade que chegan dende o outro lado do Atlántico.
Tamén agreguei en Ligazóns un blog dende Agolada moi interesante: Aquam Latam e a David "Husqvarna" que pensei que o tiña agregado e non, vaia fallazo, mondo bizarro, críticas de pelis, múscia progresiva, cómics, libros son só algo do que te podes atopar en Intramuros.
E por último Netos de Arzúa, o blog mais novo da comarca.
Dende a paradóxica data do 23-F que non escribía nada, e a verdade é que non sei por onde empezar porque dende ese tempo ata aqui pasaron bastantes cousas, a ver si son quen de contárvolas.
Aquel 23-F houbo concerto no Gatos do grupo estradense-quirogués Nao, actuación que non defraudou a ningúen e que confirmou a boa forma na que está o rock galego.
O 25 de febreiro, día de feira, quedará na historia como a data na que se xogou o primeiro partido oficial no campo novo do Cire. Facía décadas (finais dos oitenta, principios dos 90 cando aínda se disputaba o torneo do San Roque onde pasaron polo campo da estrada da Golada conxuntos coma o Lugo, Compostela, Lalín etc etc) que non se vía no campo, bueno agora xa casi estadio, tantísima xente.
Tantos anos de promesa e ao fin o novo campo é unha realidade. Que ledicia.
O partido veu precedido por un acto previo de inauguración e o rival que compartiu privilexio de entrar na nosa historia foi o Galegos de Frades.
Tódolos espectros sociais estaban aquel día no campo, históricos xogadores (deixaron o campo cheo de babas por non poder ofrecer o seu fútbol dantano nestas modernas infraestructuras), autoridades (no palco-vip), nenos (o sábado xa había rumores de que había agasallo de balóns, e xa se sabe..), estudantes, xubilados, parellas, pandillas, etc etc

O espectáculo no céspede mais ben escaso. O Cire dominou pero tivo que conformarse cun exiguo 1-0. Peque e Tarrío non tiveron sorte. A media hora de xogo a primeira tangana sobre o artificial céspede, tres expulsados (2 dos de Frades, un dos nosos). Os siareiros non animaban moito e os que acudimos sempre pois tampouco, ambiente frio. Tres puntos e a agardar a visita do Toques este domingo, nun partido que se promete moi disputado, agardemos que a victoria caía do noso lado, é dicir das Barreiras p`acó. Temos que saír alomenos tan motivados como no partido de ida.

A falta de imaxes puxen enriba unha das publicadas no blog do Cire, que por certo, xa superou as cinco mil visitas, noraboa Santi polo teu traballo por este clube, doble mérito se considermaos que vives en Palas, aínda que xa eres un melidao mais.
Blog do Cire.
Para acbar o capítulo fútbolistico, as categorías inferiores do Cire tamén disfrutaron do campo en sendos partidos amigables perante o Chantada e o Santiso, cadetes e xuvenís respectivamente. Sufrimos duas goleadas ante equipo de maior entidade e de ligas superiores. Destacar que os Cadetes foron campión da súa categoría e o ano que vén xogaran en Primeira Autonómica.
No fúbol sala seguimos terceiros a tiro de pedra da segunda praza que nos daría, malo será, o ansiado ascenso a Autonómica, a dupleta de adestradores Neira-Conde sege aspirando os obxectivos incicias, mágoa que os partidos como local os teña que disputar no veciño concello de Toques, debido os problemas que está a sufrir dende xanerio a nosa pista do pavillón municiapal, para quen non o saiba, instalouse unha pista de xeo sintética enriba da pista e o aceite que se botou na superficie para que esbararan as coitelas dos patins filtrouse na pista polideportiva (aínda que só esta pintada para fúbol sala) e ese aceite fai que ó único que se pode xogar agora é a manter o equilibrio e non romper unha perna.
Agardemos que os traballos de reparación con productos químicos dean resultados e senón pois que a empresa instaladora pague o pato e que se cambie de superficie, se pode ser parqué mellor que mellor.
sexta-feira, fevereiro 23, 2007
BREVE HISTORIA DO MUSEO DA TERRA DE MELIDE
27 anos de traballo por e para Melide
A directiva do Museo da Terra de Melide cre moi necesario dar a coñecer a historia do noso Museo á xente nova e con ese obxectivo publica estas páxinas nas que se pretende resumir o intenso e continuo traballo durante algo máis dun cuarto de século. Din que non se pode querer aquilo que non se coñece, por iso é moi importante dar a coñecer a historia do Museo da Terra de Melide para que cada vez sexa máis grande a familia de socios, amigos e admiradores/as do Museo.
Dicir para comezar que o noso museo naceu no ano 1978 por iniciativa dun grupo de amigos interesados no estudio, coñecemento e divulgación da cultura e o patrimonio da Terra de Melide.
1ª época: 1978-1982
Instálase no baixo da Casa do Concello, nas dependencias da entón Biblioteca Municipal, cunha mostra arqueolóxica castrexa e facendo cada verán exposicións temporais de etnografía, charlas e conferencias que puxeron os alicerces do futuro proxecto e creou a necesidade de conseguir máis espazo para unha exposición permanente de etnografía.

Nun tempo no que se abrían pistas, estradas e camiños, houbo numerosos achados arqueolóxicos á beira dos castros da Terra de Melide, e isto fixo posible a recollida fortuíta de anacos de cerámica castrexa. A eles engadíronse máis tarde outros útiles atopados nos labores agrícolas, moitos dos cales foron doados por nenos das escolas, sabedores do seu valor histórico grazas ás charlas e mostras que un grupo de afeccionados, chamado Grupo Arqueolóxico “Trisquele”, facía nas escolas e colexios da comarca. O Grupo Trisquele estaba formado por Xosé Manuel Broz Rei, Roberto Penín e os irmáns Xulio e Benedito Álvarez García. Este grupo de amigos puxeron, sen dúbida algunha, a semente do Museo da Terra de Melide.
Posteriormente, asínase a Acta Fundacional do Museo da Terra de Melide na que aparecen como fundadores do mesmo os seguintes: Xosé Manuel Broz Rei, Xosé Domingos Fuciños Gómez, Xulio Álvarez García e Benedito Álvarez García.
2ª época: 1982-2000
No ano 1982 faise o traslado a unha casa particular na que se instalan dúas salas: Arqueoloxía e etnografía. Unha casa de Xosé Domingos Fuciños, moi próxima á Praza do Convento, foi a sede do Museo durante 19 anos.
A colaboración da xente e o constante apoio económico dos socios/as foron decisivos dende o comezo pois a meirande parte das pezas eran doazóns e conformaron a primeira mostra da cultura da Terra de Melide.
3ª época: 2001-2005

No ano 1999, os numerosos fondos do Museo e toda a súa actividade esixían unha total renovación e ampliación pois o pequeno local era insuficiente. Foi así como se decidiu adquirir o antigo hospital de peregrinos de Melide, unha das casas máis antigas e importantes da vila posto que data do ano 1502.
Foi tal o interese xeral no novo proxecto que en só tres meses conseguiuse os oito millóns de pesetas necesarios para mercar a casa. Dese xeito, o pobo de Melide mercou por subscrición popular o que é na actualidade o Museo da Terra de Melide. Grazas a ese admirable e singular feito, o Museo ten hoxe un edificio propio, se cadra, como premio a toda unha vida dedicada por enteiro ó estudio e divulgación da cultura dunha comarca e a gardar, conservar e transmitir a nosa memoria histórica e cultural á novas xeracións.
Unha vez mercado o inmoble, cumpría reconstruílo e, para iso, recibiuse no ano 2000 unha achega económica da Xunta de Galiza e da Deputación da Coruña de 30.000 euros cada unha. Pero, esa cantidade non foi suficiente para levar a cabo as obras, polo que fixo falta novamente a axuda económica dos socios. Nunca debemos esquecer que os veciños, socios e amigos de museo responderon unha e outra vez a este proxecto e así foi posible xuntar máis de 10 millóns das antigas pesetas para a construción do edificio
Finalmente, despois de dous anos de obras non exentas de grandes dificultades e problemas que convén esquecer, tivo lugar o 26 de maio de 2001 a inauguración do novo Museo. Facíase así realidade un soño que enche de orgullo a todos os melidenses.
O Museo abría así as súas portas sabendo que aínda quedaban moitas obras por facer e mellorar. Houbo que poñer uns pasamáns provisionais de madeira, o chan das plantas quedada cunha capa fina de cemento, a luz das salas era moi deficiente, non se puideron colocar persianas nas ventás traseiras, etc. E así estivo o Museo durante catro anos.

4º etapa: Dende o 2005
Houbo que agardar case cinco anos para poder ver rematadas as obras do Museo e foi grazas á importante axuda de 30.000 € da Deputación da Coruña. Así, o 30 de novembro de 2005, O Museo da Terra de Melide abriu novamente as portas cunhas instalacións totalmente renovadas e melloradas. Foron o Presidente e Vicepresidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda e Xaime Bello e a Deputada melidense, Socorro Cea, os encargados de inaugurar as novas instalacións con madeira no chan de todas as salas, pasamáns novos de aceiro e cristal, persianas, vitrinas acristaladas, máis iluminación, etc.
Agora si que temos un Museo digno de ser visitado, do que podemos sentirnos moi orgullosos e do que temos a obriga de coidar e mellorar cada ano.
Finalmente, cómpre lembrar que, 27 anos despois do nacemento do Museo da Terra de Melide, a Xunta Directiva do Museo está formada por Xosé Manuel Broz como Director-Presidente do museo, Benedito Álvarez de secretario; o seu irmán Xulio, como vicepresidente do mesmo e Xosé Antonio Díaz Rodríguez como tesoureiro e que na actualidade contamos con máis de 300 socios repartidos do seguinte xeito:
13 socios protectores que pagan 150 € ao ano
33 socios colaboradores (55 € ao ano)
327 socios que pagan 30 € ao ano.
A todos eles, o noso máis sincero agradecemento pois a súa fidelidade co Museo fixo posible facer realidade o proxecto cultural máis importante que temos no noso Concello.
Dicir tamén que o Museo da Terra de Melide pertence desde a súa fundación en 1981 ao Consello Galego de Museos.
Agardamos que este breve resumo da historia do noso Museo sirva para coñecelo un pouco mellor e para que siga medrando o número de socios pois son a mellor garantía de continuidade, conservación e mellora do mesmo.
Soqui Cea Vázquez
Socia do Museo
quarta-feira, fevereiro 21, 2007
OUTROS DEPORTES DE MELIDE NOS ANOS OITENTA
PRIMEIRA DÉCADA DE OURO DO BASKET EN MELIDE
No ano 1.983 unha triple conxunción de factores, instalación dunhas canastras nas pistas do Grupo Vello, a chegada a Melide de J. Luis Casado e a camiseta de tirantes verde Meyba de Lois Blanco, motivan o rexurdimento da práctica do basket na nosa terra.
Ese mesmo ano, tras unha azarosa viaxe no Freire, Lois Blanco e Miliski, mercan dúas canastras en Santiago, para instalar no patio do Grupo Vello, o vetusto campo era casi tan ancho como longo. Empezan así os campionatos do Instituto e os partidos internacionais que se celebraban cada ano contra Arzua, xa que os mestres de ximnasia, Maria José e Luis, tamén exercian no Instituto da capital do queixo.
O primeiro partido en Arzua deu nun masivo lanzamento de rubias (pesetas da época de franco) o alirón de “peseteros, peseteros” e remate con derrota melidense.
Terá que ser no 87, cando se consiga a ansiada victoria sobre o eterno rival, foi no Polideportivo de O Viso de Arzua, adestrando a escadra melidense, o mítico Leopoldo (profesor de Xeoloxía) que cunha defensa de “desplazamento de placas” (unhas rudimentarias axudas), que a medida que avanzaba o partido convértese na tradicional estaca, e un ataque “de erosión” que consistia en esgotar a posesión ata o límite (daquela eran 30 segundos).
Eran tempos nos que Fon de Mina tiña tódolos números do Gigantes e machacaba na canastra do seu patio, nos que os afeecionados melidensense vian a Olimpiada dos Anxeles 84,as tantas da madrugada, acadar a España a medalla de prata cos históricos: Arcega, Beirán, De la Cruz, Corbalán, Jiménez, Llorente, López Iturriaga, Margall, F.Martín, F.Romay, Epi e Nacho Solozabal e os partidos da NBA na segunda, narrados por Ramón Trecet, con Larry Bird, Magic Johnson, Michael Jordan, etc.
Houbo dous intentos de federar un equipo de basket, a principios dos oitenta Pérez co patrocinio do Banco de Bilbao e a finais ,Manolito Ribeirao. Ambolos dous intentos fracasan, xa que ben sabemos que a unión melidense , foi unha empresa de autobuses.
A foto é unha selección de veteranos do Instituto de Melide, que o 6-4-1.990 xogaron contra un selección do Instituto.

Erguidos: Charly Cordido, Kike Torreiro (nunca te esqueceremos), Manolo Torreiro, Santos e Gamero.
Anicados : Manuel Rios, J.L. Casado, Pipino e o inefable Pedro Panduriño (arbitro).
Lembrar máis nomes daquela máxica década aínda a risco de que quden moitos no tinteiro: Lois Blanco, Jose Militar, Vilariño, Macareno, Jordi “Epi” Boimorto, Javi Breaker, Miliski, Manito, Jim , Puntero, Fonde Estilo, Luis Rios, Xaime Fundación, Litera, Óscar Becerra, Guillermo Casado , Pablo Casal, Carlos Fondevila , Juanjo, Rivi, Zarokas, Javi e Juan Rosquilla, Kike Monstruo etc etc
CICLISMO DOS 80
Ante todo agradecerlle a Alberto Blanco que me deixara estas fotos que petencen ó seu tio Antonio, gran amante do deporte do pedal.
A data é imprecisa pero debeu ser polo 86/87 cando o gran corredor do mítico Teka, Suso Blanco Villar (agora é o nº dous de Álvaro Pino na dirección do Karpin-Galicia) daquela recente gañador de tres etapas da Vuelta a España e de quedar primeiro na Volta a Galicia e a Castela-León tivo a ben vir a Melide(aqui debeu xogar a favor que o corredor era de Rois e xa fai moitos anos que unha empresa de calefaccións leva operando na nosa vila, polo que a xestión de traelo poido vir por aqui) a desfrutar dunha xornada de ciclismo cos rapaces e non tan rapaces da vila e os afeccionados o ciclismo en particular e o deporte en xeral.
As fotos a parte de para recordar a infancia de moitos tamén nos serven para ver como cambiou Melide en escasos vinte anos.
O cantón de San Roque, a subida dende Santa María cara a Sabián, as pilas de madeira da serra de Elisardo na zona do actual Bodegón Celta son algún dos marabillosos fondos para emarcar esta viaxe pola historia de Melide e as súas xentes.




Esta última foto pertence a unha das competicións que se celebraban no San Roque e que se dominaban "Días da bicicleta", como se pode apreciar o emplazamento da meta-saída é a estrada da Coruña.
segunda-feira, fevereiro 19, 2007

"MELIDE É MAIS VITAL": Cristina Lago
Ollando os blogues dos Fernández Otero, http://www.marcus.es e http://www.xurxo.net atopei o video da que será participante por Melide no novo programa da Galega chamado Son de Estrelas, unha especie de OT presentado por Teté Delgado e onde os concursantes son seleccionados por comarcas. A nosa representante chámase Cristina Lago, ten 21 anos e é camareira. No video ela di que é de Arzúa, ??, algúen dixo que era de Baltar (unha parroquia pertencente a Melide pero mais perto do concello de Arzúa), e nel da a súa opinión (debéronlle preguntar que diferencias había entre as vilas) na eterna comparanza con respecto ás duas cabezas comarcais do interior. Entre os seus gustos musicais están "Mónica Naranjo" e "Camela" , grandes clásicos que aínda se escoitan en Radio Melide en doble sesión.
quinta-feira, fevereiro 15, 2007
Hoxe estiven falando cun home que é historia viva do deporte nas comarcas do interior de Gz. Trátase do arzúan de nacemento e melidán de adopción J.L Carril que leva mais de trinta anos federado ó fútbol (actualmente milia nos veteranos do Arzúa) e empezou xogando en categoría senior no CSD Arzúa sendo un cativiño e con ficha de xuvenil. Coñezo a Carril dende fai anos e a verdade é que se lle iluminan os ollos cando fala das épocas douradas do fútbol da comarca, el militou no Arzúa (en Rexional Preferente), no Boimorto (ídem), no Órdenes (alomenos tamén en preferente), no Cire de Melide e en mil equipos mais ,en maratóns de fútbol sala ou onde o chamasen, tamén foi gañador de probas de carreira pedestre (hei conseguir unha foto na que sae cunha copa na que é cuspudiño a Fandinho). Gustáballe tanto o deporte que había fins de semana nas que xogaba a tres e a catro partidos e aínda iba de caza ou de pesca¡¡¡ (outras das suas grandes paixóns).
Cando escoito a Carril falar intento abrir ben as orelliñas para intentar meterme en situación dos tempos "bós" do fútbol afeccionado destes lares, miles de anécdotas saen nas conversas , algunhas irreproducibles neste blogue . Se el disfruta contándoas eu aínda disfruto mais escoitándoas, gracias tío por ser como eres.
Este rollo macabeo (merecido) ven porque Carril me deixou unhas fotos da súa etapa no Cire. Aqui vollas deixo,a primeira delas está tomada no campo da estrada da Golada, nunca vin o campo en tan bon estado coma o día da foto(agora xa sabemos que o vamos ter sempre ben, ah o campo ó final aínda non se inaugura para esta xornada, será para a seguinte, a ver¡¡).
Eran tempos no que o presidente era Benito, como curiosidades da foto non parei de rir cando vin os dous zagales que estan abaixo á esquerda, sí amigos, acertastes, son Jose Costoya e Fran "Cebolo" jejje, o balompé lévano no sangue dende cativiños.
No referente a indumentaria, camisesta Puma (aínda non estaba de moda) e publicidade do BB, Banco de Bilbao, agora van xa no BBVA y subiendo.
Na foto vemos entre outros a Paco do Marta, o propio Carril (segundo pola esquerda arriba), Milisky, Michel, Benito, Paulos,Buxy, Alfonso García "Pipino", Julio "Xuma", Víctor de Roque, Goros ou Cea (que exercía tamén de adestrador). Militaban na primeira rexional, tope da nosa historia.
A segunda das imaxes xógase pouco tempo con esta do Cire e nela saén os compoñentes do CSD Arzúa (en Rexional Preferente) e os xogadores arzúans que militaban esa campaña no Cire Melide (en Arzúa chamaban o Cire daqueles tempos o Arzúa-B xa que militaban entre outors, Buxi, Carril e Paulos). Entre os compoñentes branquiazuis distinguénse ó xerundense Juan Gallego (ex xogador do Real Madrid Castilla e veciño de Melide na actualidade), Pachal (o da radio) ou Fiúza entre outros.
Eu xoguei en varios equipos e campionatos con Carril e aprendín moito del (tanto no tereo deportivo como fóra do campo onde o compañeirismo e o bon rollo é o mais importante), agora ós seus cuarenta e pico está pensando en retirarse , eu coido que aínda lle queda moito fútbol por ensinar pero a decisión é del.
Para rematar este sentido homenaxe poño unha foto mais recente, de xullo do 2005, ano no que xogamos co "Templo de Nefertari" no campionato de fútbol 7 de Toques. Un equipo internacional (para que despois digan que hai rivalidades e localismos). Mais da metade do equipo era de Arzúa (Núñez, Camiño, Miguel Toldos, Pedrito, Carbón etc), Xele e Carril (medio recastados de Melide),José Costoya e eu de Melide, David o do Templo , Coruña-Melide, e Casal, Prados-Paradela-Toques. Coido que caímos en cuartos pero pásamalo en grande. Disculpade a calidade da imaxe é que ma deron no Templo e xa vos imaxinades.

Nesta ocasión o vocalista líder Claude (nado na zona francófona de Canadá, no Quebec) trae unha formación radicalmente distinta, aínda que comentou que son mellores que a anterior (mi má, esto promete). Se vos fixades enriba estarán o sábado en Vigo. 5 €, e o domingo en Bueu, 6 €, coma sempre na taberna do Nani de balde. Supoño que se saberá valorar.
O mellor rock na reserva india do Gatos, unha maneira boa de escomenzar o Antroido.
Este concerto está fora da iniciativa "Rede galega de música ao vivo" que promoven as institucións, Igaem, e os locais, Clubtura.
O que si esta dentro deste formato é o que vai haber no 600, tamén o venres, trátase do grupo de Torroso-Mos, The Turres band. - www.turresband.tk - Presentando o seu disco "Aljo hai".
Versións de clásicas bandas sonoras do cinema e da tv a golpe de ska e de ritmos balcánicos.
Vai haber moito "vento" no 600 este venres.
Teño que dicir que foi Vanessa de Santiso quen me mandou o link para publicar esta nova, aproveito a coxuntura para recomendarvos encarecidadmente a súa nova "criatura", trátase do blogue www.alareiradesantiso.blogspot.com , longa vida a esta bitácora que seguro nos vai fascinar e nos vai facer descubrir tesouros que pensabamos perdidos.
Aqui queda ló, a entrevista de Natalia a Chaqui: http://www.lavozdegalicia.es/ed_santiago/noticia.jsp?CAT=123&TEXTO=5548290
«Hai moitos alumnos que non están tendo un borendemento»
Entrevista Santiago Prado Conde
A tese doutoral que este mozo investigador de Melide fixo sobre o entorno social e educativo do instituto da súa comarca natal vén de ser distinguida pola fundación do escritor ourensán.
(Firma: Natalia Noguerol Lugar: melide)
O traballo que Santiago Prado Conde (Melide, 1976) desenvolveu entre o alumnado do IES de Melide valeulle un cum laude pola Universidade Autónoma de Barcelona. Dende a pasada semana, a investigación deste diplomado en Maxisterio e licenciado en Antropoloxía tamén suma o recoñecemento do xurado da edición número doce do premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Baixo o título de Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na Terra de Melide, a obra será publicada pola editorial Sotelo Blanco. -Hai un número importante de alumnado que non está obtendo o rendemento académico que todos agardariamos e, polo tanto, hai que preguntarse na educación a que se debe iso. Ademais, hai un grupo de alumnado que ten unhas características singulares sexa pola súa orixe ou pola clase social á que pertencen. -¿Que solucións plantexa? -O primeiro que proporía sería formación para o profesorado no ámbito das ciencias sociais e non só con metodoloxías. É dicir, formación social vinculada á obtención de ferramentas para coñecer a realidade social na que está inmerso un centro educativo. -Foi alumno do instituto de Melide, onde desenvolveu o traballo de campo para a súa tese doutoral. ¿Mudou dende entón o entorno educativo? -Cambios houbo e moi importantes, cando menos a nivel do papel, porque houbo unha nova lei. Houbo un cambio estrutural importantísimo. Agora, tódolos rapaces teñen que estar escolarizados obrigatoriamente ata os 16 anos na educación secundaria cando antes este nivel era optativo. -¿Foi prexudicial? -Todo o contrario. O cambio o primeiro que fixo foi visibilizar unha serie de colectivos na educación secundaria que antes non chegaban a ela. Por exemplo, na Terra de Melide, o colectivo de alumnado procedente do rural que antes da entrada en vigor da LOXSE chegaba á educación secundaria sómente representaba o 30% dos nacidos na comarca. O que non foi positivo é que se reproduce a realidade. É dicir, aquel alumnado que antes non chegaba a cursar secundaria é o mesmo que hoxe peores resultados académicos obtén. É dicir, dáselles acceso, pero non se poñen as condicións para que o seu rendemento académico cambie.
quarta-feira, fevereiro 14, 2007
O desprestixio do traballo agrario provoca emigración
O antropólogo Santiago Prado alerta de que “a institución educativa lles nega a identidade cultural ós mozos"
V. Oliveira. Santiago
O antropólogo Santiago Prado cre que o sistema educativo non responde ás necesidades dos alumnos do rural"A emigración dos mozos galegos con fracaso escolar é unha estratexia de resistencia". É unha conclusión do antropólogo galego e investigador na Universidade Autónoma de Barcelona, Santiago Prado Conde, que acaba de recibir o Premio Vicente Risco por unha obra pioneira nos estudos de antropoloxía da educación en Galicia. O experto regresou á súa vila natal, Melide, para indagar nas razóns das elevadas cifras de fracaso escolar entre os estudantes da vila. No seu traballo, que leva o título provocador de Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na terra de Melide, Prado cre que os mozos de Melide cun baixo rendemento escolar viven "un proceso de resistencia cara á institución educativa que lles nega a súa identidade cultural e cara á comunidade rural porque o que aprenderon non é a súa memoria lexítima". Isto explica, na súa opinión, que os estudantes opten pola emigración "debido á falta de perspectivas económicas".
"Eu fun vendo como os meus colegas da EXB abandonaban o sistema educativo e quería buscar a que se debe isto", sinala Prado. O antropólogo comezou a súa investigación no Instituto de Educación Secundaria de Melide no ano 2000 con entrevistas ós profesores e o seguemento a 70 alumnos do centro e a súa contorna familiar.
A mala consideración do emprego agrario por parte dos rapaces inflúe cando deciden facer o que lles din as súas nai: "primeiro que busquen traballo fóra e se non atopan nada, que queden coas vacas". Unha ideoloxía que se reproduce debido a que aqueles que xa emigraron xeran unha serie de expectativas falsas. "A institución escolar non resulta atractiva para os alumnos porque reproduce o anterior sistema educativo", afirma.
Agora, o antropólogo está a investigar sobre outras zonas rurais europeas e realizou varios traballos sobre o Museo Etnográfico de Ribadavia e o Museo Galego do Viño.
CANDO EMIGRAR É A ÚNICA SAÍDA
"Utilizan o galego e non o cambian"
O desprestixio do rural provoca que os procesos migratorios tamén varíen. "Se nos anos 70, os emigrantes marchaban para regresar, agora xa non se pensa en volver", asegura o antropólogo. Porén, un trazo común é que utilizan o galego e non cambian a lingua cando regresan da emigración. A consecuencia lóxica deste proceso é que "non hai recambio xeracional". Se a migración dos anos 50 e 60 se debía a que había demasiada xente e poucos recursos, agora que melloraron as condicións laborais e económicas, a primeira opción é "marchar, non quedar". Consciente de que "en educación non existe unha variña máxica", Prado cre que se debería artellar un "cambio estrutural do sistema educativo cunha maior sensibilización por parte do profesorado e valorar o que saben os alumnos", apunta. Incluso cos rapaces que tiveron éxito académico "non houbo unha absorción do capital humano" ó que o Estado lle custa unha forte "inversión
Este blogue que estades ollando agora, sempre estivo aberto ó debate e de feito ten unha sección de comentarios, onde pon "comments"(como en case todos os que coñezo) para expresar abertamente calquera tipo de opinión referente o tema que se está a tratar ou doutro que lle apeteza o visitante.
Outra vía é o e-mail, nunca está mal recordalo, rikimelide@gmail.com .
Esta longa e innecesaria parrafada vèn a conto porque me mandaron un correo no que non estaban de todo dacordo co tratamento da nova da Festa-Sorteo do CCA Melide o pasado 21 de Xaneiro.
Este é o correo en cuestión mandado por Pablo Vázquez, e que me pide que o publique neste espazo, pois ahi vai:
"A verdade mando iste email porque sentin un pouco de vergoña e de inxustiza ó velo resultado sobre o que aconteceu o dia 21 de xaneiro na sala600.
Non me estrana que de acotío os rapaces non queiran estudar historia xa que os quedia.
Eu, fillo adoptivo de Melide xa que era melidense de veran gracias os meus abos tiven a fortuna de presenciar os feitos de ese día ademais de moi boa tinta e como testemuña direta.
No voso blog dise que Os tonechos apadriñaron un sorteo... pódovos asegurar que a presencia destes persoaxes televisivos debeuse a sua amizade con un melidense de raza loba coma é Manuel de Andrade, e que ise foi o unico motivo polo que estiveron ali. Ou nieguen de nós escoitou as palabras do Tonecho Roberto Vilar cando o presentou antes do concerto? pra min deixouno moi clariño. "Estou eiqui o carón dunhas persoas que mais quero na miña vida o meu amigo Manuel de Andrade"
Tamén e moi triste que non se nombre o tremendo espectáculo e a sua calidade musicai xa que aparte dise xenial veciño deandrade que tira dos seus amigos para nosa vila acompañarono musicos de talla internacional com,a Manu Conde guitarrista do grupo milladoiro, Carlos o percusionista de Susana Seivane e Pablo Pérez baixista de Brath, Anubia e moitos mais....
En resume o certo e que sin a presenza dista xente o sorteo careceria de interese algun que non fose un
comun sorteo.
Facendo xustiza “o vasques”. Grazas. "
Acéptanse as críticas , cecais está mal expresado o de "arrouparon e apadriñaron a gala os Tonechos", e debería dicir que "arrouparon e apadriñaron a DeAndrade", tamén asumo o de non comentar neste blog persoal "o tremendo espectáculo e a sua calidade musical", ninguén é perfecto, a verdade é que o que as poucas pezas que soaron me gustaron bastante (aínda que non sexa o meu estilo predilecto) pero recórodoche que a música é un arte e subxetivo. Por outra banda coido, porque non, que o pobo de Melide estarálle eternamente agradecido a " ese xenial veciño (de raza loba) que tira dos seus amigos para nosa vila".
Respecto ó de que os "rapaces non queiran estudar historia" recomendo a todo o mundo o traballo do noso veciño Chago Prado onde nos explica seriamente as causas do fracaso escolar na nosa comarca. Agardando que se fixera "xustiza" un saúdo "o vasques" e a todos os que visitan este espazo.
terça-feira, fevereiro 13, 2007
Foi tal o éxito das fotos do deporte en Melide que todo o mundo (bueno de momento só Puncho e Alberto) quere colaborar, e eu encantado de poñer neste humilde espacio anaquiños da nosa hisotria e retazos das xentes e os lugares do Melide de antano. Para os que o queirades facer tedes este e-milio: rikimelide@gmail.com .Bueno, no capítulo de hoxe uns singulares gaiteiros cambian o instrumento patrio polo balón e as polainas polos pantalóns curtos para disputar o xa comentado Campionato de Agosto.
"Froito novo", agrupación fundada ó amparo dos Padres Pasionistas e de Gabriel Mato "Garceiras" tiña tempo para todo, tanto animaban unha romaría coma suaban ó uniforme roxibranco e estas fotos de embaixo así o atestemuñan.
De esquerda a dereita e de pé: Miguel de Mina (porteiro, Mingos de Pita, Cabezudo , e Ramón (Chita). Abaixo: Pita panadeiro, Dimas e Moncho Palancas.
A foto está tomada no grupo vello (nº 1) nos primeiros oitenta coa grada da portería a media entrada e onde distingo a varias persoas.
Nesta outra imaxe, xa tomada no pavillón actual, vemos de esquerda a dereita e de pé a: Miguel de Mina, José de Mina, Ramón, Ferrys e J.R de AGolada. Abaixo: Mingos, Michel, Alfonso de Mina e Pazo Cabezudo.
Non sabemos si o entrar o campo soaba o "Antigo himno do Reino de Galicia" pero ben podería ser polas veces que o interpretaron en procesións e actos diversos os compoñentes da nosa agrupación folclórica mais internacional ata o momento.Ata aquí a entrega de hoxe, gracias a Alberto Prado por pasar o traballo de dixitalizar as fotos e mandarmas (eres un fenómeno, cuerno).
Nas próximas edicións , xa vos informo, veredes un dos mellores ciclistas galegos da historia compartindo unha xornada de cicloturismo co mais granado da socieade melidense de finais dos oitenta, non vólo perdades.
segunda-feira, fevereiro 12, 2007
Este pasado domingo non foi dos mellores, perdía o Cire en Sobrado, caía o Madrid de básket etc etc, pero a xornada tivo o seu punto bon lendo un artigo no xornal "La voz de Galicia"
Un traballo sobre alumnado rural gaña o Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
11/02/2007
Un traballo que analiza a nivel cuantitativo e cualitativo a discriminación do alumnado rural que acode a centros de ensino da vila de Melide é o gañador da duodécima edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Santiago Prado Conde é o autor do estudo, titulado Poboacións non pertinentes nas institucións educativas. O alumnado con procedencia rural na terra de Melide .Convocado polos concellos de Allariz e Castro Caldelas e polas fundacións Vicente Risco e Sotelo Blanco, foi fallado onte polo xurado formado por Fernando Acuña Castroviejo, Teresa Devesa Graña, Xosé Manuel Cid Fernández, Francisco Fernández Rei e Xerardo Pereiro Pérez. Salientan que se trata dun traballo pioneiro na antropoloxía da educación e que convida á reflexión e á transformación da actual realidade educativa. O premio está dotado con 6.000 euros e a publicación da obra.
Noraboa e parabens para Chago do Chiquitín (antropólogo melidán e Cum Laude pola Univeristat Autónoma de Catalunya) un orgullo para Melide, sí señor. A seguir así meu.

quinta-feira, fevereiro 08, 2007


Xa se comentaba fai un mes e confírmase a nova, o conxunto ourensán Lamatumba vai sufrir cambios no seu plantel.
As baixas, "por discrepancias internas no grupo" segundo se conta na nota de prensa que lle remitiu o guitarrista Abraham "El niño"ó programa "Aberto por reformas" de Xurxo Souto son as seguintes Ico; cantante, compositor e membro fundador, Samuel Agite, membro fundador, trompeta, trombón, frauta e voz, Abraham; guitarra clásico, e Cris, acordeón e teclados.
Non sei que dicir, é unha mágoa pero a vida continua, hai que quedarse cos marabillosos momentos que este grupazo nos deu e cos que nos dará (agora sen parte fundamental da súa historia).
Comentábame Vituco de Aríns o sábado antes de que subirá a tocar nas táboas do Gatos cos Ruxe-Ruxe (por certo menudo concertazo) que se rumoreaba que iba haber unha escisión neste grupo xa senlleiro do panorma galaico, facíamos as nosas porras, acertamos con Abraham pero non contabamos que se marchara Ico, Samuel e Cris (eu polo menos, ó consideralos sobre todo a Ico e a Samuel alma-máteres da historia, pero...)
1998, feira das Mentiras organizada por Manu Chao en Salgueiriños en Compostela , un grupo de rapaces ourensás encabezados polo propio Ico e Samuel montan un conxunto chamado Los Carayos de Ourense para formar parte de devandito evento. Nacía Lamatumbá. 1998-2007.
Longa vida a nova Lamatumbá e longa vida tamén a Ico, Abraham, Cris e Samuel que seguro que non darán estado quieto e seguiran escribindo páxinas de ouro na música galega contemporánea.
Na sua páxina web tamén informan:
Neste comezo de 2007, queremos comunicarvos cambios na tripulación deste barco lamatumbeiro. Ico, Samuel, Abraham e Cris inician novos camiños fóra de Lamatumbá e o grupo está a acometer unha renovación que verá a luz nas vindeiras semanas. Manterémosvos informados.
O concerto do vindeiro día 16 de febreiro en Solsona (Catalunya), será o derradeiro coa actual formación, a que nos últimos meses percorreu os escenarios de todo o estado presentando “lume (para que saia o sol)”, o disco que quedará como testemuña destes anos fenomenais, que levaron a festa galega a portos lonxanos e a tantos outros tan próximos.






