segunda-feira, fevereiro 11, 2008


TRES DE MUROS E UN DE MELIDE...
Si hai un persoeiro que non nos deixa de sorprender nos últimos tempos non é outro que o sinpar David Pájaro. Xa sabedes que anda a grabar como protagonista a primeira serie galega que se emitirá somentes en internet. Tamén sabedes que xoga no Cire e que incluso a principios de temporada protagonizou uns capítulos (que hai que volver retomar) de técncia balompédica que se publicaron neste espazo, pois ben agora Pájaro montou un grupo de ska-punk con tres rapaces de Muros. Empezaron en outubro de 2007, ensaian na Zapateira e xa están no "Myspace" cun contaxioso tema: "Ata reBentar" grabado con poucos medios nun Pc. O nome do grupo non ten desperdicio, "Skaiola Borrokal". A carreira mediática deste home ten pinta de que vai ser mais longa aínda que as súas poboadas e peliroxas patillas. ADELANTE PÁJARO¡¡¡
Link:skaiola
VÁZQUEZ PINTOR
Leo no blog de Busto: Aquam latam (auga levada) que a Asociación de Escritores en Lingua Galega outorgará a Letra E este ano 2008 ó escritor melidán Xosé Vázqez Pintor. A Letra E sumarase a outros galardóns como o Eduardo Pondal, o Ciudade de Ourense, Esquío, Uxío Novoneyra, Carvalho Calero, Torrente Ballester e ata o Premio da Crítica Española que este profesor afincado en Pontevedra leva conquerido ata o momento.
Aínda que naceu en Melide, Vázquez Pintor está moi vinculado a Agolada onde é partícipe de todo tipo de iniciativas, tanto sociais como culturais.
O acto de entrega será en Melide o vindeiro 7 de Xuño de 2007.
Supoño que elixirían este día porque é a efeméride da data na que saíu do prelo o primeiro exemplar do noso libro de cabeceira, o "Terra de Melide" editado por Nós e realIzado polo Seminario de Estudos Galegos no ano 1933.
Teatro, narrativa, literatura infantil, poesía, etnografía, ensaio....son só algunhas das facetas que destacan no currículum deste melidán que reside acutalmente nunha aldea de Cangas do Morrazo. Noraboa.

sábado, fevereiro 09, 2008


ARZÚA F.S-JIM SPORTS MELIDE F.S, A REVANCHA
Tarde, mal e arrastro , aleccionado e picado polos "ultras" arzúas, León e Rial, infórmovos de que hoxe sábado ás 17.00 h no pavillón de Santa María de Arzúa (preto do Fire Department comarcal) disputarase un derby "en la cumbre", o anfitrión, Concello de Arzúa F.S dirixido por J.Carlos "Gogó" Xeira, versus (está pechado) o Jim Sports Melide F.S adestrado por Baby. Reseñar que será especial para Chopi, xogador arzúan do Melide, que se enfrentará ó seu irmau Núñez na sua terra, no partido de ida Chopi marcou e non vai ser menos en terras do queixo. Pronóstico para o partido 4-5. Gol de Nando no último ninuto. Que saibades que no partido de ida apostei por un 2-5 e foi un 2-6, a ver si fora certo e nos alonxamos mais dos postos de descenso.
Como apunta Rial nos "comments" mañán domingo inaugurase oficialmente o Campo de Fútbol do Viso en Arzúa cun enfrontamento entre os veteranos do Celta e do Dépor no horario intempestivo pero necesario, das doce da mañán. Co bo e inusual tempo que está a facer estes días non sería raro ver o Viso a reventar, a ocasión ben o merece.
Xa que falamos de Arzúa, xa temos o cartel do Queixo 2008, que será o primeiro fin de semana de Marzo. Sábado, La Mala Rodríguez, Muchachito Bombo Infierno e Triángulo de Amor Bizarro, o domingo folk con Malvela e Pepe Vaamonde Grupo.
Atención pregunta: Que vos parece o cartel, e que vos parece o cartaz?

quarta-feira, janeiro 30, 2008

"SOMOS POTENCIA"
Capítulo a parte merece o video promocional da Xunta que lse está emitindo nos cines e leva por título "Galicia, somos potencia" no que un dos actores que interveñen é Miguel Castro "Espomasa" de Fondevila-Paradela-Toques. Se vos fixades os 13 segundos aparece.

MELIDE NA TELE
A pasada semana emitiron na TVG o programa de Cifras e Letras onde participou Amiguete, fixo unha actuación boa nas letras pero fallou contra pronósitco nas cifras. Ganoulle un surfeiro da Coruña, deses do pelo loiro osixenado, morenísmo , e dentes coma perlas.
E falando de personaxes audiovisuais melidaos, David Pájaro -Crisitan Pazos- empezou a grabar tamén a semán pasada a primeira serie galega por internet. Debecemos por ver os primeiros resultados do xogador do Cire mais mediático, con permiso de Tarrío que fai unhas lúas estivo facendo as probas polo Chelsea na súa viaxe á city londinense.
Tamén no programa dos domingos da Galega previo a "Family Book" (grabada en Melide) chamado "Doa a doa" están a intervir hepta e octoxenarios do pobo contando como era a vida a prinicipios do século XX. A Terra de Abeancos nas 625 liñas está cada vez mais presente.
"VAYA PAR DE GÉMELOS" por Roberto Carlos.
Bueno, como vedes esto está "mais parado que o barco de Chanquete", debido alomenos a dous factores, a falta de tempo e que o meu ordenata é mais lento que "o coche de Dekker que nunca daba collido ó Equipo A".
Bueno despois destas duas frikalladas vámoslle dar un pouco de caña o blog, que como di Josu e está ahi xa o Antroido e hai que irse animando, e senón acutalizo Rial é capaz de darme co carallo dos loureiros na cabeza.
O primeiro de todo, darlle a tropa de Arzúa a norabaoa pola victoria o pasado mércores, 2-6 (sí, León, sí), foron totalmente superiores, pero destacar que o Melide FS Jim Sports, saiu dos postos de descenso gracias a victoria contra O Picato do sábado. Avanti F S, hai que permanecer en Autonómica.
Para escomenzar con esta "volta" o mundo dos "blogs" un parecido razonable: o pequeno napoleón Sarkozy es cuspudiño ó "xornalista" deportivo Jota Jota Santos.

quarta-feira, janeiro 23, 2008

HOXE, MELIDE FÚTBOL SALA Vs ARZÚA.
Hoxe mércores ás 10.00 h disputarase no remozado pavillón da Martagona o envite entre o Melide FS Jim Sports e o Arzúa en encontro aprazado da Liga Autonómica de fútbol sala. Ánimo rapaces e a gañar¡¡¡

terça-feira, janeiro 08, 2008


OCULTA IDENTIDADE
Como non podía ser menos a primeira entrada do ano tiña que adicarlle a "sensación" das últimas semanas.
Alumnos da Escola de Imaxe e Son de Someso (A Coruña) están a producir a primeira serie galega por Internet. O protagonista principal é un vello coñecido deste blog, un tipo con moita clase. Alguén non coñece aínda a "Cristian Pazos"?, aqui tedes os trailers:

segunda-feira, dezembro 31, 2007

quarta-feira, dezembro 19, 2007

FURELOS ICE RIVER.
Estes días de xeadas e de temperaturas de ata -9ºc, deixaron imaxes coma esta, que me envían os Troiteiros, o río Furelos conxelado. Na foto a nosa praia fluvial semella unha pista de xeo en Central Park. Na segunda foto vemos a Diego Lirio cun cacho de xeo de 2.5 cm de grosor, tremendo


.

terça-feira, dezembro 18, 2007

CAMPIÓN.

A pasada tarde do sábado ademais de fria e xélida, foi moi emotiva e bonita, xa que o pobo de Melide lle rendía unha cálida homenxe ó recente Campión de España de Vehículos Históricos, o piloto melidao Xesús Ferreiro, aquí vos deixo algunha foto do acto, e tamén vos deixo un video-homenaxe que anda no Youtube con imaxes desta gloriosa tempada para a Escudería Melide MotorSport.





Porsche 911, co que Ferreiro intentará renovar o título a tempada que vén.

segunda-feira, dezembro 10, 2007

O REI DA COMEDIA.
Rober Bodegas, natural de Carballo é o gañador do concurso de TVE "El rey de la comedia". Estudante de Arquitectura de Interiores no "Montus" de Elviña, na Coruña. Empezou nisto dos monólogos no histórico Pub D`Antón na Laracha fai cinco anos. A sua victoria no concurso ten ademais un contrapunto de heroismo nacional xa que derrotou na final a todo canto andaluz lle saía por diante. Coa eficaz arma da retranca venceu ó xa moi manido "gracejo" do sur.Noraboa Bodegas, "eres bueno, ....muy bueno".
Para os que saídes os sábados e nunca o vistedes, sempre vos quedará o "youtube":



terça-feira, dezembro 04, 2007

A EMBAIXADA DO MUNDO DO MOTOR DE MELIDE CONQUISTA MADRID CO NOSO PRODUCTO MAIS TÍPICO
O pasado 24 de novembro o equipo Motor Melide Sport de rallyes, desplazouse a Madrid para disputar o mítico rallye do Shalymar. Alí agardavos unha grande espectación e unha boa lista de inscriptos. O rallye prometía pero a mala sorte impediu que a escuadra de Ferreiro deleitara a afección castiza. Unha avaría fixoos abandonar ó remate do primeiro treito. Aínda así a experiencia para o equipo foi boa xa que coñeceron a xente tan interesante como Sainz e Moya, que retornaban a este mundiño despois e anos sen correr xuntos. Un Skoda Fabia foi o vehículo que levou a parella a victoria indiscutible.
Destacar a actuación do veterano ourensán Javier Paz que rematou segundo na xeral.
Dese fin de semana polo foro o equipo melidán trouxo unha serie de fotos, das que destaco as seguintes:

Ferreiro e Luis Moya posando para os gráficos co melindre como proba de confraternidade.

O campión nacional atendendo a Televisión de Galicia.

Carlos Sainz asinando no "libro gordo de Ferreiro".

Posado do doble campión mundial co tres veces campión galega e actual campión de españa.
Os melindres triunfaron no frío da serra madrileña non así tanto os ricos os que os "madriles" achacaban a súa dureza. Non saben o que se perden.
Noraboa a todo o equipo de MotorMelide por esta expléndida tempada e por facer de embaixadores dos nosos productos por todos os "paddocks" e "parques cerrados" do conxunto do Estado.

quarta-feira, novembro 28, 2007


AI, MALENI, MALENI....
Teño que recoñecer que a teño cruzada desde que dixera aquilo de “¡a mí me van a dar lecciones del Plan Galicia de mierda!”. Os últimos acontecentos en Cataluña, sumados a unha prepotencia e un carácter peculiar nestes anos de lexislatura puxeróna no disparadeiro nacional. Non gusta a case ningúen, incluso hai xente do seu propio partido que non a pode ver. Ela di que critican ata a súa forma de vestir, e o seu acento. Cecais se se preocupara mais doutras cousas e non diso lle iría mellor. ¿Quen será o primeiro español que dimita?
+ INFO
aquí
Imaxe: elsemanaldigital.com



QUE LENTA É A XUSTIZA...
17 anos despois, o mítico conxunto do Obradoiro consigue o ascenso a ACB.
Tempada 89-90, play-off de ascenso da primeira a ACB, Juver Murcia-Obradoiro. 3-0, ascende o Murcia, pero un directivo picheleiro entérase de que os pementoneiros poideron cometer alineación indebida ó teren un arxentino con dubidoso pasaporte español. O resto, case duas décadas de reclamacións na xustiza que ó final lle dan a razón. Alégrome ben, como curiosidade o próximo partido que vai disputar o Obradoiro Óptica Val é este sabado en Arzúa fronte o CAB.
Agora a ver quen lle devolve as carreiras truncadas a Popocho Modrego, Alberto Abalde (por c certo a filla xoga nunha universidade americana e é moi boa), Tino Baeza, Cobelo, etc etc
PD: que anos mais gloriosos para o basket galego aqueles finais dos oitenta, principios dos 90. Esas retrasmisións na galega con Sergio Delpont, e Ovidio García, que poñían o acento nas xogadas do escolta do Clesa Ferrol: "Manolito Alleeeeeeer, canastra", ou o do lucense do Leite Río-Dyc-Breogán: "Manel Sáncheeeeeez, tri-tri-tripla, supercanastra cola-cao". ;), tamén retransmitían a NBA os sábados pola mañán, quen non se lembran de aquilo de "colle o balón Scottie "Paipen". Eramos novos.
+ info: aquí
Historia do basket galego nunha reportaxe da TVG:

Xa tedes actualizado o blog Prensa Cire

terça-feira, novembro 27, 2007


Estar no sitio indicado no momento adecuado. Esta foto é impagable.Domingo de feira, duas e media da tarde. Duas lendas melidenses. Personaxes auténticos do pobo. Carlos e Suso. Im-presionante documento.

quarta-feira, novembro 21, 2007

Dxt campeón. 20 de novembro de 2007.


MAIS INFO, no Blog do Cire (crónicas) e no Blog de Prensa Cire (clasfiacións, recortes de prensa e fotos).

sexta-feira, novembro 16, 2007

FIN DE SEMANA COMPLETO.
Pub Gatos, á 1.00 h: QUEMPALLOU, un dos mellores grupos e do panorama folk actual. Divertidos, comprometidos, virtuosos e festeiros. O Morrazo, A Fonsagrada pasando polo país do Deza. Buff, que mestura. Veñen presentar o seu último disco "Polo aire" e chegan a traverso da Rede Galega de Múscia Ao Vivo do Igaem.
Un disco moi traballado onde o fío conductor do mesmo é a radio e o que representa, destacar unha peza que fixeron cos hiphopeiros de Ordes "Dios ke te crew" que é realmente espectacular. Non a atopei no youtbue, sí estoutra:

E na sala 600, a mesma hora, GUEZOS, banda de fusión de rock e follk, e a segunda vez que veñen o 600 e fan unha boa mestura de instrumentos tradicionais con guitarras, baixos, organos e baterías. Son de Ourense. Teñen temas propios, moi coñecido o verán pasado foi "A das festas", ca cal participaron no Apologhit e foi peza mais votada polo público.
Destacan no seu repertorio versións de Lone Star, "A rúa" e Thin Lizzy "whiskey on the jar".

Son Ourense.
E mañán sábado e domingo, a cita é en Arzúa onde se celebrea o festival Terr@ctiva, moitísimas actividades no recinto feiral de Arzúa, eu destaco o capítulo musical onde estarán os vascos Oskorri, os cataláns Ensaladilla so insistent e os galegos Marful. + info aquí

Oskorri, un conxunto histórica que regresa a Arzúa despois de actuar fai poucos anos na Feira do Queixo.
E o domingo partido importante, coma todos, do Cire fronte o segundo clasificado, a Pontecarreira, ás 16.15, todos ó Municpal.
PD: Fútbol sala, Jim Sports Melide Fútbol Sala Vs A Fonsagrada, sábado ás 17.00 no pavillón de Toques.

terça-feira, novembro 13, 2007

A VOLTAS CO CRUCE
Hoxe na contraportada do semanario TIERRAS de Santiago, aparecen duas fotos de Melide, unha de "ayer" e outra de "hoy". Unha esta datada a finais dos oitenta e a outra e actual. Trátase do Cruce, ou da Rotonda, como queirades.


Moito cambia a estampa a pesares dos poucos anos que se xogan as instantáneas, nas duas a esquerda vemos un pouquiño do maxestuoso edificio modernista do Banco Pastor, ó carón o urbanismo que caracteriza ó país, uns chamánlle feísmo, outros progreso, un mal endémico ó fin ó cabo.

Do edificio do Banco Pastor, ou mellor dito a Casa de Mera, hai que dicir que chegou a saír nunha campaña de publicidade do propio banco coruñés.
Foi feita poloas anos trinta, e X.M. Broz coméntanos no Boletín 10 do Centro de Estudos Melidenses do Museo da Terra de Melide, publicado en abril do 1997, que "ten a súa gracia co balcón central con columnas e frontóns nas ventás", dinos tamén Broz sobre esta foto de Adolfo dos anos 50, que "o grupo de casas é moi suxerente de liñas e cores: a fachada da Casa de Mera aínda ten a balaustrada da terraza e a decoración de rombos no ático -no baixo o Banco Pastor e o comerico de motos de Rúa-. A casa de Dona Inés, desaparecida.
As galerías de Bande, a casa de Portos, galería de Pampín e a casa de Romero aínda sen reformar. As árbores da alameda ó sol da tarde.
-E o foco de luz que , cando facía vento pola noite, xogaba coas sombras"

Para rematar este post morriñoso, por culpa do "Tierras", unha imaxe ben curiosa do arquivo de Broz dun carro de herba que acabou no pavimento do mesmiño cruce alo por finais dos setenta, algo que agora é impensable, a non ser que se lle corra a carga a un deses trailers que traen palla de Castilla. Deus non o queira¡¡¡.