terça-feira, março 28, 2006
TROITA SOLITARIA
Composición propia co mecenazgo e o pé de Nani, el abuelo ouvea.
Que me perdoe J.L.Sanz "Loquillo", un catalán que iba pra fenómeno do basket e optou polo rockandroll, perdimos un Epi pero gañamos ....., bueno algo gañamos.(Aptitude e chulería polo menos si ohhhhhh)
SEMPRE QUIXEN IR A VILASANTAR
PESCAR UNHAS TROITAS A PRÉSARAS
ÍNDA QUE SEXAN DE PISCIFACTORIA
PERO XA FAI TEMPO
QUE PECHARON
E PROBABLEMENTE
QUE XA SE ACABARON
NON SEI QUE TROITIÑAS
CHE GUSTARAN A TI
E AJORA ESTOU AQUI DEITADO
NUN VELLO REGATO MOI APARTADO
TEÑO A CAÑA POLA MITÁ
ESTOUCHE TODO ESCARALLADO
AQUI NA BEIRA DESTE PRADO/LAGO
onde A ÚLTIMA TROITA QUE FOI PICAR
O APARELLO DE ARRÁS
CECAIS A JARNACHA FAIME LEMBRAR
TROITA, POR QUE NON VOLVICHE PICAR?
PENSEI QUE CHE COLLERÍA SEN MÁIS
E AJORA, XA VES...
E Ó IRSE A TROITA SENTINME ESTRANO
QUEDEIME SOIO, COMÉNDOMO TARRO
CECAIS PENSEI NA TÚA MEDIDA
E DENDE A LADEIRA ONDE ESTOU DEITADO
SORPRENDESME MIRANDO PR`O PRADO/LAGO
E ATRANPARONME OS DE SEGURIDÁ (JUARDARRIOS)
E O MENCER NON ME SORPRENDERÁ
CHEO, SEN CARTOS E SEN DIGNIDÁ
XUNTO OS AMENEIROS CUNHA BOTELLA DE LARIOS
E DIN OS RIBEIREÑOS QUE AJORA ESTAS MAL
E EU AKI CHEO E SEN DIGNIDÁ
BAIXO OS AMENEIROS SOLITARIO
E NON ESTAS TI, TROITAAAAAAAAAAAAA
Estrearémola no próximo "Ao vivo" da Boy´s Morto Band.
Xa que falamos de troitas vén hoxe publicado un artigo na "Voz" relacionado con dous aspectos do mundo dos "atrapa-salmónidos" da nosa comarca. Por unha banda fala dos problemas que houbo o primeiro día de pesca, San Xosé e domingo, á hora da asignacion de cotos. Parece ser que hai 15 cotos pra un festivo e ningún deses correspondeu a ningúen da Asociación de Troiteiros Rio Furelos, a pesares de seren mási de 200 socios. E por outra fala da captura dun magnifico exemplar por parte de Xurxo Pazo. Caeu o "noso" Campanu
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
Moito riki
Perdoa por non haber dado resposta ao teu comentario antes, pero é q estou rematando esto dos estudos, e estou un pouco cargado... esperemos acacabar pronto e ben posicionados.
PD. Sabado a gañar!!!!
Vitor-Tarzán, non o tomes a mal, ahi che vai unha pequena axuda lingûística, um saúdo ós veciños, Palas e Arzúa.
Tempos compostos
En galego, a diferenza de en castelán, non existen tempos compostos formados co verbo haber como auxiliar.
Forma incorrecta: *Había lido o documento para facer o corrección.
Forma correcta: Lera o documento para facer a corrección.
Forma incorrecta: *Xa habería pasado onte pola facultade se tivese o paquete.
Forma correcta: Xa pasaría onte pola facultade se tivese o paquete.
Enviar um comentário