segunda-feira, abril 24, 2006
CIRE 0-SAN ESTEVO 1 DEPORTE MELIDE
Noutra preciosa tarde de domingo o Cire sucumbiu de novo contra o terceiro clasificado do grupo IV da Terceira Rexional. Nun partido de pouco fútbol o San Estevo de Abellá levouse os tres puntos porque creu mais na victoria cos melidâos, estes últimos con varias baixas importantes. Malia todo os de Frades tampouco fixeron méritos en demasía á hora de decantar a balanza (ou romana). Notábase que a tempada vai esmorecendo e que a ilusión vaise perdendo e xa se vai pensando na Copa, agardemos que o Cire a xogue. En fin a falta de tres partidos e a modo de balance, destacar deste ano, despois dunha tempada sin federarse, que os rapaces novos lle deron un pouco de aire fresco e lle botaron, case sempre, ganas e orgullo á hora de vestires as cores do equipo do noso concello. Moitos partidos que se perderon, ben seguro de que se poderían gañar cun pouco mais de oficio. Destacar que case sempre nos adiantamos nós no marcador. En xeral a tempada non foi das mais malas que eu recordo, falo da última etapa, como manchóns e coa esperanza de que servan para dar táboas e experiencia ó plantel soio destacaría ás goleadas escándalosas que recibimos no primeiro partido,e o outro día en Betanzos e os catorce que nos espetou o Mesón do Bento, equipa que xa está ascendida a segunda rexional. Sen dúbida dos erros un aprende e non hai mellor que levalas para aprender dos erros. Este ano viuse moito mais fútbol que outras tempadas e ademáis gañoúselle a escadras tan díficles como Oza ou Pontecarreira por poñer dous exemplos. Pois eso rapaces nunca perdades o orgullo de vestir ás cores do Cire que é o equipo da nosa vila.
Moita xente dime que escribo demasiado do Cire e que non falo doutros deportes que se practican na nosa vila. Admito a suxerencia pero pouco mais hai que dicir do deporte na Terra de Melide, eternamente esquecido e con visos de seguires así. O outro conxunto que está federado no noso pobo é o Melide Fútbol Sala que disputaba a Liga Provincial de Fútbol Sala, por desgracia para o ano terá que seguir, e xa é o terceiro, nesta competición xa que non poido conquerir o ansiado ascenso. Non corren bos tempos para aquel equipo que a mediados dos noventa acaparaba a antención dos melidaos ó chegar xogar na Primeira Nacional-B.
Sen dúbida o deporte na nosa vila está en crise, ou ¿sempre o estivo?, o que non me negará ninguén é que por potencial, falo de habitantes e servicios, coido que tanto o fútbol modesto coma outras especialidades terían que estar mais arriba.
Por eso é digno de xustiza loubar e recoñecer a tódolos melidenses que compiten tanto nos dous equipos de Melide, Cire e FS e a tódolos emigrados que andan polas comarcas veciñas competindo e disfrutando do deporte.
Non sei que opinades vós pero abaixo en comments tedes opción a deixar a vosa opinión, veña meus un saúdo.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
8 comentários:
Boas, so queria agradecerlle a Riki e a Emilio o seu apoio incondicional sempre que tiveron a oportunidade de asistir a un encontro do cire melide. Darlle as grazas de parte de toda a plantilla e esperamos poder adicarvos unha victoria nos partidos que restan porque se alguén o merece sodes vos. Dende Pallatium Regis - A Republika Independente nada máis.
Eu son un deses emigrados o que lle gustaría disfrutar do deporte no seu pobo, e coma min outros moitos que tiveron que buscarse a vida noutros equipos doutras vilas para DISFRUTAR, aprender e competir cun pouquiño de seriedade. E ésto xustamente é o que falla no CIRE, nin se disfruta, nin se aprende, nin se compite con seriedade. Pero non por culpa dos xogadores, senón que o problema ven de arriba, falla de planificación e organización, pouca motivación e sobre todo pouca humildade… e así non vamos a ningures… e cada ano que pasa estamos perdendo outra opurtunidade de cambiar todo esto, e un equipo non se fai en dous días, son moitos anos de traballo cos rapaces dende os colexios e nós niso imos moi atrasados… e o triste é que o mesmo pobo fai moitos anos que perdeu a confianza e a ilusión polo CIRE. Só espero que algún día cambien as cousas… e tod@s podamos DIFRUTAR có CIRE
Hola Riki, son Tonecho. Poño estas letras para facer pensar un pouco a todo o mundo, e moi facil decir que a culpa e das altas esferas, ou como di Miki que temos que traballar cos nenos. Pero esta misma xente e a que non sabe que dende fai 3 anos somos o equipo de rapaces mais potente da zona, tanto en futbol sala como en futbol, como se pode ver por exemplo este sabado no poli (veremos canta xente os ven a ver).
Non dis culpo nin os politicos nin os directivos pero o que ten que facer a xente a vir a ver os partidos e animar para poder criticar e ter as agallas suficientes para decirlle os problemas que ten o deporte a quen ten que decirllo.
Menos criticas e mais apollos, e por suposto que quede claro que esto non e nin para ti nin para Emilio o mesmo ca xente que vos acompaña, e para a xente que jamas en dous anos nin viu o Cire, nin o Melide Futbol sala, nin o deporte escolar, nin as categorias inferiores do Cire, nin pasou frio nos viaxes, etc, etc, pero inda asi critican.
Sinto a parrafada, un saudo
Tonecho tes toda a razón neso de que para poder ter unha opinión feita por ti mesmo sen que che conte ninguen nada hai que ir ver os partidos, como ben sabes estar en todos ás veces é practicamente imposible, por motivos de tempo, traballo etc, cecais o que falta é un pouquiño de información ó respecto, explicome, por exemplo dende a páxina do Concello poñer os resultados dos rapaces tanto de Escolas deportivas como das seccións de promesas do Cire, está claro que non esto non sería a panacea pero axudaría á xente a saber os horarios etc etc, tamén se podería facer coa liga local.
O que che animo é a que sigas traballando cos rapaces porque ahí sen dúbida está o futuro e está claro que si queremos outro deporte hai que empezar pola base e polo que me dis e polo que teño oído de momento parece que as cousas se estan facendo ben.
Dende este blog prometo facer un pouqiño de seguemento á nosa canteira chamada a facer grandes cousas tanto na futura herba artificial da estrada da Golada como no Pabellón da Martagona.
Eu creo que entre todos, e cando digo todos é todos, deixando o marxe calquer tipo de diferencia, debemos apoiar e mimar a esos rapaces se algún día queremos ter algo,polo menos como os nosos veciños; Palas (a piques de ascender a 1ª Rexional e con equipo de baloncesto), Arzúa (3º en 2ª rexional, equipo de bastante nivel en baloncesto tanto feminino coma masculino), A Golada (Balonmano), Sobrado (CASX 5º en 3ª rexional e equipo f.sala feminino) etc.
Non sei é unha opinión a ver que opinades que estache bonito os Comments e a verdade que vos agradezo a todos (S.Quintás, Victor Lato, Miki, Tonecho) que escribades porque é a mellor maneira de entenderse, ou non?. Un saúdo.
eu estiven case 5 anos no CIRE,e son anos suficientes como para poder opinar pq eu si que pasei frio nos viaxes, e tamén entrenei coa lama ata as orellas e sen case material... podo estar equivocado en moitas cousas pero dende logo quen non ten a culpa é a xente nova... e este problema non é de agora, este problema arrástrase dende fai moitos anos, moito antes de que ti chegaras Tonecho, entón algo falla, despois de pasar tantas xeracións de xente ¿non houbo rapaces válidos para facer un equipo competitivo en 3ª REXIONAL?... ¿Nunca te preguntaches pq había tanta xente de Melide xogando en equipos de outros pobos? ¿que creedes que non nos gustaría xogar no noso pobo se se fixeran as cousas con un pouquiño de seriedade?... estades moi equivocados, ninguén vive desto,e a ninguén lle apetece desplazarse a outro pobo para xogar, o único que se busca é un pouquiño de seriedade e formalidade. Eu non critico a ninguén eu solo opino, e teño a suficiente experiencia, tanto no CIRE como noutros equipos como para facelo...
Hola otra vez, unicamente para contestaros un par de cosas. Riki si tienes razon en lo de la pag Web, me comprometo a el año que viene intentarlo y hacerlo en un programa de radio o con vosotros o por las mañanas. En cuanto a la respuesta de Miki, no quiero que lo tomes como algo hacia ti, unicamente que estoy cansado despues de 4 años de solo ver criticas y muy poca gente apollando. Es evidente que si estais fuera es porque os tratan mejor y en esa parte tienes toda la razon, tanto a nivel politico como directivo, pero en la parte de los niños estas equivocado.
Creo que entre todos tendriamos que vuscar un foro fuera de politiqueos y presidentes donde buscar la raiz de los problemas y las posibles soluciones.
Por otro lado os deseo de corazon que la Foliada sea todo un exito.
Saúdos, quixera opinar o respecto do comentado por Miki e maís Tonecho. En canto o feito de non acadar a posibilidade de mellorar a categoría de militancia, temos que incidir no tema do compromiso e da actitude dos xogadores. Non sei cal é o teu criterio sobor do compromiso, levo moitos anos na directiva de Melide F.S., e moi poucas veces poidemos ter un equipo competitivo, os vos xogadores de Melide preferides marchar a outros equipos, o meu entender sin razón obxetiva, este ano intentamos de novo facer un equipo, moitos rapaces se comprometeron, pero a hora da verdade faise largo adestrar dous días por semana e os partidos, pero sin esta premisa non se pode ser competitico, e sin competitividad no se pode aspirar a nada. Por outra banda non podemos esquencer que tamén existe un transfondo económico, o empresariado en Melide non e quén de aportar diñeiro, para poder incentivar ós rapaces e poder esixir disciplina, fundamental para calquera actividade. Tonecho vivíu unha etapa no Melide F.S. a título persoal ninguén pode reprochar a súa labor, no deporte como xogo que é unhas veces gánase e outras non, pero o que quero remarcar é que sobre todo a falta de compromiso por parte dos xogadores e o que marca sobre todo a liña do exito ou do fracaso, e iso non é culpa dos directivos, son as ganas de adestrar, xogar e formar parte de algo con ideales. Como ven di Riki este ano comezamos unha nova temporada en Provincial, temos unha plantilla reducida pero seguiremos intentando volver a donde estabamos, e coma sempre co pabellón valeiro. Animo Tonecho realizas unha gran labor cos rapaces recibe os animos de quen escribe.
Saúdos, quixera opinar o respecto do comentado por Miki e maís Tonecho. En canto o feito de non acadar a posibilidade de mellorar a categoría de militancia, temos que incidir no tema do compromiso e da actitude dos xogadores. Non sei cal é o teu criterio sobor do compromiso, levo moitos anos na directiva de Melide F.S., e moi poucas veces poidemos ter un equipo competitivo, os vos xogadores de Melide preferides marchar a outros equipos, o meu entender sin razón obxetiva, este ano intentamos de novo facer un equipo, moitos rapaces se comprometeron, pero a hora da verdade faise largo adestrar dous días por semana e os partidos, pero sin esta premisa non se pode ser competitico, e sin competitividad no se pode aspirar a nada. Por outra banda non podemos esquencer que tamén existe un transfondo económico, o empresariado en Melide non e quén de aportar diñeiro, para poder incentivar ós rapaces e poder esixir disciplina, fundamental para calquera actividade. Tonecho vivíu unha etapa no Melide F.S. a título persoal ninguén pode reprochar a súa labor, no deporte como xogo que é unhas veces gánase e outras non, pero o que quero remarcar é que sobre todo a falta de compromiso por parte dos xogadores e o que marca sobre todo a liña do exito ou do fracaso, e iso non é culpa dos directivos, son as ganas de adestrar, xogar e formar parte de algo con ideales. Como ven di Riki este ano comezamos unha nova temporada en Provincial, temos unha plantilla reducida pero seguiremos intentando volver a donde estabamos, e coma sempre co pabellón valeiro. Animo Tonecho realizas unha gran labor cos rapaces recibe os animos de quen escribe.
Enviar um comentário