quarta-feira, abril 26, 2006
II FOLIADA DE MELIDE
O mais magno evento dentro do panorama da música tradicional e da cultura galega en xeral na tempada primaveral do país e na cerne do mesmo. A foliada.
Se coñemos o Xerais da lingua, explìcanos: Foliada (de fol < lat. folle = home tolo).s.f. 1. Festa, baile ou diversión popular que se celebra pola noite. 2. Baile ou deiversión ruidosas. 3. Reunión de moita xente na que hai moito ruído. Agardemos que así sexa, moita xente, moita festa, baile, música e diversión á esgalla eso á noite, que o resto do día da para moito.
Mostra de artesanía, exposicións (non perder a dos Garceiras), obradoiros tradicionais (A Malla, con máquina do séc.XIX), os Maios, Xantar Popular (todos a xantar de mao do cheff mais auténtico da comarca, Luis "con ajillo ou sen ajillo" do Toxo -rico e abudante- absterse xudeus e musulmáns (raxo, zorza etc), unha boa sobremesa unhos chopitos e unhos "dalkes" e a ver a duas figuras históricas da música galega, dous tótems da recuepración etnográfica das cantigas perdidas da nosa terra, nada mais e nada menos que X.L.Rivas Cruz Mini e Baldomero Iglesias Mero, membros fundadores de Fuxan os Ventos e acutais compoñentes de A Quenlla, todo un luxo, que nos deleitaran con Cantigas de Cego.
Despois charla didáctica sobre a afinación da gaita. A continuación Marcha Ghaiteira dende tódalas prazas da vila salirán os grupos de gaitas pra xuntárense no cruce ou rotonda para dirixirse de novo o Pazo de Congresos e Exposicións -antiga feira- onde terá lugar a Foliada en sí, con grupos de Melide, Antas, Sobrado, Arzúa, Agolada etc
Despois Gran Queimada e a como remate serán libre onde se xuntaran gaitas, requintas , tamboriles ,bombos de todo o país para facer á festa. Quen da mais? De balde coido que ninguen. Non o poden perder.
Dende aqui louvar a Agrupación Castelopolo marabilloso traballo deste ano que sen dúbida dará os seus froitos (novos e non tan novos :) ) o vindeiro domingo. Xa sabedes tedes unha cita ineludible chamase II Foliada de Melide.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
4 comentários:
Alí nos vereeeemoss se Dios quer, e se non tamén... Vai correr o LK a esgallaaaa, e a queimada, of course!
Moi ben o artigo, justoume esa definición, mellor imposibel:
"magno evento dentro do panorama da música tradicional e da cultura galega en xeral na tempada primaveral do país e na cerne do mesmo. A foliada."
Saúdossss juveniL!!!
so quedan unhas horas...preparando os corpos para a festa...Riki, esperñamoste ali...:)
EXito total rapaces noraboa os premiados moita festa en Melide, así da gusto
Dende Agrupación Castelo, moitas gracias a toda a xente que de maneira desinteresada fixo posible a II Foliada de Melide e a todos os que nos apoiaron durante estes meses de preparativos e en definitiva moitas gracias a toda a xente que o domingo estivo presente no Pazo de Congresos, sen todos vos non sería posible este evento. Nos intentaremos darlle continuidade cunha III FOLIADA e por suposto contamos con tod@s vos. Unha aperta e moitas gracias
Enviar um comentário