terça-feira, maio 23, 2006


EU GOSTO DE QUIM BARREIROS.
Si amigos, seguro que moitos de vos xa oístes por ahi, sobor de todo nos pubs, unha das cancións do vrau, non, non é "Opá", nin Shakira, nin outra polo estilo, trátase da "Cabritinha". Unha peza composta por este portugúes que leva mais de 30 anos facendo música popular. Este home ,unha especial mestura entre Xil Ríos e Flaco Jiménez, vendeu xa unha morea de discos, bueno debería decir cintas-cassettes, e deu a volta o mundo tocando en calquer sitio onde houbera un compatriota luso.
Pois agora tocóulle a nosa terra, este Quim é fillo dun emigrante portugúes a Brasil, empezou tocando a gaita ,como veu que co fol non tiña moito futuro pasouse o acordeaô e empezou a xogar coa lingua de Camôens. Son ben coñecidas no pais veciño cancións como "Maria, deixame cheirarche o bacalhau", "A ´páderia", "Xupa Tèresa", "A fechadura da rita", "A garagem da vizinha" etc, como vedes todo un exemplo de sutileza e de doble linguaxe ó mais puro estilo norte de portugal, onde os cantares ao desafío e as letras picantes estan á orde do día.
El naceu en Praia de Áncora, concelho de Caminha e partido xudicial de Viana do Castelo. Así que non che é de moi lexos. É un dos artistas que mais toca en Portugal, tanto en festas populares (como as nosas), como en festas de universidades, academias, empresas etc, esta solicitadísimo.
Deixovos o enlace da sua web. Quim Barreiros e un video de youtube.

6 comentários:

Ghaiteira disse...

Pensar que quen primeiro me falou del foi meu pai.. Que levaban seica desde entroido pedindo a canción na Radio Galega e atopárona non fai moito e veume todo emocionado a ver se se podía escoitar dende interné. Desde logo a canción está de pm, nin o Corral nin hostias! VIVA QUIM! jajaja

Anónimo disse...

Si oh a canción é festeira a mazo, agora o que querería eu saber é como su puxo de "moda" por aqui, poque a canción xa ten o seus anos. Eu xa a coñecia, por güey (a sua nai é portuguesa), pero pensei que se algunha triunfaría por aqui, sería a do "Bacalhau", pero bueno así e o conto. Veña un saúdo.

Anónimo disse...

Hola, son Sabela, eu xa coñecía a canción de cabritiña ou como se chame, de internet, pero xa fai un montón de tempo, que ma mandou un amigo.A ver si o pos de moda para as noites do verán en Melide.
Bikiños.

Anónimo disse...

Seguro que se pon de moda, porque esta bourando moito. Ai internet, internet "el cuarto poder", veña un bico miña prima.

Anónimo disse...

FENOMENO ¡ vaia temazo . haber agora si se empeza a escoitar nas noites de festa de milli.Un saudo SABELA que vexo que tamén entras na páxina.ah por certo POWER , tes que pegarlle o toke a amiguete para que actualice a páxina da hora amiga.asturies

Anónimo disse...

Un saúdo os meus primos de Asturies e Madrid, Alberto xa lle darei o toque a Amiguete que esa páxina esta mais parada que a Pena da Moura da Muruxosa.
E Vitor de Sobrado, animate pola derrota do CASX perante o Queixas, hai que recoñecer que son superiores, no tema da Troita-Mojo Project, pois sonan moi ben, no tema que se leva agora na música de Mestura-Pachangeo-nova rumba-e mezclar todo, estan de pm. Sin dúbida algo distinto.