quarta-feira, maio 03, 2006


II Foliada de Melide- 30 de Abril 2006

Éxito total, máximo sucesso -que diría o portugues-, xornada plena, completa e satisfactoria no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide.
A xornada empezou pola mañá a iso das 11.00 h coa apertura dos stands da mostra de artesanía e demais cousas, como o Comercio Xusto da Fundación Enxebre-Amarante(nunca tanto venderon)etc, mais ou menos a esa hora o grupo Castelo facía un percorrido pola vila para dar o pistoletazo de saída e mais para anunciala a devandita Foliada.
O ambiente na vila xa era de por si impresionante ó coincindir tres circunstancias importantísimas, domingo día de Feira (mais esta caeu alta que como din os vellos son as mellores), dia epicentral da Ponte de Maio, e aínda por riba bon día climatolóxicamente falando. Numeroso público baixou pola mañá ata o Pazo, amén de disfrutar da Mostra tivo oportunidade de ver nos stands as exposicións "Os Garceiras" (Esc. de gaita e percusións galegas "Axóuxere),"Os xogos populares galegos" (AGXPT Asoc.Galega do Xogo Popular e Tradicional) e"Melide en fotos" (Agrup.Folc.Castelo-Colabora:Museo Terra de Melide).
Despois xantar de irmandade co "Cattering Luis do Toxo" como anfitrión, outro éxito, e a continuación os barbudos "Mini" e "Mero" facían soar a zanfona e a suas voces, para nun concerto moi didácitico aínda que breve, dar a coñecer a historia das cantigas de cegos, como eran, que dicían, etc etc.
No tema "Manuel do Campo" -hit onde os haxa- subiu a colaborar con eles Manuel Varela de Souto-Toques, que ademais é compoñente da Quenlla, tocando o acordeón.
Acto seguido, charla-coloquio de Miranda de Arteixo sobre as palletas e a afinación.
Moi ben, aínda que a xente: vellos e vellas, mozos e mozas, rapces e rapazas de tódalas idades disfrutaba dunha grata xornada na antiga feira.
Unha das cousas que mais triunfou, se cadra por rememorar a tenra infacia, foron os xogos populares que estaban habilitados nunha das zonas que se delimitaron para a ocasión.
Alí poidemos ver a xente de tódalas xeracións compartir trompos, pesca da botella (jaja un domingo é imposible), zancos, a rá etc etc.
Que gusto daba ver a rapaces xogando a cousas de verdade e non cun mando a distancia con equis, circulos e demais símbolos, e que gusto daba tamen ver ós veteranos sentindose protagonistas porque nos seus tempos era o que había.
A xente dos stands era moi amable e explicábache de que iba o seu asunto, un dos que mais chamaba atención era o de Master Gaita ou Gaita Midi, onde aprendemos o seu funcionamento e as posibiliades das novas tecnoloxias no mundo mais tradicional.
Algun recomendoulle o de Mater Gaita que crease un antivirus para as "gaitas marcias" que abundan en ourense e pontevedra.
O Bar Prados seguía funcionando a perfección, e os grupos dirixíanse ás distintas prazas de melide para facer ese pasaruas soñado por Susiño, teño que dicir que eu non o vin porque me quedei por alí pintando un pouquiño o indio.
Moita xente che pasou por alí, de toda clase, sexo e relixión ,daba gusto meu.
Unhos pinchiños para os grupos e + ou - ás 10.00 comenzaba a Foliada en sí, escomenzaba Miki agradecendo a toda a xente que colaborou con eles e a toda o público que acudira, e o que dicíamos, escomenzaba a Folida, nove grupos gaiteirís, de Melide, Antas, Sobrado, Santiso, Silleda e Agolda, coido que era así.
Estiveron todos moi ben, quedome con Alfonso de "Bico da Balouta" daGolada que estaba realmente entusiasmado de ser os que remataran a primeira pàrte da festa, e a verdade é que fixeron moita festa, ó ser tódala pezas cantadas, todo o público axudou. Os de Bico da Balouta andan este ano de xira tódolos venres polas tabernas tradicionais, sen dúbida interesante. Metéuse no medio do cartel preestablecido a unhos gaiteiros de Vigo, díscipulos dos Morenos de Lavadores, que se facían chamar "Can de palleiro", sen dúbida déronlle riqueza o fetival. Moi ben tamén a actuación de "Axoúxere" tanto cos rapaciños coma co homenaxe ós Garceiras, ben merecido por certo, que fixeron na súa actuación. Froito Novo demostrando táboas. Os Melidaos mesturando sabiduría veterana con savia nova, moi limpos. Castelo ben nas dúas actuacións tanto nos Maios, coa sección pandereteira como na sección gaiteira. Os de Santiso, ben para estaren comezando. Boa mestura de instrumentación na xente de Sobrado, bon traballo Suso. Miki tamén deixa a súa impronta por Antas e nótase. En definitiva todo moi rico e abundante. Destacar a incombustible xente que bailou toda a noite, que brío e profesionalidade rapaces, e esa mestura cos mais veterano estivo realmente espectacular. Que disculpen a xente maior que estaba nas cadeiras, pero é que sinón era realmente imposible, por falta de espazo.
E a eso da 1.00, conxuro da Queimada, moi ben botado pola parte do oficiante, que non era outro que o meu compañeiro radiofóncio Amiguete, ataviado para a ocasión nun ocurrente traxe de palla que se apañou nun plis, tio eres Mortadelo perdido.
Destacar a gran mestría, eu xa o sabía por eso o recomendei, de Emilio (ese fenómeno, somos un pobo de fenómenos) á hora de facer a Queimada, qudouche ben mestre.
E despois o serán aberto onde a festa seguiu ata altas horas.
Non me esquezo de Carlitos Sesar que nos ensinou unha faceta descoñecida súa, a regueifa. Tíñalo caladiño meu, e a tantos e tantos personaxes que pasaron pola II Foliada de Melide. Eu que sei quedánseme moitas cousas no tinteiro pero a xente que estivo por alí faise unha idea e o que non veu, xa sabedes para o ano vinde descubrilo aqui a Melide. ALa un abrazo

8 comentários:

Ghaiteira disse...

Si señor Riki! Mellor descrito imposible!
Destacar a malla tamén, creo que foi o que máis chamou a atención, tanto a xente vella por recordala, coma a xente nova porque nunca tal cousa viran.
Outra cousa que estivo xenial foi cando tocamos todos xuntos o Hino do Antergo Reino de Galiza, creo que o toco 1 vez máis e choro, e coma min algún/ha maís. Aínda non sonou mal del todo, podía ser peor...
Desde aquí darche infinitas gracias pola túa colaboración presentando e a tódolos que asistiron, e aos que non... Xa sabedes que vos queda pro ano!
En canto ao "Bar Prados", alí si que daba gusto pedir unha copa, que servicio... e que camareros!
Un saúdo, e moitas gracias unha vez máis.

Ghaiteira disse...

Por certo, xa están algunhas das fotos da II Foliada na web, recién colgadas!

usuarios.lycos.es/agrupacioncastelo

rikimelide disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
rikimelide disse...

Infinitos de nada e tes toda a razón, esquecíame de dous momentos importantes. O primeiro non o poiden ver pero as fotos da páxina do Castelo,usuarios.lycos.es/agrupacioncastelo son moi ilustrativas e a interpretación ó unísono por parte de todos da Antiga Marcha do Reino de Galicia, sí foi emocionante para todos, imaxínome que para vos pois o doble ou o triple como ti ben dis. O "Bar prados" moi ben, e os camareiros tamen pero tamen habia algunha que outra ghaiteira-camareira por ali, ou non? :), en resumo unha marabilla, ou algúen agardaba menos?, eu dende logo non, jejje, veña un bico

Ghaiteira disse...

Nada nada! A ghaiteira-camareira non lle facía sombra, por Deus! Penso que teño futuro de camareira... jajajaj
Veña, un bico pra ti tamen! ;)

Anónimo disse...

Moi boas Riki, gústame o teu resumo da FOLIADA, a pena foi que non estiveras na malla, tivo bastante éxito,tanto na xente máis veterana, por tódolos recordos, coma na xente nova, porque a maioría nunca viramos unha máquina tan antiga.
En canto o que comenta Laura sobre a Marcha Ghaiteira, comparto o sentimento e a emoción que invadíu, primeiro o centro do pobo e logo o Pazo de Congresos coa interpretación do H. do Antergo Reino de Galcia. É un deses momentos qe quedarán na historia de Melide, máis de medio centenar de gaiteiros acompañados da percusión tocando o noso himno antigo... EMOCIONANTE...
O resto resúmelo moi ben no teu comentario...
Agradecerche a túa colaboración e a de outra moita xente que fixo posible este evento... Graciñas

PD. Menos mal que tiñamos CARAMELOS, senón calqueira aguantaba ata o final, ainda que o regheifeiro SEsar, como dixeches ti, esa noite tiña moitas luces... un saúdo

Anónimo disse...

Tiña moitas "Luces" tiña jjejee, e e os caramelos debían ter 40º% vol de alcohol mínimo algo rebaixado coa coca--cola, pro ano unha petición a ver se houbera por ahi un "tallo" de carballo que non che estou eu polas cadeiras de praia jajjajaj, debeu haber un Earthquake de 5º escala "riche" jajja veña

Anónimo disse...

Ah, xa che pasarei a grabación do programa de outro día, falades como auténticos profesionais, e a de susiño en lume na palleira