terça-feira, maio 30, 2006


O mais normal sería que cando me tocase falar de cinema neste blog, o fixera de grandes clásicos e grandes mestres coma O.Wells,Billy Wilder, Hitchcock, Berlanga, Kurusawa, Scorsese, Coppola, Fellini e un longo etcétera pero non, hoxe vouvos falar dunha peli que vin o outro día, "El milagro de Berna".
Sen dúbida que falten poucos días para o Mundial de Alemaña ten a culpa, de que eu virá o film e de que decídese comentalo aqui.
O director é Sönke Wortmann, descoñecido de todo, pero o resultado final demostra que o último cinema xermano ten forza e xente con talento, recordade "Good Bye, Lennin".
A trama acontece nunha cidade mineira no verán de 1954, o protagonista, un rapaz de 11 anos, Mattias, é un auténtico entusiasta do balompé. No equipo da sua cidade xoga un dos extremos da selección alemana e el faille de utillero.
Mattias non coñece a seu pai que está preso na URSS dende o fin da II guerra mundial.
E ese verán pasarán moitas cousas, das que non vos adianto nada por si acaso a vedes.
O que descubrin na peli foi a importancia que tiveron as botas naquel campionato de mundo. A RFA contaba como suministrador a Adi Dässler, cofundador da empresa Adidas e a sua grande novidade para ese mundial foron os tacos intercambiables de rosca, bueno como os que hai hoxe, antes deso eran fixos, conta a lenda que a RFA lle gañou a final a marabillosa Hungría (que lles gañara de goleada na primeira volta)de Puskas e compañía por que empezou a chover pouco antes do partido e os alemáns botaron man do inxenio de Dässler.
Película emocionante e recomendable para a xente que lle guste o fútbol, falando deste xénero non me quero esquecer desa magnífica peli que é "Evasión o Vicoria", con Stallone de porterio, Pelé, Ardiles e outros grandes xenios da época.
Noutra orde de cousas o melidense Xurxo Otero clasificouse segundo na final do Maratón de Chistes "Terra de Abeancos" que se celebrou en DonaDona Touro o pasado venres. Tedes mais información nesta ligazón ou no blog de marcus.
Xa falta pouco o mundial e como no poñamos o TDT supoño que haberá que ir velo as tabernas, non lle hai que facer. Para que non lle guste o fútbol, que habelos hainos e non sodes poucos, pedímovos un pouquiño de paciencia no próximo mes porque esta Copa do Mundo promete bastante aínda que non o vivamos como os arxentinos spot., aqui vos queda o que fixeron os do CQC do país austral.

2 comentários:

Anónimo disse...

O anuncio do mundial é de impresión. De tódolos xeitos hai que admitir que a máis da metade da poboación tráelle sen coidado o fútbol, polo que a saturación que imos soportar vai ser excesiva. Neste tipo de casos é cando se agradece ter cada día máis canles, para poder ver nalgún momento algo distinto que non teña o fondo verde (aínda que algúns contidos verdes que tamén teñen afección, pero sen campionatos mundiais).

rikimelide disse...

Entendo a toda esa gran xente que non lle gusta o fútbol, e despois de liga, copa, copadauefa, copaeuropa, partidos amistosos, contraadroga, etc etc estea saturada, porque os propios futboleiros o estamos, e seleccionamos, eu polo menos, os bos partidos para ver, non creo que haxa moita xente vendo un Ejido-Málaga-B, un sábado pola tarde na Galega, ou si?, pero agora co do mundial tédelo claro, con respeito o do fondo verde e o relacionado con él, sen dúbida que teñen afección e mercado, non che conto nada da revolución que houbo por aqui cando CanalDeza,acutal TeleDez, retirou o pase de certas pelis e puxo un moderno aínda que coñazo sitema de ventaíñas e chat en directo, un pouco cutre a verdade. Veña un abrazo.