terça-feira, junho 13, 2006


SANTIAGO ROUCO E FESTA DE SAN ANTÓN
Primeiro de todo, que estou sentindo os foguetes, hoxe 13 de Xuño, festa do San Antón en Melide, misas e demais e actución de grupo de Gaitas do País e a noite a Orquesta Principal de Pontevedra, empeza o vrau empezan as festas meus. Está xa ten a súa historia, e aínda que non é das mais grandes ten o seu aquel é esta organizada polos coñecidos Antonios, De Mánximino e Do Forno. Polos nomes parecen dous xogadores de Boca Juniors e do Corinthians.
Segundo,para os que flipastes con Edilbeto Alonso o emigrante de Curtis, o panorama-freak galego non estaría completo sin outro baluarte de auténtica excepcíon, trátase do mítico Santiago Rouco, moitos de vos seguro que xa o coñecedes por aquel tema que sonaba moito en Gomaespuma, "Oye niña". A min a súa voz recordáme moitísimo, e que non se me enfade, a Barullo "Ruído" -o Fiti de Melide e o organizador do Skaralampio, cando interpreta ós catro ventos temas como "Jalisco, no te rajes", "Guadalajara", "Ni mas, ni menos", "Una paloma blanca" etc e composicións propias coma aquela versión de "La fiesta de Blas" de Fórmula V, transformada en "En el Entra y Verás" -local de culto en Furelos rexentado antergamente por Josefa e Paquillo e agora xestionado polo bigote máxico de "Carrilo"-, a letra di así: "En el Entra y Verás, hey, en el Enra y Verás, hey, todo el mundo salía con unas cuantas copas de más...."
Bueno pois eso que no tema de frikis, próximamente subirei algun tema del grabado ó pe da rua, e a ver quen o mais poderoso de momento conformadevos con escoitar a S.Rouco, prémede aquí e se queredes ver un video caseiro del aqui, tamén podedes visitar as seguintes webes;A regueifae Visicitud y sordidez para mais información.
E terceiro,seguro que xa vistedes por ahi que se estreaba un programa novo na TVG presentado por Carlos Blanco, "Somos unha potenZia" tedes mais datos na páxina de Marcus.

1 comentário:

Vicisitud y Sordidez disse...

¡Ghrasiñas polo link e por espalla-la boa nova de Rouco!

Outrora, eu buscaba as grabación de entrevistas en radio Voz, Gomaespuma, actuacións no Semáforo... Agora, con internet, é incrible poder ser un unha fonte, pero seguro que andan moitos frikis con cousas de Rouco por aí desexosos de compartilas.

¡Veña, subídeas o youtube (ou outro) a pasade-los links!