quinta-feira, março 08, 2007

MULLER

Hoxe é o día da Muller Traballadora, a min esto dos días adicados pois que non me convence, así que hoxe é o día e o resto do ano xa non traballan, ;) deixando a parte a brincadeira, a min este poema da lucense Marica Campo musicado por ese grupo referencial que son Fuxan os Ventos, recollido no disco Sementeira sempre me pon os pelos crespos de emoción, mágoa non poder poñervos a música pero ahí vos queda a letra.
Ah, meu gaiteriño,
ainda macordo,
cando baixabas polo monte abaixo,
e víñasme ti dicindo:
“Bota carne no pote, Marianiña,
bota carne no pote, Marianá,
un molete enteiro, enservelletado,
unha bota con viño, ¡chupáená!
- Muller, fartura de loita,
¿qué che hei decir eu, muller?
Se ti es como a terra nosa,
e a terra coma ti é.
Deixeivos a entrambas soias
anque convosco quedei.
Baleira quedou a terra,
ti, sementada, abofé.

E o vento decia:
“¡pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”

- Ai, muller, ¿cántas noitiñas
te deitaches coa tristura?
E o vento frío traguía
as novas dos que marmuran.

E o vento decia:
“¡pronto hei de volver!
pra tira-la fame, pra poder comer…!”

Ti és o milagre da terra
e a terra é un milagre teu,
mistura de mel e cerna
de fera e de anxo do ceo.

Pariches de pé o fillo,
como fan no monte as bestas.
E hoxe que volvo vencido,
para que eu venza ti te deitas.

E ó voltar, ¿qué che hei decir?
¡Maldito o día e a hora
en que vos deixei aquí
pra percurar vida fora!
O inverno da emigración
roubóunos a primavera.
Quen eu era, xa non son,
e ti non es a que eras.
Xa poden os leiros dar
colleitas ben abondosas,
xa poden en Madrid falar
con palabras ben fermosas,
que nunca, nunca nos han pagar
a nosa fame de outrora.

4 comentários:

pepetrola disse...

Ahí estamos, Riki!

Canta ciencia ten o teu miolo, e que lindo e escoitarte falar ou poder ler o que escribes.

Porque canta verdade hai nas túas verbas... hoxe acordámonos todos da muller traballadora, pero durante todo o resto do ano, chispún!

¿Que sería de nos sen mulleres? ¡NADA!

Anónimo disse...

poñenseme os pelos de punta cada vez que escoito esta canción.
o carallo e que sigue tendo vixencia:
o inverno da emigración seguenos a roubar a primavera!

e que viva a loita das mulleres!

rikimelide disse...

Facía tempo que non escoitaba o tema e onte ocurreuse poñelo no radiocasé (esas cintas Philips de Fuxan como aguantan carallo¡) e volvéuseme a poñer a pel de galiña.
E que os últimos versos recitados coa supervoz de Mini son insuperables.
Pepetrola coincido contigo en que se as mullers ná de ná.

Anónimo disse...

Virxinia dixome unha vez que as mulleres precisan un cuarto de seu... e canta razón ten !!!


:)

Unha muller ,fartura de loita...