sábado, agosto 11, 2007

1977-2007.


Hoxe puiden ollar o "Libro" das Festas deste ano e veúseme a cabeza uns vellos exemplares que había pola casa de tempos onde eu aína non nacera. O que vos amoso hoxe é un do ano 1977 (polo tanto fai agora trinta anos). Coido que foi un dos primeiros que se fixeron para axudar a financiar as festas con publicidade das empresas locais.
Está editado pola extinta imprenta melidá O´Cuco con fotos de Adolfo e Broz, e con textos do propio Broz.
Na ilustración da portada podemos degullar xa o seguinte: a dereita do debuxo vemos unha grúa de construcción que parece querer atentar coa torre do Convento, ó seu carón un hórreo, debaixo a ponte de Furelos, cun bombo (coa lenda San Roque 77)no arco central, e un carro no da súa dereita, unha lebre e cartuchos, troitas e cesto, pan, queixo, viño, vacas, melindres, zocos, gaitas, foguetes no ceo e o sol.
Sen dúbida un resumo perfecto da realiadade do pobo de finais dos 70, os gandeiros e labradores (base da pirámide), o incipiente séctor da construcción, ás tradicións, o patrimonio histórico cultural, o ocio (caza e pesca) e como non o sol radiante de Agosto que estamos de festa¡¡¡



Abrimos o caderno e atopamonos co Saúdo do alcalde, D.Xavier Rodríguez Pampín que como é tradicional da a benvida a tódolos forasteiros, louva a comisión (daquela as festas facíanse por gremios), agradece e da a noraboa a X.M.Broz por compoñer o libro, e remata saudando de corazón "o meu pobo, os forasteiros, e , de un xeito especial a todos aqueles que colabouraron pra facer realidade un ano mais as nosas festas o Glorioso San Roque"
Séguelle o da Comisión que ese ano era o do ramo do automóvil. Empeza, a comisión, recordando que dende sempre, teñen sona de boas (as do seu gremio) polos seus programas, bandas de primeira categoría, orquestas moi afinadas, fogos.....e todo o que cómpre a unha festa como o San Roque de Melide.
Empregan o humor e comentan: -Queremos que a ledicia das festa vaia sobre rodas.
-Que dean ben as curvas as notas musicales. -e cheguaremos o cabo do San Roque sin averia. (...)
Seguimos e vemos unha foto do interior da igrexa de Santa María e unha explicación das pinturas. Despois un plano de Melide a escala 1:500. Seguimos pasando follas e hai unha que me chamou tremendamente a atención, titulase o artigo FALANDO CON NÚMEROS e moi interesante para ver os cambios que se produxeron de fai trinta anos para acó:
MELIDE é -unha terra a 470 m de outura sobre o rente do mar (sempre crin que superabamos os cincocentas pero na páxina do Concello aínda nos dan menos, 434 m9
-Un concello con 26 parroquias
-en 98 km2 (hoxendía conta con 101, km2, ferrado arriba ferrado abaixo)
-con 8.216 poboadores, 3.946 son homes, 4.266 son mulleres.
Datos do Ine do 2006, 7.931 en total, 3.873 machos,4.058 femias.
-Circulan polas 5 carreteras e pistas da bisbarra
512 turismos, 62 furgonetas, 19 omnibús, 97 camiós.
Non teño datos do parque móvil actual pero os 512 turismos pasaron a historia...
-e aran as suas terras
90 trautores
-e segan a herba
96 motosegadoras
-moven a terra
3 paleadoras (cantas ten Leonardo xa el só)
-é pódense alugar
14 taxis (esto coido que está igual, e incluso seguro que traballaban mais daquela que hoxe)
-unha vila que ten 493 telétonos. (hoxe con móviles e fixos a saber que cifra rondamos)
-fíxeronse
153 km. de pistas pola axuda económica e teúnica da Extensión Agraria e a man de obra dos veciños.
-hai 6 circuitos de recollida de leite e xúntase tódolos días 6.500 litros (cifra irrisoria hoxendía)
-hai na bisbarra
25 granxas de vacas, de tipo familiar, de 10 a 25 cabezas. (hoxe hai mais de 400)
28 de porcos
1 de galiñas
1 de coellos
etc etc. Podedes contrastar os datos picando aquí.
Remata cun poema. -un pobo que ten de todo...
Bon pan con viño do ribeiro
e os enxebres melindres
co manteigoso queixo.
Boas feiras de gando,
vacas, porcos e becerros,
no mes, o domingo derradeiro.
Coello e perdiz no Bocelo
e troita no Furelos.
Ferro, ladrillo e cemento.
Aguga, frío e vento
fillo que voltar a terra,
e terra que levamos dentro.
Sempre o esprito xoven
pra loita
e erguerse cedo. X.M. Broz Rei.

Continua o boletín Antonio G. Mourelle que nos fala do Museo Parroquia, seguido dun mapa de castros e mámoas da bisbarra de Melide, continua cun emocionado repaso a historia e o presente do pobo titulado "Desde o Castelo vese Melide", tentareivolo poñer dentro duns días (con mais tempo) pero deixovos o remate. "Xa estoupan no ar os foguetes. O pobo está cheo de fillos que voltaron. O San Roque non é soio unha festa, o San Roque é o voltar a terra, e respetemos o antergo, traballar a realidade de agora e loitemos polo Melide do futuro, o que todos desexamos e levamos dentro".
Ahi queda eso.
E chegamos xa a metade do libro onde está o Programa das Festas.
Luns 15/8/1977. Pasacalles Froito Novo, xigantes e cabezudos (que foi deles), Tiro o prato (moita afección che había a pontería)
serán: Estreo e alcendido do artístico alumeado. Froito Novo de Melide.
Martes 16. Banda de Arcade, Froito, novo, misa, procesion, fogos, concertos da banda e a noite Gran verbena coa Florida de Pontevedra, Lembranza de Pontevedrae na praza do convento concerto da música de Arcade e a 1.00 sesión de fogos de artifcio. Artisticas rodas.
Mércores 17. Banda Artística de Celanova, Froiot Novo. Misa cantada, procesión. Serán ás 18.00 h. Fútbol. concerto da banda e verbena a partir das 10 co Bellas Farto de Ferrol e Serenade de Valencia (conjunto atracción). Ä 1.00 Fotos de artificio.
Xoves 18. Banda Artística de Merza, Frtoito Novo, misa e procesión, concerto, ás 18.00 fútbol, concerto da música de Merza e ás 10.00 Verbena con Los Chicos del Jazz de Pontevedra e Serenade de Valenceia.
Venres 19. Romería enxebre na beira do río Furelos. Xantar. Froito Novo.
Sábado 20. Frotio Novo. Xigantes e cabezudos. e ás 10.00 verbena con Sintonía de Vigo e a orquestra Nueva Estrella de Melide.
Desexemos que o programa das festas seia do seu agrado e pasen boas festas
. A comisión.
Seguimos pasando follas e Broz fainos agora un precioso relato do que era unha mañán de Domingo daqueles tempos. Non cambiaron tanto as cousas. A praza, a feira, o releo, os tendillos etc etc.
Continua cun debuxo precioso titulado "Lembranza de San Pedro"
Mais adiante atopamos unha guía do viaxeiro onde nos indica lugares de interese das bisbarras do interior (con debuxo maxistral incluído). A Capela, Mámoa da Moruxosa (daquela aína non a denominaba Forno dos Mouros), a Fortaleza de Narla, Sobrado dos Monxes, Santa María de Mezonzo, a Ponte Vella de Furelos, Leboreiro, Castelo de Pambre, Vilar de Donas, Castro de San Cosme, Richinol, Santa María e o Pazo de Vilar de Ferreiros (hoxe salón de banquetes) son os lugares recomendados nesta imprescindible viaxe polas marabillas do interior do país.
Unha foto de Adolfo dende o Estilo e unha dende o Castelo pechan o libro.
Non quero esquecerme do poema "Melide" de Broz:
Nada se perde en ningún sitio,
nada se alcontra en ningún lugar,
que todo ven de dentro,
desde dentro.

ésta é a miña xente e o meu lugar.

eu nacin aquí, ésta xente conóceme desde que nacín.
éstes son os que eu trato e vexo tódolos días.
un día falarán de min e percuran a miña compañía.
O contar cántos son, tamén me contan a min.

ésta é a miña xente, xente onde eu nacín.

Do outro a ésta hai un mundo,
son aquél e èse as miñas fronteiras.

o meu terreo finado polo veciño terreo.
por eso,
esta é a miña xente,
que eu sofrin tantas veces
cántas me sofriron a min.
éste é o meu lugar.
fincado con fé nesta terra,
non hai mais ceo nin mais xente,
nin mais fogar nin corazón,
que eu nacín aquí
parido por nai de terra
e hastra que a terra me leve,
de MELIDE, eu son.
Xosé Manuel Broz.

A publicidade (feito polo que se fixo o libro) agudiza a memoria e trae moitas lembranzas e añoranzas de comercios e empresas que xa non existen e tamén asevera a solera de negocios que aínda hoxe seguen traballando no noso pobo.
Aqui vos deixo a relación:
Mesón Parrillada Pilmar, Piroctenica Golpe (Guisamo, agora nesa localidade dedicanse a outros foguetes), Droguería Stop, Mare-Nostrum seguros, Bar Musical-Orquesta Nueva estrella, Carpintería Vilasuso, Comerical Torneiro-Lugo, Electricidad Nartiño-Edesa, La "Sud América" seguros, Sastreía Lito, Satrería Asorey, Blan-Gar, Quenosa, Libreria Ricardo Parrado Abeijón, Autos San-Fernando, Auto escola Marte, Panaderia Tahona, Cosntruccións Novo, Banco del Noroeste, Mercería Alfonso, Transportes Gallegos, Suso Aceiteiro, Representaciones artísticas Manuel Rodríguez, Calzados Broz, Café Avenida (o do cantón de san roque), Ferretería Porto, Autos Valiño, Garaxe Benito, Rodríguez Rolán, Viños Alongos, Cafetería Marta, Unión popular de Seguros, Construccións Horacio Blanco, Contruccions Martínez (Palas, aínda non estaba con Cordido), Colegio Padres Pasionistas, Banco Pastor, Cafetería Cire, Casa das Luces, Cafetería Estilo, Gaseosa Revoltosa, Piensos Iganasa (Casa Elisa do Aceiteiro), Banco de Bilbao, Bar Alongos, Citröen-J.Blanco, Donuts, Autocares Mosquerea, Calzados "Confianza" Talleres "Ángel Sánchez" e Parrrillada "Moncho" (na granxa, barrio de Don Vicente).
A publicidade mais "profesional" sría a de Quenosa, unha cooperativa que se formara daquelas que producía un queixo de calidade na fábrica do Folicheiro.
Quenosa, unha empresa que é nosa. ;)

3 comentários:

FIZ disse...

Moi ben Riki esta ollada ó pasado desempolvando o S.Roque de fai 30 anos. Se xa estaba eu tocado, xa me puxeche ainda mais morriñento. Jaja.

De todo o lido destacar (ademais do gran traballo de Broz, coma sempre) o tremendo esforzo de FROITO NOVO que actuaban todolos benditos dias das festas sin descanso, rozando o exclavismo diría eu. jeje,.
Algún día poderías falar polo miudo deste grupo cultural-musical.

POR SEMPRE MELIDE
BICOS

rikimelide disse...

Tes que perdoar Fiz non era a miña intención acrecentarvos a morriña os que tedes que estar fora estes días.
Si coincido contigo é que FroitoNovo tiñan que andar de carallo, pero bueno daquelas o grupo eran moitos rapaces e seguramente se turnaran.
Bueno meu un saúdo forte a traverso do Canal da Mancha ou (English Channel en inglés o La Manche en francés). e tamén a todos os que estades fora estas datas. Non vos preocupedes que tomaremos unha pola vosa saúde.

pepetrola disse...

Pois eu só quero felicitarvos as festas a todos os festeiros que andaredes por Melide estos días de festa. Pasádeo ben, bebede (sen pasarvos), ride, e sede felices (esto é o principal). E tamén espero que o tempo non sexa caprichoso e se porte ben con vos.

E a Fiz só me queda mandarlle outro saúdo e dicirlle que non se preocupe, que xa se resarcira na súa próxima visita a terra.

¡Felices festas, pobo de Melide!