terça-feira, dezembro 04, 2007

A EMBAIXADA DO MUNDO DO MOTOR DE MELIDE CONQUISTA MADRID CO NOSO PRODUCTO MAIS TÍPICO
O pasado 24 de novembro o equipo Motor Melide Sport de rallyes, desplazouse a Madrid para disputar o mítico rallye do Shalymar. Alí agardavos unha grande espectación e unha boa lista de inscriptos. O rallye prometía pero a mala sorte impediu que a escuadra de Ferreiro deleitara a afección castiza. Unha avaría fixoos abandonar ó remate do primeiro treito. Aínda así a experiencia para o equipo foi boa xa que coñeceron a xente tan interesante como Sainz e Moya, que retornaban a este mundiño despois e anos sen correr xuntos. Un Skoda Fabia foi o vehículo que levou a parella a victoria indiscutible.
Destacar a actuación do veterano ourensán Javier Paz que rematou segundo na xeral.
Dese fin de semana polo foro o equipo melidán trouxo unha serie de fotos, das que destaco as seguintes:

Ferreiro e Luis Moya posando para os gráficos co melindre como proba de confraternidade.

O campión nacional atendendo a Televisión de Galicia.

Carlos Sainz asinando no "libro gordo de Ferreiro".

Posado do doble campión mundial co tres veces campión galega e actual campión de españa.
Os melindres triunfaron no frío da serra madrileña non así tanto os ricos os que os "madriles" achacaban a súa dureza. Non saben o que se perden.
Noraboa a todo o equipo de MotorMelide por esta expléndida tempada e por facer de embaixadores dos nosos productos por todos os "paddocks" e "parques cerrados" do conxunto do Estado.

1 comentário:

Gael disse...

Vaia crack o Ferreiro. Por certo, é curioso o dos ricos, que están moito menos extendidos do que eu pensaba. Quedei bobo cando xente de Rianxo ou de Outes me preguntaba que era eso dos ricos. Pero estes, despois de probalos non lle achacaron nada... pedían máis.