quinta-feira, fevereiro 28, 2008


AXENDA
Deporte: Sábado.- 10.30 h. Categoría infantil no campo municipal de Melide, Cire de Melide-E.D. Arzúa, ás 16.30 h. Cire-C.Santás categoría de veteranos. Ás 17.00 h. no pavillón municipal da Martagona, Melide Fútbol Sala-M.Jogafán de Ordes, trascendental partido para permanecer na división Autonómica.
Domingo., ás 10.30 h. Categoría cadete no campo municipal de Melide, Cire de Melide-Dorneda de Oleiros, ás 16.30 h. categoría senior, Cire de Melide-Boimorto C.F., importante partido para o Cire que de gañar tería moito andado para amarrar o segundo posto xa que son cinco puntos os que lle leva o Boimorto, terceiro clasificado.
Música ao Vivo.- Venres no Pub Gatos: " Poucas veces houbo concerto por esta data no Gatos, máis que nada porque este ano é bisiesto e cadra o derradeiro día o venres, creo recordar que non houbo ningún en once anos, non o sei fixo. De todas formas é boa data para recibir por segunda vez ós nosos admirados HEISSEL, que co seu pop psicodélico farannos pasar unha noite inesquencible." comentanos Nani.
Se queredes escoitalos este é o seu Myspace.
Non esquecerse de que este fin de semana tamén é a XXXIII Festa do Queixo con numerosisimas actividades, as mais destacadas: o sábado concerto a partir das 21.00h de Muchachito Bombo Inferno, Mala Rodríguez e Triángulo de Amor Bizarro.
O domingo folk con Malvela, Vaaamonde Group, Arrás e o retorno da mítica Medley Band.

4 comentários:

Josu disse...

ai riki........vamos ter que volver os inicios, cando debatiamos aqui na tua paxina de futbol.....non e menospreciar, pero o blog do quintas, tera moito curro, pero non o lee nin el.......asi que, ai que andar....................................¿Que opinas do cire-Boimorto?....cres que se xoga o ascenso.........

Josu disse...

Bueno, boas a todos os que entrástedes nesta historia, primeiro as presentación, hai que ser educado, eu son riki e son de melide.
Hoxe, 20 de outono de 2005, víspora da segunda feira de chantada, contaxiado pola febre blogeira deste noso país, decidin eu tamen ser participe destes diarios dixitais ou como carallo se chamen. Sin mais dilación o allo, que a actualidade manda.
.........................................Acordaste,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,,mira hacia atras....cire ou concertos que tamen estan ben.........!!!!

rikimelide disse...

Boas camarada Josu, en www.prensacire.blogspot.com, tes información do Cire actualizada, preguntas se o partido contra o Boimorto se xoga o ascenso, bueno o ascenso non sei pero a promoción polo menos sí, xa de que gañar o Cire tería moito andado xa que lle leva cinco puntos o Boimorto e un partido menos. Mañá sábado a Pontecarreira tamén ten un partido fodido en Ordes, contra o Ordenes-B, e todo pode pasar, agardo que vos (o Toques) lle gañades o Perillo o domingo.
Gracias polos "comments" sempre son e serán benvidos e danme enerxia para seguir xuntando letras por estes lares, bueno intentarei satisfacerte e satisfacervos, na medida do posible ;), así que a ver si lle dou mais caña o blog, veña unha aperta compañeiro¡¡¡

Josu disse...

ai,ai.....ai que gañar, e a promocion esta conseguida......pero bos non falledes que o pontecarreira xos imos joder nos....................e asi ascenso directo!!!