segunda-feira, fevereiro 25, 2008

COMO NON, "THE BIRD ....AGAIN"
Esta entrada adícolla a Chopi xogador arzúan de Melide Fútbol Sala que lle comentou a Pájaro que tiña que pedir dereitos de autor por saír tanto neste blog. Non lle falta razón a Chopi, cando non hai inspiración tiras do "patillas" e amañado.
Voltamos logo a aqueles capítulos de clases de fútbol, hoxe toca...CAPÍTULO III.A BICICLETA.
"A bicicleta é unha sorte dentro do amplo mundo do regate que consiste en enganar o contrario pasando as pernas por riba do balón e confundindo así o noso opoñente" comentanos David. Grandes futoblistas dominaron esta técnica por exemplo o extremo esquerdo do Madrid das seis copas de Europa, Paco Gento ou un dos catro mellores da historia deste deporte, o holandés Johan Cruyff. Mais recentemente os brasileiros Denilson e Robinho e o luso Cristiano Ronaldo son os que mais a cotío a empregan.
Como curiosidade en Sudamérica coñecese como Bicileta ó que nos coñecemos popularmente como Chilena ou "Tijereta".


Na figura 2.0, Baby fai de figurante.(paquete, sparring), e tanto lle molestou que Pájaro o vacilara que sentouse no banquiño e nin mirou para el.

As imaxes son do 7-10-07, no partido de ida contra o Vilarmaior, aqui tedes tamén un video dunha "pedalada" de Robinho no meu equipo de Brasil, o Santos, unha cidade preto de Sao Paulo.

4 comentários:

sabela disse...

Olvidácheste de Zinedine, que teño entendido e eso da bicicleta o dominaba...

rikimelide disse...

Si oh, tes razón, zinedine era moito zinedine, jaja, veña sabela un bico¡¡¡¡

fandi disse...

chopi traidor
looser!

Chopi disse...

Q honor! Gracias pola adicatoria!

P.D. Tivenme q rexistrar solo pa esto xD