quarta-feira, fevereiro 13, 2008


FIZ EN THAILANDIA.
Facendo un repaso polos sempre interesantes blogs amigos, teño a obriga de recomendarvos que visitedes o blog de Fiz, xa que o irmán de Amiguete anda traballando para unha ONG aló polas lonxanas terras de Tailandia. Non vos perdades s crónicas que o Tío Mac envía dende aló, xa que rebosan de emocións e descreben as impresións que lle provocan o choque de culturas entre oriente e occidente. Metido de cheo na realidade do país de Siam, cando rematas de lelo sentes no teu lombo a súor que che provoca a calor húmida do sudeste asiático.
Se entrades no blog de Josiño veredes que a súa cadela trouxo descendencia e se queredes algún exemplar da camada só tedes que pedirllo. El darávolo non a cambio de cartos, senón a cambio de que lle proporcionedes o cariño necesario ó cadeliño. Dádevos presa se o queredes, porque só lle queda un cánido.

3 comentários:

Unknown disse...

Riki,gracias pola axuda á hora de buscar dono para os bichiños.
Pero cómpre que lle cambies o link ó meu blog(digo o link da entrada) xa que che falta unha palabra.O que puxeches é doutro blog que a verdade nin coñecía.
O enlace tería que ser:
citizenerased-music.blogspot.com

e non :citizenerased.blogspot.com

Gracias por anticipado.
Vémonos nos bares,non si?

Anónimo disse...

este josi...
encima de escoller ese nome tan extrano anda con esixencias.
primeiro temos que aprender eso de josiribun, e agora esto!
plataforma por un josiñomelide xa.
home, non é tan orixinal como a merda(e eu respeto todo, pero é unha puta merda) esa do citizen cane que puxeches pero alomenos poderei entrar e recomendala sempre que queira porque serei capaz de lembrala.
por certo riki, o de ter que rexistrarse tamen me parece unha puta merda, con todos os meus respetos. estas contribuindo á recollida de emails por parte dos servidores, con fins publicitarios

FIZ disse...

Gracias Riki pola mención especial ó meu blog, mais todo se acaba e eu xa estou a piques de rematar a aventura asiática.
Tan só me quedan as derradeiros 4 xornadas en Bangkok como turista ó uso.
Regreso o 23 sábado, agardo verte para entón.
Bicos dende China town..e de novo
OBRIGADO COMPAÑEIRO