quarta-feira, fevereiro 20, 2008


CASTRO AND THE OCTOPUSS TO PARTY
Sen dúbida a noticia internacional das últimas horas é a renuncia por enfermidade de Fidel Castro como máximo mandatorio de Cuba. Tódolos medios se fixeron eco da noticia, e hoxe ollando un deles, La Voz, fixeime nunha retrospectiva fotográfica da vida do dirixente caribeño. Chamoume a atención unha das fotos da visita de Castro a terra do seu pai en Láncara (Lugo) aló polo ano 1992. Despois de vela casa paterna organizouse unha comida na aldea e na foto en cuestíon Fidel sostén un rabo de pulpo (ou polbo, como queirades). Aínda que se aprecia mellor na foto do periódico que na do formato dixital que poño aquí, na mesa que está a súa esquerda figuran uns cantos pratos de madeira (normalmente de pino ou amieiro) coas inicias marcadas a lume: E.P. Para un melidao este acrónimo só pode significar unha cousa: Ezequiel Parrado. Así que na visita de xullo do 92 que a min vénseme o acordo polo paso acelerado pola Nacional 547, dos potentes coches negros da comitiva galego-cubana escoltados pola garda civil e un helicóptero, que viñan de Lavacolla e se dirixían a terras da comarca lucense de Sarria, dalgunha maneira tamén estivo presente Melide da mao do prato polo que nos coñece media humanidade, o "pulpo á feira". Non vos podedes imaxinar a cantidade de xente de "alta alcurnia" que pasou polas mans de Mercedes de Ezequiel.

3 comentários:

Unknown disse...

Boas figura. Sen lugar a dúbida a pulpeira de Ezequiel é un referente xa non só en Galiza senón tamén na maior parte de España. De feito moitos peregrinos que fan o Camiño a Santiago chegan preguntando pola "Pulpería Ezequiel de Melide".

Anos e anos de tradición, toneladas e máis toneladas de pulpo, e viño a destallo.

Saude e "bon apetite"

fandi disse...

como que polbo ou pulpo como se prefira?

hai que ser un pouco máis serio.
Galicia bilingüe? i tu qui mi dices del castrapu, hai a mi mincanta.

PD : noraboa a EP por esa foto deses pratos!

saude e sorte riki!

Vítor Vázquez² disse...

buah, ano 92... xa choveu. Lémbrome vagamente da xente comentando o suceso aos meus 8 anos sabendo quen era Castro, pero ignorando (seguramente) quen é o que se atopa á sua esquerda...
O certo é que te esmerache percatandote do do prato, jeje.
Saudos!