sábado, fevereiro 09, 2008


ARZÚA F.S-JIM SPORTS MELIDE F.S, A REVANCHA
Tarde, mal e arrastro , aleccionado e picado polos "ultras" arzúas, León e Rial, infórmovos de que hoxe sábado ás 17.00 h no pavillón de Santa María de Arzúa (preto do Fire Department comarcal) disputarase un derby "en la cumbre", o anfitrión, Concello de Arzúa F.S dirixido por J.Carlos "Gogó" Xeira, versus (está pechado) o Jim Sports Melide F.S adestrado por Baby. Reseñar que será especial para Chopi, xogador arzúan do Melide, que se enfrentará ó seu irmau Núñez na sua terra, no partido de ida Chopi marcou e non vai ser menos en terras do queixo. Pronóstico para o partido 4-5. Gol de Nando no último ninuto. Que saibades que no partido de ida apostei por un 2-5 e foi un 2-6, a ver si fora certo e nos alonxamos mais dos postos de descenso.
Como apunta Rial nos "comments" mañán domingo inaugurase oficialmente o Campo de Fútbol do Viso en Arzúa cun enfrontamento entre os veteranos do Celta e do Dépor no horario intempestivo pero necesario, das doce da mañán. Co bo e inusual tempo que está a facer estes días non sería raro ver o Viso a reventar, a ocasión ben o merece.
Xa que falamos de Arzúa, xa temos o cartel do Queixo 2008, que será o primeiro fin de semana de Marzo. Sábado, La Mala Rodríguez, Muchachito Bombo Infierno e Triángulo de Amor Bizarro, o domingo folk con Malvela e Pepe Vaamonde Grupo.
Atención pregunta: Que vos parece o cartel, e que vos parece o cartaz?

4 comentários:

Melide Fs disse...

Boas Riki¡¡¡¡

Non puido ser, xa fixen a cronica no blog do Melide Fs, pero dicirche que estivemos cerca e que se deu a cara, ademais tiñamos a baixa por lesión de Nando que e super importante e que xogamos sen Cristian os dez ultimos minutos por expulsión. Ainda asi arriba Melide F.s

Un saudo e esperemos manternos para que o proximo ano se repitan estes derbis

BRIGADAS AZUIS disse...

Riki comentaronos que querias ir ver o partido e non puideches a seguinte vez ponte en contacto con nos por medio do blog ou por tfno que nos sobraban dous sitios.Un saudo das Brigadas vemonos nas gradas.

FORZA CIRE!!!!!!!!!!!
FORZA MELIDE F.S.!!!!!!!!!!!!!!!!!

Unknown disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
fandi disse...

á pregunta do cartaz :
a min persoalmente paréceme horrible, a cousa peor que vin na miña vida.
Un delito contra a saude pública.
Non sei que estaría pensando o consello de sabios cando elexiron a este como gañador...