terça-feira, julho 29, 2008
O CATASOL VOLTA A SUFIR
O Catasol afluente do Furelos sufriu no día de onte luns un verquido de alcatrán na ponte de Traspedra na parroquia de Moldes. 7.000 litros no río deste derivado do petróleo é a cifra deste desastre ecolóxico.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Melide (639874778, 981505003) solicita voluntarios e a máxima colaboración posible debido a dimensión do verquido,para axudar así na limpeza do Catasol ós empregados do Concello, os traballadores da empresa do camión, e membros da Asociación de Troiteiros que xa estan traballando nel.
Parece ser que o camión sufriu un accidente e foi dar ó río ó volcar lateralmente ó pasar pola ponte de Traspedra, unha pista moi estreita.
Deixovos aquí un enlace para ler a nova no xornal La Voz de Galicia
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
7 comentários:
Boas meu, vin esta nova antonte no Telexornal Noite. Un desastre ecolóxico como ben ti dis, ademáis segundo teño entendido precisamente é do río Catasol de onde o Concello de Melide se surte para abastecer de auga as vivendas dos melidenses. Haberá que ter tino pois.
Saudos e a coidarse.
QUE DESGRACIA.....
VAIA POLA VIRXE DO CARME..
non chegaba co chapapote das costas para ter tamén desgracias na comarca interior.
O rio catasol non será o mesmo en varios decenios.
donde estan ahora los de nunca más eh?
claro , como gobierna el BNG en melide no dicen nada
GOBIERNO DIMISIÓN!
E VEÑA MERDA PO RIO¡¡¡ QUE MALA SORTE ¡¡¡
PERO BUENO O CAMION CAEU.... QUE SE LLE VAI FACER... OU CORTAMOS AS ESTRADAS TODAS QUE VAIAN A CARON DO RIO... PO SI CAE UN COCHE OU CAMION... , o pasado , pasado esta... agardar que non pase mais , inda que tarde se voltara pescar ali...
A verdade é que ese río esta gafado, xa lle pasou de todo, e seica foi dos de mais troitas da redonda, como di Fiz tardará anos en recuperarse, unha mágoa.
Teño que correxirte Victor no de que o Concello de Melide se surte do Catasol, pois non é correcto.
A auga que se consume en Melide , senón me engano, vén do Furelos o seu paso pola Ponte Mazaira, + ou -, a cabalo entre Toques e Melide, a moitos kilometros río arriba de onde foi este desastre, veña, un saúdo para as terras de Sobrado onde o Tambre aínda é virxe nestes problemas, e esperemos que siga así, para poder saborear a troita montañesa,
Ok, mellor así entón, xa que logo non correrá peligro a integridade física de ningunha persoa aínda que por desgraza a pobre natureza si que o sufrirá.
Relacionado coa Troita á Montañesa está vostede convidado nese día a vir comer e vir disfrutar das actividades "diurnas" e da música "nocturna". Recordo dende as 22:00 horas:
- Black Jack
- PORRETAS
Saudos
Enviar um comentário