quinta-feira, fevereiro 19, 2009
MISCÉLANEA
Mañán venres 20 de febreiro preséntase no Multiusos de Melide, o libro "Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco" do melidense Carlos Parrado.
Será ás 20.15 e intervirán: Carlos Parrado Garea,autor do libro,Xosé Enrique Acuña, de edicións A Nosa terra, e Xosé Domingos Fuciños, da Asociación Cultural “Terra de Melide”, que é a que organiza o acto.
O libro é froito dun dilatado traballo de Carlos Parrado sobor da vida do "fuxido" Ramón Rodríguez "Curuxás".
O investigador Carlos Parrado definíuno en breves trazos para unha entrevista na rede
Ramón Rodríguez Varela naceu en Toques en 1904, e fixo parte do Sindicato Mineiro da CNT en Lousame. A partir de 1936 acada sona como guerrilleiro baixo o alcume de “Curuxás”. A súa primeira acción de envergadura foi roubar a nómina da mina o 14 de Abril de 1937. No 1941 escapa dunha ciada na sua casa familiar matando un garda civil. Andou cun grupo vencellado ás sociedades agrarias e obreiras polas terras do Alto Ulla, na A Golada e no Barbanza. Colaborou coa IV Agrupación do Exército Guerrilleiro e cos restos do Grupo Neira.
Noraboa por este traballo de recuperación.
Outra nova de interese nestes días é a exposición conmemorativa que se inaugurará o sábado ás 7 da tarde na Capela de Santo Antón de Melide, sobre os 100 anos de electricidade en Melide, organiza o IES de Melide, a Asociaciónh Cultrual "Terra de Melide" e a Asociación Cultural "Teiroa", patrocinan a Xunta e o Concello e colaboran o Museo do Pobo Galego, Irmáns Fuciños Gómez e Hidroeléctrica Fuciños Rivas S.L, poderá visitarse ata primeiros de Marzo, promete ser ben interesante.
E por último, a sala Sanoguera Fotgorafía, Arte y Diseño de Melide, que rexenta Rebeca Ponte, acollerá este sábado a partir das oito da tarde a inauguración da exposición "Buscando el camino" do arquitecto e pinto coruñés, Óscar Cabana, que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro día 20 de marzal.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário