RÍA DE FURELOS
antroido |
Pica na imaxe de arriba para ver a galería fotográfica.
RÍA DE FURELOS
Como moitos de vos sabedes, un grupo de amigos "enrolámonos" este Antroido no barco-atuneiro "Ría de Furelos".
Baixo a dirección e o traballo constante de Emilio de Priorada (a este home ándalle máis a cabeziña que o almanaque)alma-máter do proxecto e coa colaboración de Alberto, Pepe, Mateo, Miki, Susiño, Miguel, Puncho, Josu, María, Yara, Eva, Amiguete, Coche, Peque, Albino, Capi e un servidor (creo que non esquezo a ninguén) déusenos por "tunear" un Ebro Super 55 azul, tractor mítico onde os haxa.
Tres semanas de traballos polas noites deron o seu froito e o 21-2-2009, sábado de antroido, e o Astaleiro Góimez facía a botadura da embarcación pesqueira.
Mulitude de anécdotas, tanto no proceso de montaxe como nos días de singladura polas rúas melidenses(sábado e martes de antroido), e as do Concello de Ordes (localidade a que nos desprazamos o pasado sábado de piñata para participar no seu concurso de antroido).
Entre outras, por exemplo, a do sábado cando as once da noite nun bar, dous parroquianos están tomándolle algo, e un comentalle a outro, -Ostia Manolo, haí un barco ahí fóra, contestación do compadre, -Pepe, xa vas cheo ¡¡¡
O sábado da botadura baixabamos Ronda da Coruña embaixo a bastantes nudos, e os rostros de feliciade da tripulación eran notables, todo se troncaba cando case á altura do cruceiro, un cable da batería ardía facendo unha fumarada digna do 25 de xullo na catedral, o patrón Emilio co contramestre Alberto arranxaron o problema cunha chamada de móbil e o seu saber facer cum-laude.
Pasámolo como ananos e aínda por riba gañamos os concursos da Palladium, o do martes do Concello na praza das Coles e o do Concello de Ordes.
Enriba tedes unha pequena escolma fotográfica do proceso de montaxe e das "mareas" que fixemos por Melide.
PD: Destacar neste antroido, coma sempre, a comparsa de Enrique do Aseo -alias Napoleón- , e os de Visantoña, sen dúbida unha das parroquias mais festeiras da contorna, que trouxeron todo o espectáculo do carnaval de Bahía da man de Carlinhos "Visan" Brown, despois do pregón, da queima do antroido na praza das Coles e da entrega de premios, lanzámonos nun desfile espectacular improvisado polas rúas melidenses coa xente de Visantoña, os "franceses", o "tren" e os "pitos" exprimindo ata o último minuto o antroido 2009.
5 comentários:
Sodes uns fenómenos...
Noraboa polos premios a todos e en especial á equipa de mecánicos de Emilio.
Bicos Ricki Saints
obrigado fiz, saúdos crack
Pd: o sabio de meñaka está moi cabreado con omar bravo ,ajjaj
Sí señor, como vos currastes o disfraz! noraboa a toda a comitiva polos premios máis que merecidos.
Saudos figura!
gracias victor, saúdos ¡¡¡
Mira que dei voltas arredor do barco, e non houbo maneira de ver que era un super 55!!! Espectacular...
Enviar um comentário