quinta-feira, março 12, 2009


Máñá Venres 13 na Sala 600, Festival Internacional de Death-Metal. MELIDEATH
Na noite do 13 de Marzal celebrarase, na Sala 600 de Melide (A Coruña) ás 23:00h, o ritual de Black Metal chamado "Melideath Fest", organizado por Nigra Mors Prod. e Final Embrace Recs. As hordas invocadas para propaga-lo caos e ergue-lo inferno serán:

DRENGSKAPUR - Black Metal (Alemaña)
INFERNAL KINGDOM - Black Metal (Portugal)
BALMOG - Black Metal (Galiza)
BLACK GOAT - Black/Thrash Metal (Galiza)

Expandide a plaga...

E este finde FESTA DO QUEIXO e RALLYE DO COCIDO DE LALÍN, coa participación como coche 0 (o que abre o rallye) de Ferreiro e Anido co espectacular Porsche 911 SC.
Tamén participaran tres coches mais baixo o abeiro da escudería MELIDE MOTOR SPORT:
Coto e Martín co 206 competindo no Voltante RAAC do que se espera unha boa clasificación.
Charlye e Jordan co 205 ralye intentarán acadar un novo na súa cateogoría como xa fixeron no Rallye da Ulloa.
E por ultimo os de Rodeiro Manuel López/Manuel González competin cun Sierra Cosworth, moi vencellados a escudería melidense.
SORTE A TODOS.

3 comentários:

Ghaiteira disse...

Ou Riki! E xa che dixeron que te mencionan no Progreso de domingo? Es internacional!! jejej

rikimelide disse...

Boas, jajja, si díxomo onte Vitor de Palas, a ver se consigo o recorte e o subo aquí o blog e de paso lle deu algo de vidilla, que unha vez mais voltouseme a quedar parado, a ver se collo ritmo dunha vez, de paso, saúdos a tod@s os "pacientes" que seguides vindo por estes lares cibernéticos ¡¡¡
Pd: xa tocou a porra do Big Ben, noraboa a oscarillo.

Josu disse...

hola riki, como estas, estas ben?....pos o teu blog no, e unha merda, aver si o actualizas dunha vez, senon estas saturando a rede, e mellor que o saques.Ala, ai queda eso....por certo, maña ta carlos blanco no 600.......a que xo sabias, ¡¡¡¡¡¡¡¡como non pos nada no teu blog!!!!!!!!!....bueno,bueno....eu con esto non digo nada, digo diego, pero bueno...