CRISE LEITEIRA
Mañán venres ás 12.00 do mediodía no Cantón de San Roque de Melide, concentración en apoio ao sector leiteiro, que tan mal o estan pasando, organizado polas cooperativas e os sindicatos que incluirá a lectura dun manifesto.
Unha concentración que tamén se convocou nas seguintes cabezas comarcais: Ordes, Arzúa, Betanzos, Vimianzo e Santa Comba (A Coruña); Chantada, Ribadeo, Sarria, Meira, Palas de Rei e Vilalba (Lugo); Lalín e A Estrada (Pontevedra); e en A Gudiña (Ourense).
quinta-feira, maio 07, 2009
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
2 comentários:
O que está acabando co agro (aparte do gran problema dos prezos do leite) e que a xente se está aburrindo con tanto requisito, libro de explotación, libro de tratamentos veterinarios, libro de rastrexabilidade do leite, libro de tratamentos fitosanitarios .....
Esta semana chegou un técnico da Xunta a miña casa coas normas que debo cumplir a partires de agora se quero manter a miña explotación.
Apartado 8 - Persoal da explotación e axentes externos, 8.1 - Condicións de traballo, 8.1.6 - A explotación disporá, en lugar visibel e accesibel, dous teléfonos de emerxencia para cada unha das actividades. E quédanse tan panchos, como e "posibel" que lle esteamos costeando o pan a xente que se lle ocurren cousas como estas.
Teño un veciño o que lle faltan uns 5 anos para a xubilación, ten unha pequena explotación e o paisano non sabe leer, toléanlle a testa, tódolos días ten un coche da Xunta diante da casa. Si non de Medio Rural e do LIGAL e se non de control veterinario e se non .... Calquera día destes saca a escopeta; pumba !!! pumba !!! Dous tiros e asunto amañado.
Esto estase poñendo mui pero que mui fodido, non sei que pensan os nosos gobernantes, tanto os de antes como os de agora. O que está mui claro e que si se afunde a base afundese a piramide enteira.
Si esto non muda de aquí a pouco tempo nesto non queda nin "mi puta madre", cando non teñan a quen inspeccionar, expedientar, controlar, sancionar ... haber que fai tanto inspector, expedientador, controlador, sancionador ...
Saudos dende Vilantime:
Suso Sexto.
Gracias Sexto, por informarnos "de preto" da -burrocracia- no séctor, estou contigo en que se afunde a base da pirámide alá vai todo, saúdos sexto ;),
Enviar um comentário