terça-feira, novembro 29, 2005
A MASCOTA DA SELECCIÓN GALEGA VICTIMA DO MAGOSTO 2005.
Un pouquiño mais abaixo tedes a mascota que propoñian eses xenios do deseño nacional que son os rapaces de aduaneiros sen fronteiras o castanhinho, un froito do outono galego cun toque retro-nostálxico daquel cítrico do 82.
Pois ben deronlle outra volta de folla e claro unha castaña en galicia no outono e pasto da lumeirada.
Xa que andamos a voltas coa Selección Galega, que disputará o seu primeiro partido o 29 de Decembro do presente, decirvos que o mais seguro e que a xente nova de Melide se despraze ata Compostela pra apoiar o noso equipo, para elo andan a traballar arreo grandes e historicos persoeiros da nosa vila. Se queredes mais información dirixidevos a de garrincha na zona dos viños, nO noso bar.
Vemonos na ruta, e adiante selección galega¡¡¡¡¡
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
1 comentário:
Graciñas Victor pola información valiosa que nos envias dende as terras do Císter.
Polo tanto teremos ocasión de hermarnos de novo ese Xoves, que seguro fará frio, ó calor do compañeirismo e por que non dicilo dun pouco de "agua de fuego" que levaremos e compartiremos con orgullo e amizade.
Forza Galiza no seu debut e Forza Terra da Montaña que é a nosa, cona. He dicho.
Enviar um comentário