terça-feira, novembro 29, 2005


XA PODEDES FACER COMENTARIOS NO BLOG.

Boas a tod@s, como podedes comprobar andiven un pouco de reformas no Blog, e xa se poden facer comentarios, seguirei mirando a ver si se poden facer mais cousas interesantes.
Agora que se poden deixar comentarios xa sabedes a escribir o que vos pete.
Graciñas a Miki de Santa María (The pipe-Bird) polo seu comentario e tamen a Victor Latoneiro de Sobrado polo mesmo.
O Cire perdeu o Domingo (primeira feira) desta volta si, no campo da PonteCarreira por 2-1, nun partido de poder a poder que poido caer do noso lado coma nadiña.
Destacar que non estivo Jhecho (sancionado) e o equipo cumpliu con creces, este ano a verdade é que a savia nova ten esprito e ganas de facer as cousas.
O sabado pasado nevou, seguro que non é cousa nova pra quen lea estas liñas, pero a que vos entrou un pouquiño de morriña de cando erades novos e a víspora do día do que nevaba non parabades quietos e mirabades pola ventá, "a ver si neva desta, e mañán non hai escuela e a xojar todo o dia". A min, a verdade, si que me entrou esa morriña ainda que tiña algo de reseca do día anterior que fun de cea cos compañeiros do futbol-sala.
Ah, a foto que encabeza este texto é do San Caralmpio 05 , patrón dos melidâos,e nela podedes ver a rafinha,camiseta branca(do ano 1993) e pucho sovietico, alberto prado (torito pequenho), puncho (un historico no blog xa) e un servidor levantadolle o sombreiro ,do Sanqueremos de Vilantime(festa irmá), ós Festicultores de Allariz, un auténtico grupazo de música baltánica (son de ourense a terra de Baltar)que costou ferro e fariña traer, aínda que ó final o presidente da comisâo, Barullo ruido , entrou polo aro e a verdade e que ninguen se sentiu defraudado o contrario eran como dixeron moitos, os propios.

2 comentários:

Anónimo disse...

Hola!

Pareceme xenial a idea de xuntar os blogs, eu de primeiras xa te vou poñer de link no meu.
Estamos en contacto, e pa calquera cousa xa sabes onde me tes

Anónimo disse...

rikii!!
fenomeno!!!
xa atopei a tipografia esa pero de todas formas muito obrigado.
Veña unha aperta